NeuroLar_Ordes

Llamar Página web Contactar con el consultorio

NeuroLar_Ordes Clínica de atención integral a personas con patologías neurológicas.
Fisioterapia-Psicología-Logopedia-Estimulación Cognitiva
NRS: C-15-004755

Hoxe presentámosvos a Marta Ferreiro, logopeda do equipo de NeurolarMarta está especializada en neurorrehabilitación e m...
09/10/2026

Hoxe presentámosvos a Marta Ferreiro, logopeda do equipo de Neurolar
Marta está especializada en neurorrehabilitación e motricidade orofacial e acompaña a nenos, adolescentes e persoas adultas, axudándoas a mellorar a fala, a linguaxe, a comunicación e a deglutición.

💙 Estamos moi contentas de contar con ela no noso equipo!

💙 Hoxe presentámosvos a Mónica Tartaglione, nova incorporación ao equipo de Neurolar.Mónica conta con formación e experi...
30/09/2026

💙 Hoxe presentámosvos a Mónica Tartaglione, nova incorporación ao equipo de Neurolar.
Mónica conta con formación e experiencia en diferentes ámbitos da psicoloxía de nenos e adultos e realizou parte da súa formación práctica no ámbito da Neuropsicoloxía, traballando con persoas con patoloxía neurolóxica.

🧠 Desde Estimulación Cognitiva, traballará sobre funcións como a atención, memoria, funcións executivas ou outras capacidades cognitivas que poidan estar afectadas, sempre partindo das necesidades e obxectivos de cada persoa.

💬 Desde Psicoloxía, ofrecerá acompañamento e intervención ante as dificultades emocionais, persoais ou familiares que poden aparecer ao convivir cunha patoloxía neurolóxica ou afrontar cambios importantes na vida.

📅 A axenda de Psicoloxía e Estimulación Cognitiva xa está aberta.

Para solicitar información ou pedir cita:
📞 623 233 090
💬 WhatsApp ou mensaxe directa

Benvida ao equipo, Mónica! 💙

💙 As novidades que vos prometemos xa están aquí.En Neurolar seguimos medrando e incorporamos Psicoloxía e Estimulación C...
23/09/2026

💙 As novidades que vos prometemos xa están aquí.

En Neurolar seguimos medrando e incorporamos Psicoloxía e Estimulación Cognitiva aos nosos servizos, ampliando así a atención que ofrecemos a persoas con patoloxías neurolóxicas e ás súas familias.

A partir de agora contamos con:
Fisioterapia · Logopedia · Psicoloxía · Estimulación Cognitiva

Unha atención cada vez máis completa, coordinada e adaptada ás necesidades e obxectivos de cada persoa.

📅 Xa podes reservar a túa primeira cita.

📞 623 233 090
✉️ [email protected]
💬 Tamén podes contactar connosco por WhatsApp.

Neurolar segue medrando para acompañarte mellor. 💙

👣 Entre os 12 e os 24 meses, o movemento vai gañando complexidade e autonomía.Non buscamos que todos os nenos adquiran c...
14/09/2026

👣 Entre os 12 e os 24 meses, o movemento vai gañando complexidade e autonomía.

Non buscamos que todos os nenos adquiran cada habilidade exactamente á mesma idade. O importante é observar que existe unha evolución progresiva, que aparecen novas estratexias de movemento e que cada vez necesita menos axuda para explorar.

🚩 Pode ser recomendable consultar cando non existe esta progresión, hai importantes dificultades para poñerse de pé ou desprazarse, non se consegue unha marcha independente arredor dos 18 meses ou observamos unha clara asimetría nos movementos.

Tamén debemos prestar atención, a calquera idade, á perda de habilidades que xa estaban adquiridas, á aparición de movementos ou posturas pouco habituais ou a un desenvolvemento que parece deterse.

Unha dificultade motora non implica necesariamente a existencia dunha patoloxía neurolóxica, pero valorala permítenos comprender que está acontecendo e determinar se o neno ou nena precisa apoio para favorecer o seu desenvolvemento.

💙 En Neurolar valoramos o desenvolvemento motor e orientamos ás familias.

🧠 Lesión medular completa ou incompleta: por que é importante?Á hora de falar do prognóstico dunha lesión medular, o car...
11/09/2026

🧠 Lesión medular completa ou incompleta: por que é importante?

Á hora de falar do prognóstico dunha lesión medular, o carácter completo ou incompleto da lesión é un dos factores máis relevantes para estimar o potencial de recuperación funcional, incluso máis que coñecer unicamente o nivel neurolóxico da lesión. Canta maior preservación exista, especialmente de actividade motora voluntaria por debaixo da lesión, maiores poden ser as posibilidades de recuperación funcional.

Pero unha clasificación non determina o futuro dunha persoa. A idade, o estado de saúde actual e previo, as complicacións, o tempo de evolución, a motivación, os apoios cos que se contan e moitos outros factores tamén condicionan o proceso.

💙 E hai algo importante: recuperarse dunha lesión medular non significa unicamente recuperar aquilo que se perdeu. A recuperación tamén consiste en aprender a utilizar ao máximo as capacidades que permanecen, desenvolver novas estratexias, gañar forza e autonomía e buscar outras formas de volver participar nas actividades que son importantes para cada persoa.

En Neurolar traballamos con obxectivos individualizados, buscando aproveitar ao máximo o potencial e as capacidades de cada persoa. Non dudes en contar con nós!
Coruña

👶 Entre os 6 e os 12 meses, o movemento convértese nunha importante ferramenta para descubrir o mundo. Nesta etapa, o be...
03/09/2026

👶 Entre os 6 e os 12 meses, o movemento convértese nunha importante ferramenta para descubrir o mundo. Nesta etapa, o bebé adoita mostrar cada vez máis iniciativa por moverse, cambiar de posición, alcanzar obxectos e explorar o seu entorno.

Por iso, máis que centrarnos en se realiza ou non un fito concreto, é importante observar como evoluciona e que estratexias utiliza para moverse. Por exemplo, non gatear non ten por que ser, por si só, un sinal de alarma. O que pode chamar máis a nosa atención é que o bebé non mostre iniciativa por desprazarse nin busque outras formas de chegar aos lugares ou obxectos que lle interesan.

Unha dificultade motora tampouco implica necesariamente a existencia dun problema neurolóxico. Nalgúns casos pode estar relacionada cunha menor experiencia motora, poucas oportunidades para explorar libremente ou con ter pasado pouco tempo xogando e movéndose no chan durante os meses anteriores.

Aínda así, detectar a causa das dificultades e actuar de forma temperá permítenos ofrecerlle as experiencias e oportunidades de movemento que necesita para favorecer o seu desenvolvemento. 💙

En Neurolar valoramos o desenvolvemento motor e orientamos ás familias.

🧠 Pasou un ano desde o ictus... xa non hai nada que facer?É unha idea bastante estendida, pero non é así.Durante os prim...
27/08/2026

🧠 Pasou un ano desde o ictus... xa non hai nada que facer?

É unha idea bastante estendida, pero non é así.

Durante os primeiros meses adoita producirse a maior parte da recuperación neurolóxica, é dicir, a recuperación de funcións afectadas grazas aos procesos de reorganización e recuperación do sistema nervioso.

Co paso do tempo este proceso adoita ser máis lento e poden persistir secuelas. Pero que unha secuela permaneza non significa que xa non exista marxe de mellora.

Podemos seguir traballando a forza, resistencia, equilibrio e habilidade, aprender a utilizar mellor as capacidades conservadas e mellorar a realización das actividades do día a día.

E cando unha función non se recupera, podemos incorporar novas estratexias, adaptacións ou compensacións que permitan facer máis, participar nas actividades importantes para a persoa e depender menos da axuda doutras persoas.

Ademais, manter o corpo activo, forte e coa maior mobilidade posible tamén forma parte do tratamento. Coidar a condición física, previr o desacondicionamento e manter as capacidades adquiridas contribúe ao benestar e á calidade de vida a longo prazo.

Porque a fisioterapia neurolóxica non busca unicamente recuperar o perdido: tamén sirve para mellorar capacidades, atopar novas formas de facer e favorecer a autonomía.

💙 En Neurolar traballamos con obxectivos individualizados para conseguir a maior funcionalidade e calidade de vida posible.

👶 Aprende a identificar algúns sinais de alerta no desenvolvemento motor durante os primeiros 6 meses de vida.Cada neno ...
24/08/2026

👶 Aprende a identificar algúns sinais de alerta no desenvolvemento motor durante os primeiros 6 meses de vida.

Cada neno ten o seu propio ritmo e os fitos do desenvolvemento non son datas exactas. Aínda así, coñecer como evoluciona o movemento pode axudarnos a identificar cando é recomendable consultar.

Durante os primeiros meses van aparecendo progresivamente novas habilidades relacionadas co control da cabeza, o movemento, os apoios, a manipulación de obxectos e os cambios de posición.

Máis que centrarnos exclusivamente en cando aparece cada fito, é importante observar como evoluciona o bebé, como se move e se vai adquirindo novas habilidades de forma progresiva.

👉 Neste primeiro carrusel repasamos algúns dos sinais aos que prestar atención dos 0 aos 6 meses.

💙 En Neurolar valoramos o desenvolvemento motor e orientamos ás familias ante posibles dificultades ou dúbidas sobre a evolución do teu bebé.

💙 En Neurolar seguimos medrando para ofrecer unha atención cada vez máis completa e adaptada ás necesidades das persoas ...
17/08/2026

💙 En Neurolar seguimos medrando para ofrecer unha atención cada vez máis completa e adaptada ás necesidades das persoas e das súas familias.

🧠 Novos servizos.

🤝 Novos profesionais.

✨ Moi pronto compartiremos todas as novidades que estamos preparando para continuar ofrecendo unha atención integral e especializada.

Grazas por acompañarnos e por confiar en nós en cada paso deste camiño.

Estade atentos ás nosas redes, porque moi pronto poderemos contarvos moito máis. 💙

🧠 A Esclerose Múltiple é unha enfermidade complexa, pero coñecela é o primeiro paso para convivir con ela.Nesta infograf...
03/08/2026

🧠 A Esclerose Múltiple é unha enfermidade complexa, pero coñecela é o primeiro paso para convivir con ela.

Nesta infografía explicamos que é a Esclerose Múltiple, cales son os seus síntomas máis frecuentes, os diferentes tipos de evolución e o importante papel da neurofisioterapia no seu tratamento.

A fisioterapia non cura nin frea a enfermidade, pero si pode axudar a manter a funcionalidade, mellorar a mobilidade, reducir o risco de caídas e favorecer unha maior autonomía e calidade de vida.

📖 Se queres ampliar a información, no noso blog explicamos con máis detalle como traballamos a fisioterapia na Esclerose Múltiple e que nos di a evidencia científica.

🔗 https://neurolar.es/2025/11/30/fisioterapia-y-esclerosis-multiple/

💙 En Neurolar ofrecemos un tratamento especializado e individualizado, adaptado ás necesidades de cada persoa e á fase da enfermidade.

Dirección

RÚA MEDIODÍA, Nº4 BAJO
Bajo
15680

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 15:00
Martes 10:00 - 15:00
16:00 - 21:00
Miércoles 10:00 - 15:00
Jueves 10:00 - 15:00
16:00 - 21:00

Teléfono

+34623233090

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando NeuroLar_Ordes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Consultorio

Enviar un mensaje a NeuroLar_Ordes:

Atajos

Compartir

Categoría