19/06/2026
Da presentación esta mañá no Cesuga queremos resaltar o optimismo compartido co equipo de traballo do estudo de cara a visibilizar medidas concretas para acompañar ás empresas no proceso de incorporación do galego como lingua de comunicación co cliente. Hai un interese significativo por parte das empresas en participar en iniciativas desta índole e moi pouco rexeitamento por parte do consumidor. Acordamos seguir en contacto e creando sinerxías para os procesos seguintes, que consistirán en poñernos en contacto cos axentes sociais para ir elaborando protocolos a modo de ferramentas eficaces destinadas a galeguizar a comunicación das pemes galegas cos clientes.