Chus Rodríguez

  • Home
  • Chus Rodríguez

Chus Rodríguez Son psicóloga social, e xurídica. Activista social e cultural.

Necesitamos unha cidade pensada para vivir
22/01/2026

Necesitamos unha cidade pensada para vivir

🔻Esquerda Unida mantivo este martes unha xuntanza coa Asociación de Veciñas do Parque Rosalía de Castro – Recatelo.
Este encontro tivo lugar no marco de xuntanzas que a nova dirección comarcal de Esquerda Unida está a manter co tecido asociativo e organizativo da cidade. Nesta xuntanza, na que participaron a Coordinadora, Isabel Sánchez, o secretario de Organización Xoán Trigo, e a responsable de Institucional, Chus Rodríguez, tratáronse temas de interese e preocupación para a veciñanza da cidade, que non só afectan unicamente ao dito barrio.
Desde a asociación amosaron a súa preocupación polo estado de abandono e falta de uso das instalación do Parque Rosalía. Desde a falta de coidado, a tala de árbores, a falta de uso da caseta do garda, do propio templete, do anfiteatro, ata da caseta da antida sede de Telefónica en García Portela, ven un progresivo deterioro do uso dun dos “puntos verdes e de lecer máis simbólicos e importantes da cidade” -como sinala a Coordinadora de EU, Isabel Sánchez.
A problemática do “botellón” obedece, segundo conclúen, tanto por parte da Asociación como por parte de EU, por falta de alternativas de lecer e culturais para a mocidade.
Ademais, coinciden tanto desde a asociación de veciñas como desde EU na progresiva turistificación que están a supor as “falsas peonalizacións” como a de Recatelo, pois “ao final son unha vía para extender terrazas polas rúas”, onde, ademáis “uns cantos especuladores mercan baixos e locais para emprender negocios que pouco teñen que ver coas tendas de barrio e de proximidade e o progresivo destino de moitos pisos para fins turísticos -como denuncian desde a Asociación- xa está a supor unha suba nos prezos de aluguer, que están a botar ás veciñas”, segundo sinala Chus Rodríguez.
A asociación denuncia que levan anos sufrindo as consecuencias do “botellón” no parque, tanto polos destrozos ocasionados, como pola contaminación acústica e preocupados polo excesivo consumo de alcol e substancias tóxicas por parte de moita mocidade, ou non tan nova -segundo apuntan-, que participa no “botellón” do parque que foise extendendo por varios puntos do mesmo.
Ademais de denunciar a inacción tanto por parte das autoridades municipais, como das Forzas e Corpos de Seguridade ao respecto do “botellón”, expresan as dificultades que teñen para obter permisos para calquera actividade proposta pola Asociación, a falta de interese ou resposta real -por parte da actual Alcaldía- para dotar doutros usos a eses espazos do parque en estado de semiabandono e, por contra, non haxa control algún sobre os excesos do “botellón”.
Moitas das situacións tratadas, van nunha liña coincidente coas reiteradas denuncias que xa leva tempo poñendo de manifesto Esquerda Unida, especialmente no tocante á falta de modelo de cidade por parte deste goberno bipartito, que semella cada vez máis á deriva, cun Alcalde que semella atoparse máis cómodo escapando da toma de decisións e que non ofrece solucións ás problemáticas veciñais.
Esquerda Unida, unha vez máis, reclama un proceso de escoita e participación cidadá real á hora de deseñar políticas públicas e un modelo de cidade que pase por dar resposta e cobertura ás necesidades reais da veciñanza, “unha cidade máis verde e menos cementada, con máis servizos públicos e menos privatización dos espazos, cun urbanismo con perspectiva de xénero, unha cidade para vivir”.

Desde a Área de Muller EU Lugo e EsquerdaUnida Lugo amosamos a nosa máis firne condea as condutas de acoso e abuso  denu...
10/12/2025

Desde a Área de Muller EU Lugo e EsquerdaUnida Lugo amosamos a nosa máis firne condea as condutas de acoso e abuso denunciadas contra José Tomé Roca por mulleres do PSOE.

Esiximos a súa inmediata dimisión, non só como Presidente da Deputación de Lugo, se non tamén como Alcalde de Monforte de Lemos.

Esquerda Unida amosa a súa máis absoluta condena polas acusacións de acoso sexual de varias mulleres do PSOE contra o Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, e esixe a súa dimisión inmediata.

Coñecida a noticia de que varias militantes do Partido Socialista denunciaron, vía canal interno do partido, situacións de acoso sexual e condutas inapropiadas de abuso por parte do máximo responsable do PSOE de Lugo, José Tomé Roca, desde Esquerda Unida, a súa Coordinadora Comarcal, Isabel Sánchez, “reclama a dimisión inmediata e a depuración de todas as responsabilidades ata as últimas consecuencias”.
A responsable de Institucional en EU, Chus Rodríguez, pola súa banda, amosa a máis “absoluta indignación porque, unha vez máis, as canles internas do PSOE semellan non ter funcionado”, despois de que as mulleres denunciantes queixaran que esta situación víñase prolongando desde hai tempo, mentres os responsables do PSG eran coñecedores das mesmas.
Isabel Sánchez enfatiza que “se se demostra que Besteiro e Lara Méndez coñecían o que estaba a pasar deben asumir as súas responsabilidades e dimitir igualmente”.

Finalmente, neste comunicado, desde Esquerda Unida queremos amosar o noso total apoio ás vítimas, pois a nosa organización que é feminista e anticapitalista está coas mulleres, está do lado das vítimas e está en contra do machismo institucional, que sustenta comportamentos despreciables coma estes, dos que se acusa ao Presidente da Deputación de Lugo, e Alcalde de Monforte de Lemos.

Address

Lugo

Telephone

+34635638439

Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Chus Rodríguez posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Practice

Send a message to Chus Rodríguez:

Shortcuts

  • Want your practice to be the top-listed Clinic?

Share