Media Laranxa

  • Home
  • Media Laranxa
Website Contact the practice

Media Laranxa Lambonadas 🍫 | Comida sa 🍊 | Compromiso coa lingua | Asesoramento lingüístico

Sabías isto? 🤓
01/09/2025

Sabías isto? 🤓

Croquetas de luras 🦑As croquetas son sempre un triunfo nesta casa, mais estas de luras na súa tinta teñen un sabor a mar...
31/08/2025

Croquetas de luras 🦑

As croquetas son sempre un triunfo nesta casa, mais estas de luras na súa tinta teñen un sabor a mar espectacular.

🧡 Garda a receita porque repetirás máis dunha vez.

📝 Ingredientes:

🔸 400 g de luras 🦑
🔸 1 sobre de tinta de lura
🔸 1 cebola pequena 🧅
🔸 2 dentes de allo 🧄
🔸 70 g de manteiga
🔸 70 g de fariña
🔸 700 ml de leite enteiro
🔸 Sal, pementa e noz moscada ao gusto
🔸 Pan relado
🔸 Ovo 🥚
🔸 Aceite de oliva para fritir

👉 Preparación:⁠

1. Limpa as luras e córtaas en anacos pequeniños.

2. Nunha tixola, rustre a cebola e os allos ben picadiños con dúas culleradas de aceite. Engade as luras e deixa que se fagan uns minutos. Por último, engade a tinta.

3. Noutra tixola, derrete a manteiga, engade a fariña e remexe ben. Verte o leite aos poucos até obter unha bechamel cremosa.

4. Incorpora a mestura das luras á bechamel, engade sal, noz moscada e pementa, e remexe até integrar todo. Deixa arrefriar a masa varias horas.

5. Forma as croquetas coa man ou cunha culler, pásaas por pan relado e ovo batido.

6. Fríteas en abundante aceite quente ata que estean douradas.

7. Goza desta delicia! 😋

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos.

Biscoito de cabaciña e limón 🥒 🍋O biscoito de cabaciña e chocolate é dos meus favoritos sen dúbida ningunha, mais este n...
23/08/2025

Biscoito de cabaciña e limón 🥒 🍋

O biscoito de cabaciña e chocolate é dos meus favoritos sen dúbida ningunha, mais este non queda moi atrás na lista. Está ben bo!

🧡 Garda a receita porque vas querer facela.

📝 Ingredientes:

🔸 300 g de cabaciña 🥒
🔸 200 g de fariña
🔸 2 ovos 🥚
🔸 100 gr de azucre
🔸 80 ml de aceite de oliva
🔸 1 sobre de lévedo en po
🔸 reladura de 1 limón 🍋
🔸 zume de medio limón

👉 Preparación:⁠

1. Rela a cabaciña coa parte grosa do relador.
2. Nun cunco, bate os ovos co azucre, a reladura de limón e o zume. Despois engade a cabaciña e remexe.
2. Engade o aceite e remexe un pouco de novo. Cando estea todo integrado, engade a fariña e o lévedo.
3. Bota a masa nun molde engraxado e enforna o biscoito a 180°C uns 40-45 minutos
4. G***r dunha gorentosa merenda! 😋

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos!

Biscoito de cabaciña e limón 🥒 🍋O biscoito de cabaciña e chocolate é dos meus favoritos sen dúbida ningunha, mais este n...
23/08/2025

Biscoito de cabaciña e limón 🥒 🍋

O biscoito de cabaciña e chocolate é dos meus favoritos sen dúbida ningunha, mais este non queda moi atrás na lista. Está ben bo!

🧡 Garda a receita porque vas querer facela.

📝 Ingredientes:

🔸 300 g de cabaciña 🥒
🔸 200 g de fariña
🔸 2 ovos 🥚
🔸 100 gr de azucre
🔸 80 ml de aceite de oliva
🔸 1 sobre de lévedo en po
🔸 Reladura de 1 limón
🔸 Zume de medio limón

👉 Preparación:⁠
1. Rela a cabaciña coa parte grosa do relador.
2. Nun cunco, bate os ovos co azucre, a reladura de limón e o zume. Despois engade a cabaciña e remexe.
2. Engade o aceite e remexe un pouco de novo. Cando estea todo integrado, engade a fariña e o lévedo.
3. Bota a masa nun molde engraxado e enforna o biscoito a 180°C uns 40-45 minutos
4. G***r dunha gorentosa merenda! 😋

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos!

Estes son os libros que me acompañaron baixo o sol e entre as sombras frescas das longas tardes do verán. 🌞 📚Se tedes al...
21/08/2025

Estes son os libros que me acompañaron baixo o sol e entre as sombras frescas das longas tardes do verán. 🌞 📚

Se tedes algunha lectura que queirades recomendar, léovos nos comentarios! 📖

Crocante de cabaciña 🥒 Creo que esta vai ser unha das miñas ceas favoritas para petiscar este verán. 🌞🧡 Garda a receita ...
16/07/2025

Crocante de cabaciña 🥒

Creo que esta vai ser unha das miñas ceas favoritas para petiscar este verán. 🌞

🧡 Garda a receita porque vas querer facela.

📝 Ingredientes

🔸 1 cabaciña 🥒
🔸 Fariña
🔸 1 ovo 🥚
🔸 Pan relado
🔸 Queixo relado 🧀
🔸 Sal 🧂

Nota: Eu utilice queixo parmesano.

👉 Preparación:⁠

1.⁠ ⁠Corta a cabaciña en rectángulos. Para que perda a humidade e quede máis crocante tes que poñer os anacos de cabaciña sobre papel absorbente e esparexer un pouco de sal para que solten auga.

2.⁠ ⁠Pasados uns 15 minutos, rebózaos primeiro en fariña, logo en ovo batido cun chisco de sal e despois na mestura de queixo e pan relado a partes iguais.

3.⁠ ⁠Colócaos nunha bandexa de forno con papel vexetal por baixo e deixa que se douren uns 15 minutos por cada lado a 200°C.
4.⁠ ⁠Goza desta delicia coa túa salsa favorita! 😋

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos!

Biscoito de cabaciña 🍫🥒A nosa horta non para de dar cabaciñas, así que nesta tempada vai haber moitas receitas que teñan...
09/07/2025

Biscoito de cabaciña 🍫🥒

A nosa horta non para de dar cabaciñas, así que nesta tempada vai haber moitas receitas que teñan esta verdura como ingrediente principal. 👩🏻‍🍳

E o biscoito de cabaciña é unha das miñas receitas favoritas! 🙈

🧡 Garda a receita porque vas querer facela!

Ingredientes:

🔸 300 g de cabaciña 🥒
🔸 100 g de azucre moreno
🔸 200 g de farina integral
🔸 1 sobre de lévedo en po
🔸 80 g de cacao puro 🍫
🔸 3 ovos 🥚
🔸 60 ml de aceite de oliva

Elaboración:

1. Mesturar os ovos co azucre e bater.
2. Relar a cabaciña, incorporala á masa e mesturar.
3. Engadir o resto de ingrediente e integrales ben.
4. Enfornar a 180ºC durante 35-40 minutos.
5. Bo proveito!😋

🧡 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos!

Brownie con queixo mascarpone 🍫🧀🧡 Garda a receita porque vas querer facela.📝 Ingredientes:🔸 250 g de queixo marcarpone🔸 ...
21/05/2025

Brownie con queixo mascarpone 🍫🧀

🧡 Garda a receita porque vas querer facela.

📝 Ingredientes:

🔸 250 g de queixo marcarpone
🔸 200 g de chocolate negro
🔸 3 ovos
🔸40 g de fariña
🔸50 g de azucre
🔸Opcional: anaquiños de chocolate ou froitos secos

Nota: Como non tiña pingas de chocolate nin noces, púxenlle anacos de améndoas e encantoume o resultado. 🤩

👉 Preparación:⁠
1. Bate o queixo mascarpone cos ovos e co azucre.
2. Derrete o chocolate e vaino incorporando ao amoado sen parar de remover.
3. Engade a fariña e os anacos de améndoa.
4. Enforna o brownie a 200°C durante 20 minutos.
5. G***r desta delicia! 😋

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos!

Cal é o voso libro favorito? 📖 🧡O meu é 'O único que queda é o amor' de Agustín Fernández Paz (aínda que podería ser cal...
23/04/2025

Cal é o voso libro favorito? 📖 🧡

O meu é 'O único que queda é o amor' de Agustín Fernández Paz (aínda que podería ser calquera libro del, a verdade). 🙈

Porque a loita das mulleres é a loita de todas e todos. Hoxe, mañá e sempre. 💜
08/03/2025

Porque a loita das mulleres é a loita de todas e todos. Hoxe, mañá e sempre. 💜

E ti, como lle chamas? 🎭🔥
02/03/2025

E ti, como lle chamas? 🎭🔥

✨ Hoxe é o Día Internacional da Lingua Materna! 🌍💙A lingua coa que aprendes a falar non é só un conxunto de palabras, é ...
21/02/2025

✨ Hoxe é o Día Internacional da Lingua Materna! 🌍💙

A lingua coa que aprendes a falar non é só un conxunto de palabras, é identidade, cultura e memoria colectiva. No caso do galego, é tamén resistencia e orgullo.

Fálala. Escríbea. Deféndea. Porque cada vez que a usas, estás garantindo o seu futuro.

📢 Sabes cal foi a túa primeira palabras en galego? Déixaa nos comentarios! ⬇️

Address


Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Media Laranxa posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Practice

Send a message to Media Laranxa:

Shortcuts

  • Want your practice to be the top-listed clinic?

Share