TES CHUAC Complejo Hospitalario Coruña

TES CHUAC Complejo Hospitalario Coruña Trabaja en las ambulancias del Complejo Hospitalario Universitario Coruña. CHUAC .

14/08/2026

🚨AS AMBULANCIAS DA COSTA DA MORTE CONVERTIDAS EN "MINI-BUSES" POLA FALTA DE RECURSOS 🛑🤬

​Dende esta plataforma queremos denunciar publicamente a situación insostible e a actividade á que se está a obrigar ás ambulancias de Soporte Vital Básico (SVB) da Costa da Morte debido á absoluta falla de medios.
​A xestión do servizo do 061 por parte da Xunta de Galicia cruzou todos os límites da dignidade sanitaria: están a converter as ambulancias básicas en auténticos "mini-busses" de trasladar enfermos.

​⚠️ TRASLADOS A PARES E DEREITOS EN SINESTRO:

​🚑 Pacientes "a pares": Sen ir máis lonxe, a semana pasada a ambulancia básica de Carballo tivo que realizar traslados de dous en dous pacientes á vez ao non haber máis recursos dispoñibles en toda a comarca.

​🔒 ¿Onde queda a intimidad e a protección de datos? ¿Como se pode garantir o dereito á privacidade dun paciente cando ten que compartir o espazo asistencial dunha ambulancia con outra persoa allea mentres se atopa nun momento de vulnerabilidade ou enfermidade?

​💥 UN CAOS SISTÉMICO QUE PAGA A POBOACIÓN:
​Esta é a realidade diaria da asistencia sanitaria na nosa terra:

1. ​Esperas agónicas: Pacientes e familias agardando horas por unha asistencia urxente.

2. ​Ambulancias fóra de zona: É habitual ver as unidades de Carballo ou Ponteceso facendo servizos na Coruña, baleirando a Costa da Morte de protección básica.

3. ​Sen Medicalizada e sen aire: Seguimos sen unha Ambulancia Medicalizada (SVA) con base en terra e con helicópteros inoperativos ou fóra de horario cada dous por tres.

​📢 CHAMAMENTO Á CIDADANÍA: FAGAMOS UN USO RESPONSABLE

​Ao mesmo tempo que esiximos xestión e recursos á administración, dende a plataforma queremos facer un chamamento á poboación para realizar un uso adecuado das ambulancias dispoñibles.
​Desde o comezo do verán notouse unha sobresaturación enorme do sistema. As ambulancias de urxencia están para casos críticos e emerxencias reais; usalas de xeito irresponsable pode deixar sen asistencia a quen realmente a precisa nese preciso minuto.

​🏛️ A xestión sanitaria na nosa comarca é unha auténtica vergoña. Non somos cidadáns de segunda nin o transporte sanitario é unha liña de autobús.
¡Ambulancia Medicalizada Costa da Morte XÁ!

Consellería de Sanidade

12/08/2026

O Sector de Ambulancias de USO Galiza reclama á Xunta unha revisión urxente dos recursos de emerxencias na Costa da Morte e Bergantiños e pide avaliar a impl...

06/08/2026
06/08/2026

🚨 ACCIDENTE MORTAL NA COSTA DA MORTE! ESTA VEZ A DESGRAZA TOCOU NO Concello de Cabana 🛑

​Non hai palabras para describir a dor, a rabia e a impotencia que sentimos. Esta vez a traxedia e a urxencia sanitaria azoutaron directamente ao concello de Cabana de Bergantiños, e cunha persoa de tan só 19 anos implicada.

​Dende esta plataforma queremos enviar todo o noso apoio e a nosa forza á familia e achegados neste momento tan duro, pero non podemos —nin imos— calar ante a realidade sanitarias que nos rodea.

​A secuencia de graves emerxencias na nosa comarca nas últimas semanas xa non é unha casualidade, é unha constante dramática: Leiloio, A Campara, Esteiro e agora Cabana.

​⚠️ A COSTA DA MORTE, NUNHA SITUACIÓN LÍMITE E INDEFENSA:

​🚑 Atención vital contra o reloxo: Cando un rapaz de 19 anos se ve envolto nunha desgraza desta magnitude, cada segundo que pasa conta. O tempo de resposta e a presenza de profesionais de soporte vital avanzado (SVA) no propio lugar son a liña que separa a vida da morte.

​❌ Seguimos sen Medicalizada en terra: Mentres a Costa da Morte encadea traxedia tras traxedia con xente moza da nosa terra, seguimos sen ter unha Ambulancia Medicalizada fixa na comarca para atender de inmediato estas situacións sen ter que depender de parches ou desprazamentos desde A Coruña.

​🏛️ ¿Ata cando, Xunta de Galicia? ¿Cantas desgrazas máis teñen que pasar na Costa da Morte para que reaccionedes? Non podemos seguir aceptando que a vida e a seguridade dos nosos veciños de 19, 20 ou 80 anos valgan menos que o despliegue sanitario VIP que se fai noutras zonas de Galicia durante o verán.

​Os veciños de Cabana, de Carballo, de Ponteceso, de Malpica e de toda a comarca dicimos ¡BASTA XA! A nosa saúde e o futuro da nosa xente moza non son un xogo nin un número nunha estatística.
​!

​¡AMBULANCIA MEDICALIZADA NA COSTA DA MORTE XA!

Xunta de Galicia Consellería de Sanidade

Dirección

Avenida Las Juvias S/n
A Coruña
15009

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando TES CHUAC Complejo Hospitalario Coruña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a TES CHUAC Complejo Hospitalario Coruña:

Atajos

Compartir

Categoría