11/05/2020
AVISO: ante o inicio da nova fase de desescalada FISIOCOAMAN retoma a actividade asistencial. Procederase con algunhas reservas e con moita prudencia có obxectivo de cubrir a demanda de servicios de fisioterapia por parte da poboación, sempre nun marco de seguridade tanto para paciente como para fisioterapeuta.
Non existindo protocolos específicos oficiais a nivel nacional nin internacional, o centro seguirá como guía para a práctica diaria as pautas establecidas polo CGFE (Consejo General de Fisioterapeutas de España):
1. Antes da sesión:
- Triaxe telefónica para determinar o estado de saúde do paciente.
* Tivo contacto reciente con algún/algunha paciente COVID?
* Presentou fiebre, tos seca, dor muscular ou algún outro síntoma compatible có proceso COVID?
* Pertence a algunha das poboacións de risco?
* Ten ou tivo fiebre nos últimos 14 días?
- Recomendacións para o/a paciente:
* Debe acudir sen compañía, salvo que o/a paciente sexa menor ou persoa dependiente (neste caso permitirase un/unha acompañante).
* Debe chegar á hora exacta para evitar coincidir entre pacientes.
* Debe acudir sen pulseiras, reloxo, collares e pendientes metálicos.
* Debe saber que ó chegar ó centro recibirá unha serie de instrucións.
* Debe ofrecerse ó/á paciente unha dosis de xel hidroalcohólico para a desinfección de mans durante 20 segundos.
* NON ACUDIR á cita e AVISAR, se entre que se da a cita e acude á mesma presenta algún dos seguintes síntomas: temperatura por enriba de 37'5°, tos seca, dor farínxeo, conxestión nasal, fatiga, dor de cabeza, dor muscular, hipogeusia (sentido do gusto reducido), anosmia (pérdida total de olfato), diarrea e molestias dixestivas ou malestar xeral.
* Debe facer caso en todo o que lle diga o fisioterapeuta. No caso de coincidir con outro/a paciente respetarse a distancia de seguridade.
2. Unha vez no centro:
* Desinfección de mans con xel hidroalcohólico durante 20 segundos. Colocación de mascarilla no caso de que non a leve posta.
* O fisioterapeuta utilizará mascarilla durante a sesión.
3. Entre sesións:
* Ventilación da estancia de consulta/exploración/tratamento.
* Desinfección cos productos adecuados e con materiais de limpeza dun só uso de tódalas superficies coas que o/a paciente estivo en contacto.
*Desbotar EPI utilizado.
Tendo en conta a gran incertidumbre existente na actualidade (% de pacientes contaxiados asintomáticos, evolución da pandemia en España, mecanismos a implantar despois do confinamento, constantes novedades na publicación de información científica, etc. ), estas pautas poderanse ver modificadas sendo actualizadas periódicamente.