Fisiovita

Fisiovita Centro de fisioterapia, podología, nutrición y clases dirigidas de pilates. Número de registro sanitario: C-15-003495

🎉 Feliz Día do Emigrante!🎉Desde Fisiovita queremos desexarvos un feliz Día do Emigrante a todos os nosos pacientes, veci...
07/08/2026

🎉 Feliz Día do Emigrante!🎉

Desde Fisiovita queremos desexarvos un feliz Día do Emigrante a todos os nosos pacientes, veciños e familias de Val do Dubra. 💙

Un día para celebrar as nosas raíces, lembrar a aqueles que tiveron que marchar e g***r das nosas tradicións e da nosa xente. 🫶

📢 Lembrámosvos que hoxe permaneceremos PECHADOS con motivo da festividade local.

☀️ HORARIO DE AGOSTO:
Durante o mes de agosto estaremos á vosa disposición en horario de 8:00 a 14:30 h.

Desfrutade moito deste día e das festas! 🎊
Feliz Día do Emigrante! ❤️

✨ ¡Novidades no noso centro de fisioterapia! ✨Seguimos apostando por ofrecer os mellores tratamentos e, por iso, incorpo...
02/07/2026

✨ ¡Novidades no noso centro de fisioterapia! ✨

Seguimos apostando por ofrecer os mellores tratamentos e, por iso, incorporamos novas cremas específicas para os tratamentos de radiofrecuencia.

Estas cremas están formuladas para favorecer o deslizamento do cabezal e coidar a pel durante a sesión (enriquecidas con ingredientes como bio-retinol, péptidos, ácido hialurónico, etc), potenciando así a eficacia do tratamento.

A radiofrecuencia é unha excelente opción para mellorar a calidade dos tecidos, estimular a producción de coláxeno e favorecer a recuperación en diferentes procesos, sempre adaptando o tratamento ás necesidades de cada paciente.

📍 Se queres saber se este tratamento é adecuado pra ti, estaremos encantados de asesorarte.

¡Esperamoste no noso centro para seguir coidando da túa saúde e benestar! �💚

01/07/2026

📢Obxeto aparecido:

Diante do noso centro apareceu hoxe unha pulseira de marca Viceroy, aparentemente masculina. Se a perdeches, témola depositada en Fisiovita🤗.

☀️Chega o horario de verán de Fisiovita! Queremos informarvos de que durante o periodo estival atenderemos no seguinte h...
25/06/2026

☀️Chega o horario de verán de Fisiovita!

Queremos informarvos de que durante o periodo estival atenderemos no seguinte horario:

⏰Ata o 15 de setembro mantemos as horas habituais de apertura (de 8 a 21 horas), excepto o mes de agosto en que abriremos soamente de mañás.

📆Pechamos os días 6 e 7 de agosto.

Seguimos coidando da vosa saúde e benestar coa mesma dedicación de sempre.

📞Reserva a túa cita no 981509677.

Grazas pola vosa confianza e feliz verán!

🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo, unha parte do equipo de Fisiovita desprazámosnos ata Carballo para formar parte da atención en met...
10/06/2026

🏃‍♂️🏃‍♀️Este domingo, unha parte do equipo de Fisiovita desprazámosnos ata Carballo para formar parte da atención en meta aos atletas da 10K, a carón do noso compañeiro Antonio, de Fisiosan.

😊Foi unha xornada de reencontros, retos e traballo intenso durante unhas horiñas, baixo un sol radiante.

🎭 Despois do Entroido… volvemos ao equilibrio!Na nosa clínica non só coidamos da túa recuperación física 💪, tamén contam...
24/02/2026

🎭 Despois do Entroido… volvemos ao equilibrio!

Na nosa clínica non só coidamos da túa recuperación física 💪, tamén contamos con servizo de nutrición para axudarche a retomar hábitos saudables e sentirte con máis enerxía.

Porque moverte mellor tamén comeza por alimentarte mellor 🥗

📩 Escríbenos e reserva a túa cita.

E, case sen darnos conta,a clínica cumpreu onte un ano máis. 🗓️11 anos coidando da vosa saúde e achegando a fisioterapia...
10/02/2026

E, case sen darnos conta,a clínica cumpreu onte un ano máis.

🗓️11 anos coidando da vosa saúde e achegando a fisioterapia ao Val do Dubra e contorna (e sentímonos afortunados de contar tamén cun bo número de pacientes doutras zonas, que apostan por nós).

🙏Non nos cansaremos de dar as grazas pola vosa confianza en todo este tempo.

📝⚡Seguimos en contínua formación, tratando de darvos o mellor servizo. E incorporamos novas tecnoloxías, das que en vindeiros días vos iremos adiantando máis.

Grazas!

🥂 Aproveitamos estas derradeiras horas do ano para desexarvos a todxs moi boa entrada no Aninovo.🫂 E tamén nos parece un...
31/12/2025

🥂 Aproveitamos estas derradeiras horas do ano para desexarvos a todxs moi boa entrada no Aninovo.

🫂 E tamén nos parece unha boa data para mandar un agarimoso abrazo aos compañeiros de Fisiovita que, ao longo deste 2025, deixaron de formar parte activa do noso equipo.

Juantxi Porteiro Rives , Lorena Martinez e Patri, aos que lle desexamos o mellor na sua andadura profesional e persoal.
Un pracer coincidir con profesionais coma vós!

✨A por un 2026 cargado de saúde e novos proxectos para todos!

Bo Nadal!🎅Desexámosvos paz e saúde nestas festas, e que a felicidade vos acompañe no final deste ano e de cara ao inicio...
24/12/2025

Bo Nadal!

🎅Desexámosvos paz e saúde nestas festas, e que a felicidade vos acompañe no final deste ano e de cara ao inicio do vindeiro!

Dirección

C/San Lorenzo, 13, Bajo 1 Bembibre
A Coruña
15873

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 21:00
Martes 08:00 - 21:00
Miércoles 08:00 - 21:00
Jueves 08:00 - 21:00
Viernes 08:00 - 21:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fisiovita publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Fisiovita:

Atajos

Compartir

Categoría