06/08/2026
Reflexión sobre a reflexión:
O perdón pode presentarse como unha virtude universal, case como unha obriga moral. Pero… esta visión simplifica unha realidade moito máis complexa. Non gardar rancor pode ser un acto de liberación persoal, pero iso non implica renunciar ao xuízo nin á memoria. Hai accións que rompen a confianza, vulneran a dignidade ou deixan feridas tan profundas que pretender normalizalas baixo a etiqueta do perdón pode converterse nunha forma de negación.
Trazar unha fronteira innegociable non significa vivir ancorado no resentimento. Significa recoñecer que a comprensión e a xustificación non son sinónimos. Comprender por que alguén actuou dun determinado xeito pode ser unha mostra de madurez e de empatía; aceptar como tolerable aquilo que atenta contra os propios principios ou a propia integridade é outra cousa moi distinta.
O verdadeiro equilibrio consiste en saber distinguir entre o erro humano, que pode merecer unha segunda oportunidade, e aquilo que destrúe a confianza ou a dignidade de maneira irreparable. Perdoar, cando nace da liberdade, pode ser un acto de fortaleza. Pero converter o perdón nun mandato absoluto pode acabar esixindo un prezo demasiado alto: A RENUNCIA Ó RESPETO POR UN MISMO.
En definitiva, comprender o erro alleo é unha mostra de madurez; aceptar o imperdoable, cando implica sacrificar a propia dignidade ou os propios valores, deixa de ser unha virtude para converterse nunha forma de traizón a un mesmo.