Centro M - María GC Matrona

Centro M - María GC Matrona Centro de atención integral á MULLER e á MATERNIDADE
Embarazo, posparto, lactancia, saúde menstrual, fertilidade e menopausia.

Talleres, cursos e actividade física adaptada a cada etapa da vida feminina. Consulta de matrona, fisioterapia e psicoloxía.

☀️ Xa está aquí o noso horario de verán!Este verán seguimos apostando polo movemento e o benestar cunha programación ren...
08/07/2026

☀️ Xa está aquí o noso horario de verán!

Este verán seguimos apostando polo movemento e o benestar cunha programación renovada.

Nati, amplía a súa proposta con novas actividades para que atopes a que mellor se adapta a ti:

🧘‍♀️ Ioga Vinyasa – Unha práctica dinámica que conecta movemento e respiración.

🌿 Ioga Hatha – Un ioga máis pausado para mellorar a postura, a mobilidade e o equilibrio.

🤰 Ioga Prenatal – Práctica adaptada ao embarazo que combina posturas suaves, respiración e relaxación para mellorar a mobilidade, fortalecer o corpo e favorecer o benestar físico e emocional da nai.

💪 Adestramento Funcional – Sesións para gañar forza, estabilidade e mobilidade con exercicios aplicables ao día a día.

🤸 Adestramento Sénior – Un adestramento adaptado para mellorar a forza, o equilibrio e a autonomía de forma segura.

📩 Tes algunha dúbida ou queres coñecer máis sobre as novas clases? Contacta connosco e axudarémoste a atopar a opción que mellor se adapte a ti.

Estamos moi felices de seguir medrando e de ofrecer novas propostas para acompañarte en cada etapa. Agardámoste este verán! 💜

29/06/2026
A menopausa non é unha enfermidade, pero si unha etapa de grandes cambios hormonais que poden afectar á saúde ósea, card...
09/06/2026

A menopausa non é unha enfermidade, pero si unha etapa de grandes cambios hormonais que poden afectar á saúde ósea, cardiovascular, metabólica e ao benestar emocional.

A EVIDENCIA CIENTÍFICA apoia o uso de determinados suplementos para aliviar síntomas como os sofocos, a alteración do sono, a sequedade das mucosas ou os cambios no estado de ánimo. Non todos teñen a mesma eficacia nin todas as mulleres necesitan os mesmos.

Por iso é importante INDIVIDUALIZAR. Un suplemento que pode ser moi útil para unha persoa pode non estar indicado para outra debido a tratamentos, patoloxías previas, interaccións ou simplemente porque as súas necesidades son diferentes.

Ademais, o momento de comezar tamén importa. Moitos destes nutrientes e compostos poden ser interesantes xa durante a PERIMENOPAUSA, cando aparecen os primeiros cambios hormonais, e seguir sendo útiles durante os anos posteriores.

Agora ben, ningún suplemento substitúe a:

✔️ Alimentación de calidade
✔️ Exercicio físico, especialmente forza
✔️ Descanso axeitado
✔️ Xestión do estrés
✔️ Exposición solar e contacto ca natureza

Os suplementos non son a base, pero ben seleccionados poden ser unha ferramenta de gran axuda para acompañar esta etapa e mellorar a calidade de vida.

Podes pedirme cita se desexas que te guie ca túa suplementación e te acompañe neste proceso.

✨ PREPARACIÓN AO PARTO ESENCIAL📅 12 de maio⏰ 16:30 – 21:00💰 70€---🌿 ENFOQUE🤍 Recursos para o/a acompañante👩‍⚕️ Baseado n...
05/05/2026

✨ PREPARACIÓN AO PARTO ESENCIAL

📅 12 de maio
⏰ 16:30 – 21:00
💰 70€

---

🌿 ENFOQUE

🤍 Recursos para o/a acompañante

👩‍⚕️ Baseado na fisioloxía natural e na evidencia científica máis actual

---

📚 QUE INCLÚE?

📝 Guías claras para levar a casa e poder consultar en calquer momento

🧴 Recomendacións de produtos eficaces e respectuosos para nai e bebé

---

🤝 ACOMPAÑAMENTO

📲 Grupo de WhatsApp

❓ Resolución de dúbidas

🌿 Formarás parte da tribu ata cando queiras

---

💬 É PARA TI...

✔️ Se queres entender o parto de verdade

✔️ Se buscas un enfoque respectado e con criterio

✔️ Se non tes tempo para semanas de clases

---

👉 Un día. Toda a preparación que REALMENTE importa.

Aquí tedes os meus biberóns favoritos e os NADA favoritos…Como digo no post, cada bebé é un mundo e pode que os “mellore...
16/04/2026

Aquí tedes os meus biberóns favoritos e os NADA favoritos…

Como digo no post, cada bebé é un mundo e pode que os “mellores” para min non vaian ben nalgúns bebés e viceversa (pola súa inmadurez, peso, por posible anquiloglosia…). Pero polo xeral, a experiencia dime que uns van mellor ca outros case sempre…

🙊As TETINAS DE BASE ESTREITA e longas fomentan que o bebé peche moito a boca e a súa mandíbula non se desenvolva correctamente, ademais de prexudicar o agarre no peito se se combinan con lactancia materna.

🌊Os FLUXOS RÁPIDOS favorecen as fugas, os cólicos, os atragantamentos, que o bebé coma de máis e o rexeitamento do peito na lactancia materna/mixta. 

💧Recomendo os FLUXOS MÁIS BAIXOS ata que o bebé comece a demandar fluxo máis rápido (arredor dos 5-6 meses, pero é moi variable). Frústranse e protestan, soe ser sinxelo de identificar. 

👀Que biberón usastes vós? Tivestes que cambialo? Léovos

NOTA: Neste post non falo do biberón HAPPY MAMMI porque é MOI CARO. Gústame, pero nunca o recomendaría habendo outras opcións mellores e máis accesibles. Só o recomendo cando a un/unha bebé de lactancia materna se lle desexa introducir bibe e rexeita todos os biberóns recomendados (soe aceptalo de mellor gana)

Vémonos á volta!
30/03/2026

Vémonos á volta!

📝Déixovos os marcadores máis implicados na nosa saúde hormonal e reprodutiva. Moitos deles poden alterarse pola alimenta...
29/03/2026

📝Déixovos os marcadores máis implicados na nosa saúde hormonal e reprodutiva. Moitos deles poden alterarse pola alimentación e o estilo de vida, e normalmente son facilmente corrixibles.

⚠️ Advertencia: non ter estes marcadores dentro dos rangos que indico NON significa que esteas enferma, nin moito menos! Significa que fóra destes rangos poden aparecer síntomas e que o organismo non está funcionando de maneira óptima.

✨ Mediante cambios na alimentación, no descanso, na xestión do estrés e, en ocasións, coa axuda da suplementación adecuada, pódese mellorar a sintomatoloxía, a calidade de vida, a fertilidade e os resultados perinatais.

👉 Se desexas unha interpretación funcional da túa analítica sanguínea, podes pedir consulta comigo (a partir de maio) chamando ou escribindo a este número: 623 427 432, ou reservando cita aquí:
https://newreservaweb.viday.es/ #/client/65f1991c8dff8c15e78fdfc5

Durante o mes de Abril as consultas de MATRONA serán unicamente para CONSULTAS URXENTES (LACTANCIA E DETECCIÓN DE ANQUIL...
25/03/2026

Durante o mes de Abril as consultas de MATRONA serán unicamente para CONSULTAS URXENTES (LACTANCIA E DETECCIÓN DE ANQUILOGLOSIA) e SEGUEMENTOS DE SAÚDE HORMONAL.

En MAIO volvemos á normalidade!!

Se queres ir pedindo cita para Maio, podes escribirnos ao 623427432 e reservámoscha (pola app e pola web non estarán dispoñibles).

Graciñas pola comprensión!

Aproveitando o   e o noso próximo 4º ANIVERSARIO, traémosvos un SORTEO da consulta máis demandada do centro: a de SAÚDE ...
11/03/2026

Aproveitando o e o noso próximo 4º ANIVERSARIO, traémosvos un SORTEO da consulta máis demandada do centro: a de SAÚDE HORMONAL.

Esta consulta está pensada para calquera muller que queira coñecer e mellorar o seu estado de saúde xeral.

Realizamos unha entrevista clínica moi completa para analizar antecedentes, signos e síntomas, factores de estrés, hábitos de alimentación, exercicio e descanso.

Cruzamos toda esta información cunha valoración exhaustiva dunha analítica de sangue completa e, a partir de aí, elaboramos un PLAN PERSONALIZADO, con propostas de cambio no estilo de vida e suplementación individualizada.

Para PARTICIPAR tedes que seguir estes pasos:

1️⃣ Seguir a nosa conta

2️⃣ Darlle LIKE ao post E COMPARTIR esta publicación en stories. Se o voso perfil é privado podedes enviarnos un pantallazo.

3️⃣ Etiquetar a unha amiga ou a un amigo!!! Só unha por comentario.

O sorteo estará activo ata o 27 de Marzo!!

SAÚDE E SORTE PARA TODAS!!!✨✨✨

Dirección

Pardo Bazán, 30 Baixo
Burela
27880

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro M - María GC Matrona publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Centro M - María GC Matrona:

Compartir