04/08/2026
Cantas veces che dixeron:
“É estrés.”
E quedou aí.
Pero… que significa realmente iso?
O estrés, o nerviosismo, a tensión constante ou a ansiedade poden facer que apretemos os dentes sen decatarnos.
E ás veces, antes incluso de notar a mandíbula cargada, o corpo xa empezou a falar.
Faino cunha dor de cabeza.
Cun pescozo ríxido.
Con molestias ao masticar.
Ou cunha sensación de tensión que non sabes moi ben de onde vén.
Moitas veces, cando aparece unha molestia, o primeiro que facemos é pensar en como quitala.
Pero antes de intentar calala, vale a pena preguntarse:
Que estiven facendo estes días?
Estou máis tenso do habitual?
Levo tempo apertando os dentes?
Estou descansando ben?
Porque esas pequenas preguntas poden axudarnos a entender mellor o que está pasando e a actuar en consecuencia.
Escoitar o corpo non significa saber exactamente o que che pasa.
Significa parar un momento e observar.
Iso non quere dicir que todas as dores de cabeza, molestias na mandíbula ou síntomas teñan esta causa. Hai moitas situacións e enfermidades que poden estar detrás.
Pero si significa que non sempre abonda con intentar facer desaparecer o síntoma. Ás veces tamén hai que entender por que apareceu.
O corpo leva toda a vida falando connosco.
O curioso é que moitas veces só o escoitamos cando xa berra.
🤍
Cóidate.