Centro Neurosinais

Cómo llegar Contactar con el consultorio

Centro Neurosinais Centro de rehabilitación neurolóxica e pediátrica
C-27-001293 O propósito é ofrecer terapias con tratamentos centrados na persoa e os seus familiares.

Neurosinais é un centro especializado na atención integral e personalizada de adultos e nenos con patoloxías neurolóxicas e trastornos do neurodesarrollo. O equipo transdisciplinar aborda as terapias de fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia e terapia acuática. A intervención básase nunha exhaustiva valoración funcional, tendo en conta os obxectivos da persoa e da familia, co fin común de capacitar para a máxima participación independente e autónoma nas actividades da vida diaria no entorno natural, abordando estas intervencións no centro e no propio domicilio.

22/09/2026

🦽 Escoller unha cadeira de rodas vai moito máis alá de elixir un modelo.

Cada persoa ten unhas necesidades diferentes, e por iso é fundamental realizar unha valoración previa que teña en conta: postura, mobilidade, forza, capacidade de propulsión, entorno e actividades do día a día.

Tamén hai que darlle importancia ao tipo de chasis, o armazón ou o coxín, xa que poden influír na comodidade, seguridade, eficiencia e autonomía.

👉 Unha boa prescrición busca que a cadeira se adapte á persoa, e non ao revés.

Detrás de cada cadeira hai unha persoa, unhas necesidades e uns obxectivos diferentes. 💛

📍Avenida de Monforte, 115, Chantada
☎️ 621 200 890
📩[email protected]

🧩 A axenda dun neno non pode ser unha carreiraCando un neno ou nena precisa terapia, o horario, a rutina e a frecuencia ...
11/09/2026

🧩 A axenda dun neno non pode ser unha carreira

Cando un neno ou nena precisa terapia, o horario, a rutina e a frecuencia das sesións poden ser fundamentais para favorecer a súa participación e o seu desenvolvemento 🧠

Por iso, cando hai que escoller, as necesidades terapéuticas non deberían quedar sempre relegadas ao último lugar🗓️

💛 Priorizar as terapias non significa renunciar ao xogo, ao descanso ou ás extraescolares. Significa buscar un equilibrio que respecte as necesidades de cada neno/a e de cada familia.

Porque recibir os apoios necesarios tamén forma parte de ter unha infancia plena 🌈

📍Avenida de Monforte, 115, Chantada
📩 [email protected]
☎️ 621 200 890

As alteracións neurolóxicas poden afectar a capacidade de comunicarnos, dificultando tanto a comprensión e a expresión d...
04/09/2026

As alteracións neurolóxicas poden afectar a capacidade de comunicarnos, dificultando tanto a comprensión e a expresión do linguaxe como a produción da fala.

🔹 Afasia: alteración adquirida da linguaxe que pode afectar a comprensión, expresión, denominación, repetición, lectura e/o escritura. Existen diferentes tipos, como a afasia de Broca, Wernicke, conducción ou global, cada unha cas súas características e síntomas diferentes.

🔹 Disartria: trastorno motor da fala provocado por unha alteración neurolóxica que afecta ao control dos músculos implicados na comunicación. Pode producir cambios na articulación, respiración, voz, resonancia, ritmo e prosodia. Entre os seus tipos encontramos a disartria flácida, espástica, atáxica e hipocinética.

⚠️ Algunhas das súas causas máis frecuentes son os ictus, traumatismos craneoencefálicos, tumores, enfermedades neurodexenerativas ou infeccións, entre outras.

👩‍⚕️ A logopedia desempeña un papel fundamental na avaliación, intervención e rehabilitación destas dificultades, buscando mellorar a comunicación e favorecer a autonomía e calidade de vida da persoa.

📍Avenida de Monforte, 115, Chantada
☎️ 621 200 890
📩 [email protected]

🎉 Festas e hipersensibilidade sensorial 💛Para algúns nenos e nenas, os petardos, bombas, música alta, luces intensas e a...
13/08/2026

🎉 Festas e hipersensibilidade sensorial 💛

Para algúns nenos e nenas, os petardos, bombas, música alta, luces intensas e a multitude de persoas poden resultar abafantes e provocar sobrecarga sensorial.

🧩 Que podemos facer?

🎧 Usar auriculares ou protectores auditivos.
🌿 Ter un espazo tranquilo para facer pausas.
💡 Evitar luces moi intensas ou intermitentes.
📖 Crear historias sociais para anticipar o que vai acontecer.
🖼️ Empregar pictogramas, fotos ou secuencias visuais.
⏰ Avisar con antelación dos ruídos, cambios e actividades.
❤️ Respectar o ritmo do neno e non obrigalo a participar.

✨ Desde a Terapia Ocupacional podemos axudar ás familias a crear estratexias individualizadas para que as festas sexan máis previsibles, seguras e agradables.

Anticipar, adaptar e acompañar tamén é coidar. 💛

Infancia Neurodesenvolvemento

O teu fillo/a aínda non usa o comunicador e consideras que pode ser necesario? O seu uso non significa que non estea apr...
24/07/2026

O teu fillo/a aínda non usa o comunicador e consideras que pode ser necesario?
O seu uso non significa que non estea aprendendo a comunicarse 🧠

Un dos erros máis habituais é esperar a que “pulse” para comezar a ensinarlle 🧐

A realidade é outra: primeiro necesita ver como se usa e
modelar durante o proceso, falando mentras empregamos o comunicador, sen esixir que imite nin que responda.

Por que é tan importante? 👈
🔵Aumenta a comprensión.
🟡Reduce a frustración.
🟣Favorece o desenvolvemento da comunicación, tanto mediante a CAA como da linguaxe oral cando é posible.

Sempre hai que contar coa intervención e apoio dunha profesional de logopedia 💛

📍Avenida de Monforte, 115, Chantada
☎️ 621 200 890
📩 [email protected]

🧠✨A infantilización ao falar cos cativos👂Os nenos aprenden tamén de como lles falamos:- O ton é tan importante como as p...
19/06/2026

🧠✨A infantilización ao falar cos cativos

👂Os nenos aprenden tamén de como lles falamos:
- O ton é tan importante como as palabras
- O respecto reflíctese na comunicación diaria
- Tratar con naturalidade favorece a súa autonomía

💬 Non se trata de falarlles como adultos, senón de atopar un equilibrio: próximo, cálido e respectuoso.

🌱 Acompañar o seu crecemento tamén é confiar neles.

📍Avenida de Monforte, 115, Chantada
☎️ 621 209 890
📩 [email protected]

05/06/2026

☀️ Horario de Verán no Centro: Resolvemos as vosas preguntas

❓ Cando comeza o horario de verán?
📅Dará comezo o luns 29/06 ata o venres 21/08
O centro permacerá pechado por vacacións do luns 24/08 ao venres 28/08 (ambos incluidos).

❓ Cal será o novo horario?
🕒 Luns-Xoves: 9:00-19:00 (horario continuo)
Venres: 9:00-15:00

❓ Todos os servizos manteñen o mesmo horario?
📌 Cada terapeuta ten o seu horario e a súa axenda, e as vacacións serán rotacionais para cubrir as necesidades do Centro neses meses. Para consultar a dispoñibilidade das axendas falar cas profesionais.

❓ Onde podo consultar cambios ou dar avisos de cancelacións ou suspensións temporais?
📲 Nas nosas redes sociais e falando directamente ca terapeuta de referencia ou dirección.

Grazas por acompañarnos este verán. Agardámosvos!💛

☀️

Hoxe queremos compartir unha moi boa nova do equipo 💛Lucía, a nosa fisioterapeuta, participou nun proxecto de investigac...
29/05/2026

Hoxe queremos compartir unha moi boa nova do equipo 💛

Lucía, a nosa fisioterapeuta, participou nun proxecto de investigación sobre a fisioterapia a domicilio en Galicia 🏡📚

📊 Neste estudo analizouse o perfil das persoas que solicitan este servizo, e os resultados deixan algo claro:

👉 Moitas persoas non poden acudir á consulta porque teñen dificultades para desprazarse
👉 Outras viven lonxe e o acceso aos centros non sempre é doado
👉 Cada paciente ten unha realidade diferente, e iso importa á hora de tratar

💡 Que significa isto?

Que a fisioterapia a domicilio é moito máis que comodidade: é unha forma de achegar a atención sanitaria a quen realmente a necesita 🙌

Queremos agradecer tamén o traballo e compromiso de todas as persoas autoras que formaron parte desta investigación (Xavi, Olalla, Denis, Ángela e José) 🤝

Para nós é un orgullo formar parte de proxectos que axudan a mellorar a atención ás persoas 💛

📄 Podes consultar o artigo completo aquí:
https://doi.org/10.1016/j.ft.2026.03.001

a domicilio investigación atencióndomiciliaria fisioterapiaengalicia

📚✨ Axudas NEAE 2026-2027 ✨📚Xa está aberta a convocatoria de axudas para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educ...
20/05/2026

📚✨ Axudas NEAE 2026-2027 ✨📚

Xa está aberta a convocatoria de axudas para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo (NEAE) para o curso 2026-2027. 💙

Un apoio fundamental para favorecer a igualdade de oportunidades, reforzar a aprendizaxe e acompañar o desenvolvemento educativo de cada estudante. 🧩🎓

🗓️ Recoméndase revisar prazos e documentación con antelación para realizar a solicitude sen imprevistos.

Dirección

Avenida De Monforte Nº115, Bajo
Caminomorisco
27500

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 20:00
Martes 09:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 19:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Centro Neurosinais publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Consultorio

Enviar un mensaje a Centro Neurosinais:

Atajos

Compartir

Categoría