Farmacia José Antonio Fornos Pérez

Farmacia José Antonio Fornos Pérez Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Farmacia José Antonio Fornos Pérez, Suministros médicos, Calle San José 37, Cangas.

💊 A pílula do día despois: o que convén saber.Entras, pides, pagas e saes, moitas veces sen escoitar nin a metade do que...
22/08/2026

💊 A pílula do día despois: o que convén saber.

Entras, pides, pagas e saes, moitas veces sen escoitar nin a metade do que che queríamos contar. É normal. Por iso deixámosche aquí o esencial, con calma.

⌛A regra de ouro: canto antes, mellor. A eficacia é máxima nas primeiras horas e vai baixando co paso do tempo. Non precisas receita e ninguén te vai xulgar por pedila.

⚠️ Este carrusel é un resumo. Pode ter efectos leves e pasaxeiros (dor de cabeza, náuseas, mareos), e outras cousas dependen do teu caso, como certas medicacións que lle restan eficacia. Ollo cun sinal: se tes dor abdominal forte que non se pasa, non o deixes e consulta. Coméntanolo sempre.

📄 Na farmacia temos información completa e resolvémosche calquera dúbida. Pídenola: para iso estamos.

☀️ Mañá, 12 de agosto, hai eclipse. E si, pode danarche a vista sen que o notes.Desde Cangas mirarase parcial (o sol nun...
11/08/2026

☀️ Mañá, 12 de agosto, hai eclipse. E si, pode danarche a vista sen que o notes.

Desde Cangas mirarase parcial (o sol nunca se tapará de todo), e xusto por iso pode ser máis perigoso do que parece.

Neste carrusel explicámosche o esencial: por que engana, que NON protexe, e cal é a única protección válida: as lentes coa norma ISO 12312-2:2015.

Protexe a vista. Non hai recambio. 👁️

Aquí van as promocións durante o mes de agosto! Agardámoste 🙂
06/08/2026

Aquí van as promocións durante o mes de agosto! Agardámoste 🙂

🗓️ Aí vai o calendario de gardas para o mes de agosto no Concello de Cangas 💊🌙
05/08/2026

🗓️ Aí vai o calendario de gardas para o mes de agosto no Concello de Cangas 💊🌙

💊🌙 Dende hoxe ás 22h ata o venres 24 de xullo ás 9:30h da mañá, somos a farmacia que presta o servizo de garda nocturna ...
17/07/2026

💊🌙 Dende hoxe ás 22h ata o venres 24 de xullo ás 9:30h da mañá, somos a farmacia que presta o servizo de garda nocturna 🙂

Se algunha vez elixiches un solar porque poñía "mineral" ou "sen químicos"… este carrusel é para ti. 🧐🧴Non existen os so...
14/07/2026

Se algunha vez elixiches un solar porque poñía "mineral" ou "sen químicos"… este carrusel é para ti. 🧐🧴
Non existen os solares "químicos" e os "naturais". Todos os filtros son químicos: o óxido de zinc tamén. A división que nos venden é márketing, non ciencia.

Aquí voltamos aclarar outros mitos arredor dos fotoprotectores: se os "minerais" reflicten a luz como un espello, se un filtro se detecta no sangue é tóxico, se usando "minerais" salvamos os corais.

📌 E un consello:
Respecta a caducidade do teu solar. Os filtros degrádanse co tempo e coa calor. Ese bote medio derretido que leva dous veráns no coche non te está protexendo como cres. Tírao. ♻️

🌞O mellor solar segue sendo o mesmo: amplo espectro, mínimo FPS 30+, que che guste a textura e que te poñas de verdade. Un filtro que non usas protexe cero.

📚 Fontes: Matta et al. (JAMA 2019-2020) · Downs et al. (2016, 2021) · Corinaldesi et al. (2018) · Regulamento (UE) 2022/1176 e opinións SCCS.

🫰 Aí vai outro mes cheo de promocións e agasallos!Bótalle un ollo e aproveita, agardámoste! 😉
02/07/2026

🫰 Aí vai outro mes cheo de promocións e agasallos!
Bótalle un ollo e aproveita, agardámoste! 😉

🗓️ Deixámosvos o calendario de gardas para o mes de xullo no Concello de Cangas 💊🌙Descárgao para telo de man!
01/07/2026

🗓️ Deixámosvos o calendario de gardas para o mes de xullo no Concello de Cangas 💊🌙

Descárgao para telo de man!

Estanche dicindo que o protector solar é perigoso. 🤨A persoa que cho di probablemente véndeche algo. 🥸Aí van datos reais...
16/06/2026

Estanche dicindo que o protector solar é perigoso. 🤨

A persoa que cho di probablemente véndeche algo. 🥸

Aí van datos reais. Fontes verificables.

Mercádea onde poidades, pero por favor, usade fotoprotección 🙏

🌞 Xuño vén cargado de promocións. Aprovéitaas 😉
09/06/2026

🌞 Xuño vén cargado de promocións. Aprovéitaas 😉

Dirección

Calle San José 37
Cangas

Teléfono

+34986302748

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Farmacia José Antonio Fornos Pérez publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir