04/03/2026
✨ A nosa sala de intervención estruturada ✨
Este é un espazo pensado para favorecer a calma, a organización e a concentración.
A diferenza da outra sala máis dinámica, aquí reducimos estímulos visuais e ambientais para crear un entorno máis contido e previsible. Isto permítenos acompañar especialmente a aqueles nenos e nenas que precisan:
🔹 maior apoio na atención sostida
🔹 menos distraccións externas
🔹 estrutura clara nas tarefas
🔹 anticipación e seguridade no que vai acontecer
🪑 Zona de mesa estruturada
Neste espazo realizamos o traballo máis específico:
• articulación
• praxias orofaciais
• conciencia fonolóxica
• lectoescritura
• comprensión e expresión oral
• funcións executivas
Contamos tamén cun espello terapéutico, fundamental para o traballo das praxias e da articulación, xa que permite ao neno/a observar os seus movementos orofaciais, tomar conciencia da posición da lingua, dos beizos e da mandíbula, e favorecer o autocontrol e a precisión articulatoria.
🤸🏻♀️ Zona de movemento e xogo motor
Na área de colchonetas utilizamos material como conos, aros e pelotas para integrar linguaxe e movemento. Traballamos o seguimento de instrucións, vocabulario espacial, estruturas sintácticas a través do xogo, ritmo e coordinación, aspectos moi relacionados coa fala.
Porque o corpo e a linguaxe están profundamente conectados. Moitos nenos e nenas aprenden mellor cando poden moverse, experimentar e sentir.
📚 Apoios visuais e organización do espazo
Os apoios visuais e recursos gráficos axudan a anticipar tarefas, organizar secuencias e reforzar a comprensión. O material está dispoñible pero sen sobrecargar o ambiente, favorecendo así a regulación e a atención.
Nesta sala adaptamos cada sesión ás necesidades de cada neno/a, combinando momentos máis estruturados con propostas de movemento guiado, sempre cun obxectivo logopédico claro.
Cada espazo do centro responde a perfís diferentes. Aquí priorizamos a estrutura, a regulación e a concentración, porque cando o entorno acompaña, a aprendizaxe flúe mellor 💗