Clinica Queitano

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con el consultorio

Clinica Queitano Trabajamos de manera interdisciplinar ya que apostamos por la salud y el bienestar de nuestros pacientes.

Moitos dos xogos que os nenos e nenas fan na praia ou ao aire libre axudan a desenvolver habilidades visuais imprescindi...
10/08/2026

Moitos dos xogos que os nenos e nenas fan na praia ou ao aire libre axudan a desenvolver habilidades visuais imprescindibles para o seu día a día e para a aprendizaxe.

Todos eles estimulan funcións como a coordinación ollo-man, a discriminación visual, a motilidade ocular ou a percepción espacial, sempre dun xeito divertido.

👉 Garda este carrusel para esta época de vacacións e pon en práctica estes xogos coa túa familia.

09/07/2026

Un dos nosos fisioterapeutas vén de completar unha formación específica en punción seca, unha técnica que permite visualizar en tempo real as estruturas sobre as que se intervén e asegurar que a agulla chega ao tecido diana de forma máis exacta.

Seguir aprendendo e actualizándonos é a mellor maneira de garantir unha atención de calidade, baseada na evidencia e centrada na seguridade dos nosos pacientes. 💙

Porque detrás de cada tratamento hai moitas horas de estudo, práctica e compromiso coa vosa saúde.

A miopía infantil está a aumentar nos últimos anos, e actuar a tempo pode marcar a diferenza. 👁️A Orto-K é un tratamento...
30/06/2026

A miopía infantil está a aumentar nos últimos anos, e actuar a tempo pode marcar a diferenza. 👁️

A Orto-K é un tratamento seguro e personalizado que non só permite ver ben durante o día sen gafas, senón que tamén pode axudar a controlar a progresión da miopía durante a infancia e adolescencia.

Desliza para descubrir como funciona e se pode ser unha opción para ti ou para os teus fillos/as 👉

En Clínica Queitano seguimos medrando para ofrecervos a mellor atención, e hoxe queremos presentarvos a unha persoa moi ...
16/06/2026

En Clínica Queitano seguimos medrando para ofrecervos a mellor atención, e hoxe queremos presentarvos a unha persoa moi especial: Paula, a nosa nova optometrista.

A súa formación e experiencia en terapia visual comportamental e deportiva súmanse ao noso equipo cun obxectivo claro: continuar evolucionando e mellorando a atención que reciben os nosos pacientes.

Paula destaca pola súa empatía, a súa organización e a iniciativa coa que afronta cada novo reto. En pouco tempo xa nos conquistou a todos: aos pacientes máis pequenos, aos adultos e tamén ás súas compañeiras.

Estamos seguras de que a súa incorporación traerá moitas cousas boas e novos proxectos que iremos compartindo con vós.

✨ Benvida, Paula. Grazas por formar parte desta gran familia.

20/05/2026

En Clínica Queitano apostamos por unha formación continua e multidisciplinar, onde traballamos conxuntamente con fisioterapeutas, odontólogos e podólogos.

Nesta ocasión, profundizamos na avaliación cerebelosa e reticular, clave para entender como o sistema nervioso regula o movemento, o equilibrio e a coordinación.

Unha formación dirixida en conxunto a fisioterapeutas, odontólogos, podólogos, optometristas... porque cando diferentes disciplinas se conectan, o diagnóstico mellora… e o tratamento tamén.

Cada ollo é único. E en casos como o queratocono, aínda máis.Nesta imaxe vemos un estudo da córnea que nos permite saber...
13/05/2026

Cada ollo é único. E en casos como o queratocono, aínda máis.

Nesta imaxe vemos un estudo da córnea que nos permite saber como e onde apoiar unha lente de contacto para que sexa cómoda e eficaz.

🔹 As persoas con queratocono adoitan ter molestias coas lentillas convencionais
🔹 A visión pode non ser nítida
🔹 Precísase un deseño personalizado, moitas veces con lentes ríxidas especiais

Unha boa adaptación non só mellora a visión… tamén a calidade de vida.

A hernia discal non aparece dun día para outro.É o resultado dun proceso no que inflúen o desgaste, o estilo de vida e a...
07/05/2026

A hernia discal non aparece dun día para outro.

É o resultado dun proceso no que inflúen o desgaste, o estilo de vida e a forma na que usamos o noso corpo.

A boa noticia: na maioría dos casos, o tratamento non require cirurxía.

📍 Cun abordaxe adecuado pódese reducir a dor e mellorar a calidade de vida.

👀 Cóstache manter a liña cando les? Cánsaste rápido coa vista ou tes dores de cabeza frecuentes?👉Moitas veces, detrás de...
13/04/2026

👀 Cóstache manter a liña cando les? Cánsaste rápido coa vista ou tes dores de cabeza frecuentes?

👉Moitas veces, detrás destes síntomas pode ser que que veña dun fallo na visión binocular, é dicir, na forma en que ambos ollos traballan xuntos.

En Clínica Queitano tratamos casos como:

🔹 Insuficiencia de converxencia
🔹 Problemas acomodativos
🔹 Estrabismos leves ou descompensados
🔹 Ambliopía en adultos
🔹 Alteracións visuais tras traumatismos ou problemas neurolóxicos

A través da terapia visual, traballamos movementos:
👁 Sacádicos (cambios rápidos da mirada)
👁 Seguimento visual (clave na lectura)
👁 Coordinación ocular

Porque ver ben non é só ver nítido, é que todo funcione en equilibrio ❤

25/03/2026

A relación entre ollos e pescozo é máis estreita do que pensamos 👁️💆‍♀️

O sistema visual guía constantemente a posición da cabeza.
Cando existe unha dificultade visual (problemas de enfoque, coordinación binocular, fatiga visual…), o corpo compensa modificando a postura cervical.

Co tempo poden aparecer:
– Contracturas repetitivas
– Dor cervical persistente
– Cefaleas
– Sensación de inestabilidade

Moitas veces tratamos só a consecuencia… e non a causa.

En Clínica Queitano realizamos valoracións integradas de sistema visual e cervical para entender a orixe real do problema.

Nos deportes de pelota o sistema visual traballa constantemente:🔹 Seguimento de obxectos en movemento🔹 Cálculo de distan...
20/03/2026

Nos deportes de pelota o sistema visual traballa constantemente:

🔹 Seguimento de obxectos en movemento
🔹 Cálculo de distancias
🔹 Coordinación ollo-man
🔹 Reacción rápida

Cando hai dificultades nestes procesos, o rendemento pode verse afectado e a veces confúndese con que non hai habilidade para os deportes, torpeza, lentitude... cando non é así.

En Clínica Queitano avaliamos non só canto se ve, senón como funciona o sistema visual en situacións dinámicas.

Dirección

Rua Taboada N1 Bajo
Chantada
27500

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 22:00
Martes 09:00 - 22:00
Miércoles 09:00 - 22:00
Jueves 09:00 - 22:00
Viernes 09:00 - 22:00

Teléfono

+34982441673

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Clinica Queitano publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Consultorio

Enviar un mensaje a Clinica Queitano:

Atajos

Compartir

Categoría