Psiquepodes

Cómo llegar Página web Contactar con el consultorio

Psiquepodes GABINETE DE PSICOLOXÍA, NEUROPSICOLOXÍA E ORIENTACIÓN ESCOLAR.

LIC. Psicoloxía (USC).
Máis de dez anos de expe

- Dificultades de aprendizaxe e do desenvolvemento

-Apoio escolar e reeducación(infantil,primaria e secundaria)

-TDA-H, TEA, e outros trastornos da infancia e adolescencia

-Orientación familiar

- Interacción directa cos centros escolares

-Atención individualizada ou en pequeno grupo

-CITA PREVIA : no teléfono indicado en horario de tarde ou a través do e mail.

30/10/2026
🧠 AS PALABRAS TAMÉN SE CONSTRÚEN, PEZA A PEZA.E se aprender a ler e escribir tamén fose un xogo de descubrir, pensar, or...
21/10/2026

🧠 AS PALABRAS TAMÉN SE CONSTRÚEN, PEZA A PEZA.

E se aprender a ler e escribir tamén fose un xogo de descubrir, pensar, organizar e crear?

Ao teu peque lle está a costar afianzar o proceso da lectoescritura?

En PSIQUEPODES transformamos actividades manipulativas en oportunidades para traballar habilidades fundamentais para a aprendizaxe.

🔤 Lectoescritura e linguaxe: recoñecemento de palabras, lectura, vocabulario e asociación entre a palabra escrita e o seu significado.

👀 Atención: manter o foco, discriminar información visual e identificar os detalles relevantes.

🧩 Funcións executivas: planificar, organizar, manter información activa na memoria de traballo, comprobar respostas e corrixir erros.

Aprender non consiste unicamente en memorizar contidos. Tamén implica desenvolver as ferramentas cognitivas que nos permiten comprender, resolver problemas e avanzar con maior autonomía.

Estas actividades poden adaptarse ás necesidades e ao momento evolutivo de cada neno ou nena, tanto para acompañar as dificultades de aprendizaxe como para favorecer o desenvolvemento das habilidades implicadas na aprendizaxe.

En PSIQUEPODES traballamos sobre os procesos que permiten aprender, respectando os diferentes ritmos e formas de avanzar.

💚 Diferentes formas de aprender.
💚Diferentes formas de avanzar.
💚Diferentes formas de medrar.

📲 Queres coñecer o noso traballo? Pide información sen compromiso por WhatsApp: 600 607 423.

📍 Avda. de Vigo, 154, baixo · Chapela (Redondela)

21/09/2026



08/09/2026

Este venres 11 de setembro saímos á rúa para achegar o balonmán a todas e todos!
📍 Alameda Rosalía de Castro, Chapela
🕔 De 17:00 a 19:00
Se nunca xogaches ao balonmán, esta é a túa oportunidade para coñecer o deporte, probalo e pasa unha tarde divertida coa nosa familia do club.
Non importa se xa tes experiencia ou se é a túa primeira vez: ven, colle o balón e desfruta!
¡Agardámoste! Non perdas a oportunidade de vir probar!

🧠📚 VOLTA AO COLE: comezamos a organizar os grupos para o curso 2026-2027.   Non quedes sen praza!!!! Cada neno e cada ne...
31/08/2026

🧠📚 VOLTA AO COLE: comezamos a organizar os grupos para o curso 2026-2027. Non quedes sen praza!!!!

Cada neno e cada nena aprende dun xeito diferente. Cada persoa ten o seu ritmo, as súas fortalezas e o seu propio camiño para avanzar.
En PSIQUEPODES traballamos sobre os procesos da aprendizaxe, acompañando a alumnado no desenvolvemento de habilidades fundamentais para aprender con maior seguridade, autonomía e confianza.
Ofrecemos unha intervención especializada en:
🧠 Atención, memoria e funcións executivas
📖 Lectura, escritura e cálculo
🧩 Razoamento e resolución de problemas
📚 Organización, planificación e técnicas de estudo
🗣️ Reeducación pedagóxica e da linguaxe
🎓 Orientación educativa e académica

Máis de 20 anos de experiencia acompañando a nenos, nenas, adolescentes e familias, desde a neuropsicoloxía , a psicoloxía e a orientación educativa.

📲 Pide información sen compromiso e concerta a túa cita por WhatsApp: 600 607 423

📍 Avda. de Vigo, 154 – Baixo · Chapela (Redondela)

💚 Diferentes formas de aprender. Diferentes formas de avanzar. Diferentes formas de medrar.

25/08/2026
🎓 Aínda non solicitaches a bolsa NEAE 2026-2027?O prazo está chegando á súa recta final.Se o teu fillo ou filla precisa ...
24/08/2026

🎓 Aínda non solicitaches a bolsa NEAE 2026-2027?
O prazo está chegando á súa recta final.
Se o teu fillo ou filla precisa apoio educativo, en PSIQUEPODES Neuropsicoloxía, Educación e Orientación Académica podemos acompañarte na orientación e tramitación da bolsa, así como na planificación dos apoios que mellor se adapten ás súas necesidades.
🧠 Neuropsicoloxía
📚 Psicoloxía educativa
🎓 Orientación académica
✏️ Reeducación pedagóxica e da linguaxe
🔎 Traballo sobre os procesos cognitivos implicados na aprendizaxe
Contamos con máis de 20 anos de experiencia en orientación educativa e acompañamento de procesos de aprendizaxe.
📅 Prazo oficial: ata o 10 de setembro de 2026 ás 15:00 h.
📲 Tes dúbidas? Escríbenos por WhatsApp.
600 607 423
Consulta sen compromiso

🌟 Cada neno e cada nena ten o seu propio potencial.
O importante é atopar os apoios que necesita para desenvolvelo.
-27

Dirección

Avenida De Vigo Nº 154
Chapela
36320

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Psiquepodes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Consultorio

Enviar un mensaje a Psiquepodes:

Atajos

Compartir

Categoría

Clínicas cercanos