Xuntanza Centro de Dia

Xuntanza Centro de Dia Número de Rexistro Sanitario C-15-004758
Número de Rexistro Ruepss
E-7074-C-1

🧠 Sabías que aprender cousas novas axuda a manter activo o cerebro a calquera idade?O cerebro, igual ca o resto do corpo...
06/08/2026

🧠 Sabías que aprender cousas novas axuda a manter activo o cerebro a calquera idade?

O cerebro, igual ca o resto do corpo, necesita seguir exercitándose.

Descubrir unha habilidade, resolver un xogo, facer unha manualidade ou participar nun taller son actividades que estimulan a memoria, a atención, a concentración e a creatividade.

En Xuntanza cada actividade ten un propósito: manter a mente activa, favorecer a autonomía e, sobre todo, facer que cada día sexa unha oportunidade para aprender, compartir e desfrutar.

Porque nunca é tarde para seguir descubrindo, sorrindo... e creando novos recordos. 💜

📞 665 229 607.
📍 Avda. Tarrío, nº 10, Fene (A Coruña)
(A 80 m. do Centro de Saúde)

💙 Con motivo do Día de Galicia, a derradeira semana en Xuntanza estivo chea de actividades moi nosas, que culminaron nun...
27/07/2026

💙 Con motivo do Día de Galicia, a derradeira semana en Xuntanza estivo chea de actividades moi nosas, que culminaron nun bingo galego. Os números deixaron paso á empanada, á gaita, ao pan de Cea, ao polbo ou ás castañas.

Traballar a estimulación cognitiva tamén é conectar coas nosas raíces, facer que cada imaxe esperte unha lembranza e que cada lembranza dea pé a unha historia.

Porque en Xuntanza gústanos coidar a mente... pero tamén o corazón. E se é presumindo do noso, mellor ca mellor 👌.

📞 665 229 607.
📍 Avda. Tarrío, nº 10, Fene (A Coruña)
(A 80 m. do Centro de Saúde)

⚽ Con esta tropa animando... como iamos perder?En Xuntanza vivimos o partido coma se fósemos os vinte e un da selección ...
20/07/2026

⚽ Con esta tropa animando... como iamos perder?

En Xuntanza vivimos o partido coma se fósemos os vinte e un da selección 😄. Sacamos as bandeiras e enchemos o centro de cores para apoiar aos nosos.

Porque estas tardes non van só de fútbol: van de emoción compartida, de berrar xuntos, de rir e de sentirnos parte dun mesmo equipo 💛.

Grazas a estes campións e campioas por poñerlle tanta paixón 👏. Que non nos falten nunca as ganas de celebrar!

💜🤝 Hoxe queremos parar un momento para dar as grazas.No 𝗗í𝗮 𝗱𝗼/𝗮 𝗔𝘂𝘅𝗶𝗹𝗶𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝗘𝗻𝗳𝗲𝗿𝗺𝗮𝗿í𝗮 celebramos a esas mans que soste...
14/07/2026

💜🤝 Hoxe queremos parar un momento para dar as grazas.

No 𝗗í𝗮 𝗱𝗼/𝗮 𝗔𝘂𝘅𝗶𝗹𝗶𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝗘𝗻𝗳𝗲𝗿𝗺𝗮𝗿í𝗮 celebramos a esas mans que sosteñen o día a día de Xuntanza. As que axudan a erguerse cada mañá, as que acompañan nun paseo, as que saben cando fai falta unha palabra amable ou simplemente estar preto en silencio.

O seu traballo moitas veces non se ve, pero síntese. Está no benestar dos nosos maiores, na súa comodidade, na súa seguridade e nos seus sorrisos 🤍. Grazas, compañeiras, por coidar con profesionalidade e moito corazón.

Xuntanza é o que é grazas a vós 💛.

📞 665 229 607.
📍 Avda. Tarrío, nº 10, Fene (A Coruña)
(A 80 m. do Centro de Saúde)

💅 Ás veces, un pequeno xesto pode cambiar un día enteiro.Sentirse guapo e guapa non ten idade. Mans coidadas, un novo pe...
07/07/2026

💅 Ás veces, un pequeno xesto pode cambiar un día enteiro.

Sentirse guapo e guapa non ten idade. Mans coidadas, un novo peiteado, unha sesión de fisio ou adicar un tempo para un mesmo... Son detalles que van moito máis alá do estético.

Cando unha persoa se sinte coidada, tamén se sinte máis segura, máis feliz e con máis ganas de desfrutar de cada momento.

Porque coidar é tamén axudar a que nunca perdan a ilusión por verse e sentirse ben 💛.

📞 665 229 607.
📍 Avda. Tarrío, nº 10, Fene (A Coruña)
(A 80 m. do Centro de Saúde)

01/07/2026

🎨 Un ano máis, en Xuntanza colaboramos co Perla Mural Fest, un festival que enche o noso barrio de cor, arte e vida.

Encántanos formar parte dunha iniciativa que achega a cultura á rúa e que, ademais dos impresionantes murais, ofrece actividades para todas as idades, música, obradoiros e momentos para compartir.

Seguiremos apoiando proxectos que fan medrar o noso entorno e que converten o noso barrio nun lugar aínda máis especial 💛💜.

👏 Parabéns a toda a PERLA MURAL FEST e aos artistas por facer posible unha nova edición.

📞 665 229 607.
📍 Avda. Tarrío, nº 10, Fene (A Coruña)
(A 80 m. do Centro de Saúde)

🔥 San Xoán está á volta da esquina... E en Xuntanza xa temos os materiais listos para unha nova aventura creativa.Aínda ...
16/06/2026

🔥 San Xoán está á volta da esquina... E en Xuntanza xa temos os materiais listos para unha nova aventura creativa.

Aínda non vos podemos ensinar o resultado... pero prometemos que terá moito de tradición, ilusión e traballo en equipo 💛.

Algunha idea do que estamos a preparar? 👀

📞 665 229 607.
📍 Avda. Tarrío, nº 10, Fene (A Coruña)
(A 80 m. do Centro de Saúde)

11/06/2026

Sabías que o bingo ten máis de 500 anos de historia? 🤔 A súa orixe remóntase á Italia do século XVI e, desde entón, converteuse nun dos xogos máis populares do mundo.

En Xuntanza sabemos que xogar é moito máis que pasar o tempo. Cada partida é unha oportunidade para compartir risas, estimular a mente e crear momentos de compañeirismo entre os nosos maiores 💛.

Porque nunca se é demasiado maior para emocionarse ao cantar... ¡BINGO! 😄 E vós, sodes dos que revisades dúas veces antes de celebrar? 😉

📞 665 229 607.
📍 Avda. Tarrío, nº 10, Fene (A Coruña)
(A 80 m. do Centro de Saúde)

💛🩷 Hai títulos que acompañan toda unha vida.Ser nai. Ser pai.Coidar, ensinar, protexer, acompañar... e estar aí, unha e ...
01/06/2026

💛🩷 Hai títulos que acompañan toda unha vida.

Ser nai. Ser pai.
Coidar, ensinar, protexer, acompañar... e estar aí, unha e outra vez, nos momentos importantes e tamén nos máis pequenos 🤍. Porque os fillos medran, os anos pasan, pero o amor dunha nai e dun pai permanece para sempre ✨.

Dirección

AVD. TARRIO 10
Fene
15500

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 20:00
Martes 08:00 - 20:00
Miércoles 08:00 - 20:00
Jueves 08:00 - 20:00
Viernes 08:00 - 20:00

Teléfono

+34665229607

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xuntanza Centro de Dia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Xuntanza Centro de Dia:

Compartir

Categoría