Centro AREA, Fisioterapia e Osteopatía

Centro AREA, Fisioterapia e Osteopatía "O movemento é vida"
Benvido á páxina do Centro de Fisioterapia e Osteopatía AREA
Teléfono: 698181352
REXCE número C-27-000930

No Centro de Fisioterapia e Osteopatía Area realizamos servizos de Fisioterapia entendida dende as súas distintas disciplinas e proxeccións específicas. Buscamos ofrecer un conxunto de métodos, actuacións e técnicas que, mediante a aplicación de medios físicos, curan, axudan a previr, recuperan e adaptan a persoas afectadas de disfuncións somáticas, ou ás que se desexa manter nun nivel axeitado de

saúde. En Area tamén asesoramos sobre hábitos de vida saudables e damos a posibilidade de realizar exercicios físicos dirixidos por profesionais capacitados, perseguindo sempre o obxectivo de promover e manter a saúde das persoas que solicitan os nosos servizos. Realizamos valoracións e tratamentos de fisioterapia e osteopatía, e tratamentos de fisioterapia invasiva ecoguiados. Tamén impartimos pilates e ximnasia hipopresiva, e realizamos asesoramento personalizado sobre nutrición e readaptación deportiva.

---------

En el Centro de Fisioterapia y Osteopatía Area realizamos servicios de Fisioterapia entendida desde sus distintas disciplinas y proyecciones específicas. Buscamos ofrecer un conjunto de métodos, actuaciones y técnicas que, mediante la aplicación de medios físicos, curan, previenen, recuperan y adaptan a personas afectadas de disfunciones somáticas, o a las que se desea mantener en un nivel adecuado de salud. En Area también asesoramos sobre hábitos de vida saludables y damos la posibilidad de realizar ejercicios físicos dirigidos por profesionales capacitados, buscando siempre el objetivo de promover y mantener la salud de las personas que solicitan nuestros servicios. Realizamos valoraciones y tratamientos de fisioterapia y osteopatía, tratamientos de fisioterapia invasiva ecoguiados. Clases de pilates, gimnasia hipopresiva y realizamos asesoramiento personalizado sobre nutrición y readaptación deportiva.

12/06/2026

Correxindo a desinformación... aqui seguimos traballando con normalidade!😋

Claudia Rodriguez Teijeiro Faltábanos darche os parabéns por aqui!!!!Por suposto que SUPERxogadora pero moitisimo mellor...
04/05/2026

Claudia Rodriguez Teijeiro Faltábanos darche os parabéns por aqui!!!!

Por suposto que SUPERxogadora pero moitisimo mellor persoa (si cabe!) 😘


𝗙𝗼𝘇 𝗽𝗼𝗻 𝗲𝗻 𝘃𝗮𝗹𝗼𝗿 𝗮 𝘁𝗿𝗮𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗱𝗲 𝗖𝗹𝗮𝘂𝗱𝗶𝗮 𝗥𝗼𝗱𝗿𝗶́𝗴𝘂𝗲𝘇 𝘁𝗿𝗮𝘀 𝗿𝗲𝗰𝗶𝗯𝗶𝗿 𝗮 𝗠𝗲𝗱𝗮𝗹𝗹𝗮 𝗮𝗼 𝗠𝗲́𝗿𝗶𝘁𝗼 𝗗𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗶𝘃𝗼

🥇👏 O Concello de Foz quere trasladar os seus parabéns a Claudia Paola Rodríguez Teijeiro pola concesión da Medalla ao Mérito Deportivo de Galicia, un recoñecemento á súa brillante traxectoria no fútbol sala feminino e ao seu papel como referente do deporte na Mariña.

⚽ Nada en Foz en 1984, Claudia comezou a xogar ao fútbol sala con tan só 12 anos no KX, nunha liga pioneira feminina na comarca, onde xa destacaba polo seu talento e paixón polo deporte. A súa carreira levouna a ser capitá e xogadora fundamental do Pescados Rubén Burela FSF, co que acadou fitos históricos como o ascenso á máxima categoría e títulos nacionais, ademais de militar tamén no Valladolid FSF.

▶️ Máis alá dos éxitos deportivos, Claudia foi sempre recoñecida polo seu compromiso, pola súa constancia e polo seu vínculo co fútbol sala desde as súas raíces, nun contexto no que compatibilizou deporte, formación e vida persoal, converténdose nun exemplo para varias xeracións de xogadoras. Desde o Concello de Foz celebramos este galardón, que pon en valor unha carreira marcada polo esforzo, a paixón e a defensa dos valores do deporte dentro e fóra das pistas.

Proposta moi interesante!!! Hai que apoiar estas iniciativas sin dúbida. Anotamos a cita!
21/03/2026

Proposta moi interesante!!! Hai que apoiar estas iniciativas sin dúbida. Anotamos a cita!

23/02/2026

Temos un montón de vídeos pendentes para compartir pero non atopamos o momento 😝

Caso clínico:

👩🏻‍🦱 que tras unha cirurxía por fractura de Fémur deriva en Síndrome de Sudeck...

Acude a nós para rematar a fase de readaptación á vida diaria e con moito medo ás caídas.

Propoñemos exercicio terapéutico como opción activa de tratamento, sempre planificando e adaptando o traballo según a evolución e avances de 👩🏻‍🦱 de xeito individual 😊.

(Estos son só uns exemplos para compartir os avances que logramos)

Estamos moi satisfeitos cos resultados 🥳 incluso nas últimas sesions xa nos animamos a algún "sprint" 🏃🏽‍♀️💨, noraboa "T".

29/08/2025

Con esta foto rematamos Agosto 2025!

Moitas gracias por confiar en nós 😊

Foi un vrao intenso, de moito traballo... pero tamén de compartir, coñecer e descubrir. Seguimos medrando en equipo.

👩🏼‍🦰 RA:
Xestionou as axendas o mellor posible dentro do aluvión de chamadas que tivemos 😅. Organizada, pendiente de que toda a documentación esté correctamente, recordando todas e cada unha das citas das 3 axendas, facturación... como xa vos contamos noutra ocasión: é a brúxula!

👩🏻‍🦱 CHUS:
Os linfedemas, patoloxía circulatoria e oncolóxica... non collen vacacións, por non falar de toda a patoloxía traumatolóxica e uroxinecolóxica que abordou con todo o cariño, como ela é: unha personiña atenta, cariñosa e ofrecendo o mellor sempre.

E por suposto mención especial ó descubrimento da nosa compañeira:

👱🏼‍♀️ ALBA:
Traballadora, responsable, curiosa e perfeccionista! Non se lle resiste unha rehabilitación con exercicio terapéutico, apasionada da fisioterapia invasiva e superándose con grandes retos na neuroloxía!

👩🏽 LUCÍA:
Coñeceu varios pequeniños (👶🏼🧒🏾👧🏼🧑🏽👧🏽👶🏼) con necesidades diferentes, tanto fisio neuroloxica, desenvolvemento motor ou patoloxía músculo esquelética en grandes e pequenos, exercicio terapéutico... (é máis difícil falar de min que das compañeiras 🤪)

Si chegache lendo hasta aquí... GRACIAS DE NOVO!

Seguimos intentando mellorar...pasiño a pasiño!

Aviso: xoves 17 e venres 18 de Abril o centro permanecerá pechado.Aproveitamos os festivos para descansar e repoñer forz...
16/04/2025

Aviso: xoves 17 e venres 18 de Abril o centro permanecerá pechado.

Aproveitamos os festivos para descansar e repoñer forzas, voltamos o Luns 😉!

🫣🤣

06/04/2025

Unha nai comparteu con nós este video. Ten un fillo con discapacidade e, como é lóxico, preocupalle a integración na sociedade.

¡Que interesante é a antropoloxía! ...¡e que xenial é que se movan mensaxes positivas!

ℹ️ En canto á CRANEOSINOSTOSE, canto antes se resolva, menos probabilidade haberá de presentar dificultades no desenvolvemento motor, afectación cerebral, etc...

🤔 Isto fíxonos recordar un caso dunha 👶🏽 de 9 meses: Os familiares coméntannos a importancia de difundir información para que se detecte de xeito precoz nos vindeiros casos. Polo que próximamente compartiremos o caso clínico por aqui 😊

¿Sorprendevos tanto como a nós canta info podemos sacar duns ósos?

Unha super deportista pero ainda mellor como amiga!😋 Queremoste Claudia  !👏🏽👏🏽👏🏽
03/03/2025

Unha super deportista pero ainda mellor como amiga!😋 Queremoste Claudia !👏🏽👏🏽👏🏽

A única supervivente do amateur Foz FSF que acadou a cima na escadra laranxa repasa a súa carreira e, case oito anos despois, confesa que deixou o fútbol sala «moi desgastada a nivel psicolóxico»

¡Como nos gustan os comezos! 🥰Hoxe empeza un ano novo, que desexamos veña cargado de boas novas 😉, planificar e proxecto...
01/01/2025

¡Como nos gustan os comezos! 🥰

Hoxe empeza un ano novo, que desexamos veña cargado de boas novas 😉, planificar e proxectos. Deixamosvos uns tips que poden axudar a que o 2025 vaia con saúde ☺️, os nosos propósitos... e sobretodo GRACIAS.

E isto é o máis importante:

GRACIAS POR CONFIAR EN NOS, de verdade que disfrutamos moito co noso traballo que o fin e o cabo é coidar de vos.

¡Por un 2025 cargadiño de boas cousas 🥂!

❤‍🩹

Feliz día de Nadal!O equipo de Area desexámosvos que estás fechas sexan agradables e que pouquiño a pouquiño os pasos vo...
25/12/2024

Feliz día de Nadal!

O equipo de Area desexámosvos que estás fechas sexan agradables e que pouquiño a pouquiño os pasos vos leven a cumplir soños CON SAÚDE.

Nos tamén pedimos un agasallo a 🎅🏼... e respondeunos que ¡chega o día 2!

¿¿¿¿ Queredes saber que 🧐 ????

🤞🏽

Dirección

Rúa Illa Nova, 32
Foz
27780

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:30 - 21:30
Martes 10:00 - 14:00
16:30 - 21:30
Miércoles 10:00 - 14:00
16:30 - 21:30
Jueves 10:00 - 14:00
16:30 - 21:30
Viernes 10:00 - 14:00
16:30 - 21:30

Teléfono

+34982885496

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro AREA, Fisioterapia e Osteopatía publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Centro AREA, Fisioterapia e Osteopatía:

Atajos

Compartir

Categoría