Fundación Deportiva Illa de Arousa

Fundación Deportiva Illa de Arousa A Fundación Deportiva de A Illa de Arousa xestiona, promove e organiza actividades e bens públicos de carácter deportivo.

🎉 O pasado venres despedimos as actividades deportivas do mes de xullo, poñendo o broche final a un mes cheo de deporte,...
03/08/2026

🎉 O pasado venres despedimos as actividades deportivas do mes de xullo, poñendo o broche final a un mes cheo de deporte, convivencia e bos momentos.

Grazas aos monitores e aos participantes por facer que este mes fose todo un éxito! E ás institucións colaboradoras que fan posible levar a cabo estas actividades gratuitas 💙

E hoxe… xa arrancamos coas actividades de agosto! 💪☀️ Agárdannos novas propostas, máis deporte e moitas ganas de seguir compartindo experiencias xuntos.
Queremos agradecer de corazón ás 75 persoas participantes por confiar en nós e por encher cada actividade de ilusión, esforzo e bo ambiente. Sen vós, nada disto sería posible

Seguimos en marcha! 🏃‍♀️🏃‍♂️

30/07/2026
🏃‍♀️🏃‍♂️ Regresa o Carreirón 10K!📅 Apunta a data: domingo 6 de setembro.As inscricións xa están abertas. Podes anotarte ...
30/07/2026

🏃‍♀️🏃‍♂️ Regresa o Carreirón 10K!

📅 Apunta a data: domingo 6 de setembro.

As inscricións xa están abertas. Podes anotarte descargando a aplicación App Saudeter Live ou a través de Sportmaniacs:
👉
https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/viii-carreiron-10k-illa-de-arousa

💥 Prezo reducido ata o 23 de agosto.
⏳ Peche de inscricións: 30 de agosto.

⚠️ Non o deixes para o último día! As prazas son limitadas e podes quedar sen a túa.

❤️ Este ano, ademais doutras colaboracións que iremos anunciando, 1 € de cada inscrición de adultos destinarase á Fundación Andrea, que apoia a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

Queremos agradecer a tódolos colaboradores que fan posible este evento e, moi especialmente, ao Concello da Illa de Arousa e á Agrupación de Mexilloeiros da Illa de Arousa, polo seu apoio durante todo o ano. O noso agradecemento tamén vai para os voluntarios e voluntarias, imprescindibles para facer realidade esta carreira.

🤝 Se queres colaborar connosco, podes contactar a través do correo [email protected] ou por WhatsApp no 662 300 391.

🏅 Non perdas a oportunidade de formar parte desta gran festa do deporte e asegura a túa praza!

📌 Lembramos que somos moi estritos tanto co límite de participantes como coa data de peche das inscricións:
• 350 prazas na carreira absoluta.
• 300 prazas nas carreiras infantís.
• Peche de inscricións: 30 de agosto.

Agardámoste na Illa de Arousa o 6 de setembro! 💙

Super orgullo!
06/07/2026

Super orgullo!

06/07/2026
06/07/2026

🔴 𝐒𝐈𝐋𝐕𝐈𝐀 𝐆𝐀𝐆𝐎 𝐄 𝐀𝐒 𝐒Ú𝐀𝐒 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐀Ñ𝐄𝐈𝐑𝐀𝐒 𝐂𝐎𝐋𝐆𝐀𝐍𝐒𝐄 𝐎 𝐁𝐑𝐎𝐍𝐂𝐄 𝐌𝐔𝐍𝐃𝐈𝐀𝐋 𝐍𝐀 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋 𝐃𝐎 𝐂𝟒 𝐗𝐔𝐕𝐄𝐍𝐈𝐋 𝐅𝐄𝐌𝐈𝐍𝐈𝐍𝐎 🥉🇪🇸

🔴 A isleña 𝐒𝐢𝐥𝐯𝐢𝐚 𝐆𝐚𝐠𝐨, deportista do Náutico O Muíño de Ribadumia, proclamouse este domingo medallista de bronce no Campionato do Mundo Xuvenil de Piragüismo formando parte da embarcación española do C4 feminino de 500 metros, que asinou unha extraordinaria terceira posición na gran final.

🔴 Xunto a 𝐒𝐢𝐥𝐯𝐢𝐚 𝐆𝐚𝐠𝐨 competiron 𝐀𝐥𝐛𝐚 𝐋𝐚𝐠𝐨 (Cidade de Pontevedra), 𝐈𝐫𝐞𝐧𝐞 𝐋𝐚𝐡𝐨𝐳 (Monkayak Iberus Zaragoza) e 𝐋𝐮𝐜í𝐚 𝐏𝐢𝐳𝐚𝐫𝐫𝐨 (Aranjuez), formando un cuarteto que realizou unha magnífica regata para deter o crono en 1:53.63, un tempo que lles valeu a medalla de bronce mundial.

🔴 O ouro foi para Canadá, que venceu cun tempo de 1:50.68, mentres que China conquistou a prata con 1:52.66. A embarcación española mantívose entre as mellores durante toda a proba e certificou un meritorio terceiro posto fronte ás grandes potencias internacionais.

🔴 O éxito ten tamén un marcado acento arousán e galego grazas á actuación de 𝐒𝐢𝐥𝐯𝐢𝐚 𝐆𝐚𝐠𝐨, natural da Illa de Arousa e integrante do Náutico O Muíño de Ribadumia, que continúa sumando éxitos internacionais. Ademais, a presenza de dúas deportistas vinculadas ao piragüismo galego no barco español volve poñer de manifesto o excelente momento que vive esta disciplina en Galicia.

🔴 A tripulación estivo dirixida polo adestrador 𝐀𝐧𝐭𝐨ñí𝐧 𝐌𝐨𝐥𝐢𝐧𝐚, culminando un campionato cun resultado que confirma o enorme potencial da xeración xuvenil do piragüismo español.

Parabéns a todas! Especialmente para a nosa padexeira Silvia Gago! 💪 🥉
06/07/2026

Parabéns a todas! Especialmente para a nosa padexeira Silvia Gago! 💪 🥉

🫵🏻𝐋𝐥𝐞𝐠𝐚𝐧 𝐩𝐢𝐬𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐟𝐮𝐞𝐫𝐭𝐞👟

🥉Debut soñado para Silvia Gago, Alba Lago, Irene Lahoz y Lucía Pizarro con el 🇪🇸

¡Medalla de BRONCE en C4 500!

Dirección

Isla De Arosa

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Teléfono

+34662300391

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fundación Deportiva Illa de Arousa publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Fundación Deportiva Illa de Arousa:

Compartir