SPAzo Namasté

SPAzo Namasté Centro de Naturopatía e terapias Naturais

Ás veces, volver a ti mesma comeza simplemente por parar. 🤍Parar as présas, respirar, escoitarte e lembrar que ti tamén ...
02/09/2026

Ás veces, volver a ti mesma comeza simplemente por parar. 🤍

Parar as présas, respirar, escoitarte e lembrar que ti tamén es importante.

Hai 7 anos abrín as portas de SPAzo Namasté, sen saber cantas historias, aprendizaxes e persoas formarían parte deste camiño.

Hoxe só podo sentir gratitude por cada persoa que confiou en min, por cada conversa, cada silencio, cada momento compartido e por todas as persoas que estiveron aí, directa ou indirectamente, facendo posible que este soño siga medrando. 🌿

Porque ás veces o verdadeiro benestar non consiste en facer máis, senón en parar e volver a ti.

Grazas por estes 7 anos. 🤍
Grazas por formar parte da historia de SPAzo Namasté.

Hai 7 anos abrín unha porta.Non sabía cantas historias entrarían por ela. 🤍Hoxe miro atrás e só podo sentir gratitude.Po...
31/08/2026

Hai 7 anos abrín unha porta.

Non sabía cantas historias entrarían por ela. 🤍

Hoxe miro atrás e só podo sentir gratitude.

Polas persoas que confiaron en min, polas historias compartidas, polas aprendizaxes, polos momentos difíciles e por todos os momentos bonitos.

7 anos de SPAzo Namasté.

Grazas por formar parte desta historia. 🌿

Corpo · mente · emoción · alma

Este venres reunímonos con Ana e Jose no Areal de Berres 🌿✨Un encontro para parar, respirar e simplemente sentir.🧘‍♀️ Me...
23/08/2026

Este venres reunímonos con Ana e Jose no Areal de Berres 🌿✨

Un encontro para parar, respirar e simplemente sentir.

🧘‍♀️ Meditación
🎶 Música en directo
🌿 Natureza
💫 Vibración e presenza

Deixámonos acompañar polos sons da natureza: o río, a auga, os paxariños… 🌊🐦

Un espazo para escoitar o que o noso corpo, a nosa emoción e a nosa propia vibración necesitan sentir e escoitar neste momento.

Sen présa. Sen expectativas.
Só estando presentes. 🤍

Porque ás veces, cando paramos… é cando realmente comezamos a escoitarnos. 🌿✨

Consciencia CorpoMenteEmociónAlma

20/07/2026

✨ GRACIAS, GALICIA CON ALMA ✨

Este sábado tuvimos el privilegio de formar parte de Galicia con Alma, una jornada llena de encuentros, aprendizaje, bienestar y personas maravillosas.

Queremos dar las gracias de corazón a todas las personas que os acercasteis a nuestro stand, compartisteis un momento con nosotros, confiasteis en nuestro trabajo y nos regalasteis vuestra sonrisa. Cada conversación, cada abrazo y cada muestra de cariño nos recuerdan por qué amamos lo que hacemos.

Un agradecimiento muy especial a Sonia Carbón, por hacer posible un evento tan bonito, cuidado y lleno de esencia. Gracias por tu dedicación, tu esfuerzo y por crear un espacio donde tantos profesionales podemos compartir nuestra pasión y seguir creciendo juntos.

Nos volvemos a casa con el corazón lleno, nuevas conexiones y mucha ilusión por todo lo que está por venir.

¡Gracias por acompañarnos en este camino! 💚✨

23/06/2026

🌿🌸✨ A Noite das Meigas de San Xoán ✨🌸🌿

Din as lendas galegas que na noite de San Xoán 🌙🔥, cando o sol alcanza a súa máxima forza e a maxia envolve os montes e os ríos, as meigas boas 🌿🧙‍♀️ saen dos seus recunchos secretos para recoller as herbas máis poderosas da natureza.

🌼 Herba Luísa
🌿 Fiúncho
🌸 Malva
🌱 Romero
💛 Hipérico
🌺 Rosa silvestre

Co orballo da mañá ✨💧 e a enerxía desta noite especial, preparan a auga de San Xoán, un antigo ritual galego que simboliza a purificación, a protección e a renovación da alma.

🔥 As fogueiras iluminan os camiños.
🌿 Os aromas das herbas enchen o aire.
🌙 Os desexos viaxan co vento.
✨ E os corazóns ábrense á esperanza.

Nesta noite máxica, Galicia vístese de lenda, tradición e misterio. Dise que quen respecta a natureza e escoita o seu murmurio pode recibir un agasallo das meigas: paz no corazón 💚, abundancia 🌾 e luz no seu camiño 🌟.

🌸🌿 Feliz Noite de San Xoán 🌿🌸
Que a maxia das herbas, a forza do lume 🔥 e a sabedoría das antigas meigas galegas 🧙‍♀️✨ acompañen cada paso do teu camiño. 💫💚

🌟 EVENTO ÚNICO EN GALICIA 🌟Xa temos cartel con todos os poñentes!!📅 O vindeiro *18 de xullo*, A Estrada converterase no ...
23/06/2026

🌟 EVENTO ÚNICO EN GALICIA 🌟

Xa temos cartel con todos os poñentes!!

📅 O vindeiro *18 de xullo*, A Estrada converterase no punto de encontro de persoas chegadas de toda España para participar nun evento de gran impacto, pensado para quen busca crecer, aprender e ampliar a súa visión sobre a vida.

✨ Ao longo da xornada contaremos con ponencias de expertos e profesionais de diferentes ámbitos:

🔮 Astroloxía
🥗 Alimentación consciente
🗣️ Comunicación
💫 Desenvolvemento persoal
🧘 Presenza e autocoñecemento
💖 Corpo, mente e alma

🎤 Xa temos varios ponentes confirmados, pero aínda quedan *poñentes sorpresa* por anunciar que farán deste evento unha experiencia aínda máis especial.

🎁 E moitas máis sorpresas que iremos descubrindo ao longo da xornada.

🪷 *SPAZO NAMASTÉ* estará presente formando parte deste gran evento, xunto con outros comercios e profesionais da Estrada e arredores.

📍 Lugar: A Estrada
📅 Data: 18 de xullo

✨ Será unha oportunidade única para vivir unha experiencia diferente, enriquecedora e chea de aprendizaxes, conexións e inspiración.

https://entradium.com/events/galicia-con-alma-18-de-julio-2026

🧘‍♀️💭 Cantas veces intentaches meditar e acabaches pensando na lista da compra, no que tes que facer mañá ou nunha conve...
20/06/2026

🧘‍♀️💭 Cantas veces intentaches meditar e acabaches pensando na lista da compra, no que tes que facer mañá ou nunha conversa de hai tres días? 😅

Se che pasa, tranquila 💕. Non significa que o esteas facendo mal.

🌿 Meditar non é deixar a mente en branco.
🌿 Non é deixar de pensar.
🌿 É aprender a volver ao momento presente unha e outra vez, con paciencia, cariño e sen esixencias.

✨ A boa noticia é que non necesitas horas nin facelo perfecto para empezar a notar os seus beneficios.

💚 Uns poucos minutos ao día poden axudarche a:
✔️ Reducir o estrés.
✔️ Mellorar a concentración.
✔️ Sentir máis calma emocional.
✔️ Conectar contigo mesma.
✔️ Vivir con máis presenza e benestar.

👉 Desliza e descubre que é realmente meditar e como podes empezar hoxe mesmo.

🌸 En SPAzo Namasté acompañámoste no teu camiño cara ao equilibrio, a calma e o benestar.

📲 Pide a túa cita:
☎️ 622 864 371

💖 Regálate ese tempo que tantas veces dedicas ás demais persoas.

🌿 SPAzo Namasté
📍 Un espazo para volver a ti.

✨ As Crenzas que Escriben a Túa Vida ✨Sabías que as túas crenzas son o guión da túa propia historia? Dende que nacemos, ...
18/06/2026

✨ As Crenzas que Escriben a Túa Vida ✨

Sabías que as túas crenzas son o guión da túa propia historia? Dende que nacemos, o noso “libro en branco” comeza a encherse con palabras, mensaxes e experiencias que, moitas veces, non son nosas, senón froito do noso entorno.

Pero a boa noticia é que ti es a autora da túa historia! Non estamos condenados polas crenzas limitantes que nos frean e nos impiden avanzar. Podemos transformalas en crenzas construtivas que nos impulsen, nos fortalezcan e nos abran camiños cara a unha vida plena e chea de potencial.

En SPAzo Namasté, acompañámoste nesa viaxe de autodescubrimento e transformación. Axudámoste a reescribir ese libro, a cambiar o que te limita por aquilo que te empodera, para que poidas crear a vida que realmente desexas vivir.

É o momento de tomar conciencia, cuestionar, transformar e actuar. O teu mellor capítulo está por escribir, e nós estamos aquí para guiarte.

👉 Pide a túa cita en Namasté e comeza hoxe a deseñar a túa propia historia!

Este ano cumpro 18 anos como quiromasaxista.Botando contas, realicei aproximadamente máis de 23.000 masaxes.Cando vin a ...
16/06/2026

Este ano cumpro 18 anos como quiromasaxista.

Botando contas, realicei aproximadamente máis de 23.000 masaxes.

Cando vin a cifra impresionoume, pero o certo é que detrás dela hai moito máis ca un número.

Son miles de encontros, de historias compartidas en silencio, de emocións que atoparon un espazo seguro e de confianza depositada entre as miñas mans.
Desde moi nova tiña un soño: crear un espazo propio, un lugar cheo da miña enerxía, a miña alma, a miña ilusión e a miña forma de entender o benestar.

Antes de que nacese SPAzo Namasté percorrin Galicia traballando nalgúns dos balnearios, spas, centros de masaxe, albergues e paradores máis recoñecidos. Fixen moitos quilómetros de coche e moitos quilómetros de pel.

Tiven o privilexio de traballar con todo tipo de persoas, aprendendo de cada experiencia, de cada historia e de cada corpo que pasou polas miñas mans.

Coa chegada da maternidade sentín que era o momento de botar raíces. De deixar de percorrer camiños para crear o meu propio fogar profesional.

Así naceu SPAzo Namasté.

Un espazo creado con amor, luz e propósito.

Pero se algo acompañou cada paso deste camiño foi a formación.

Sempre sentín que nunca sei o suficiente, porque soster a unha persoa entre as mans é unha gran responsabilidade. Ás veces chega con dor física. Outras veces con cansazo emocional. Outras con feridas invisibles da alma.

Por iso nunca deixei de estudar.

Durante estes 18 anos dediquei máis de 2.592 horas a seguir formándome para ofrecer o mellor de min a cada persoa que entra pola porta.

E despois de todo este tempo, os meus valores seguen sendo os mesmos:

Escoitar con todos os meus sentidos.
Ver coas miñas mans.
Palpar coa alma.
Sentir co corazón.

Grazas a todas as persoas que confiastes en min durante estes 18 anos.

Cada masaxe deixou pegada na vosa vida, pero tamén na miña. ❤️

14/06/2026

GRAZAS ❤️

Grazas a todas as mulleres que hoxe compartistes connosco a vosa ilusión, a vosa confianza e o voso sorriso.

E grazas de corazón a Sensualtissé, especialmente a Cristina e a Eva, por volver daro todo unha vez máis. Pola vosa profesionalidade, pola vosa entrega e por poñer tanto amor e tanta luz ao servizo de tantas mulleres.

Porque cada corpo é único, cada historia é diferente e cada muller merece sentirse cómoda, segura e fermosa.

Hoxe volvemos comprobar que si se pode, que hai solución para todo tipo de corpos e que, cando atopamos a talla axeitada, cambia moito máis ca unha peza de roupa: cambia a forma de verse e de sentirse.

Grazas por acompañarnos neste día tan especial. ✨

Seguimos creando espazos onde as mulleres se senten escoitadas, comprendidas e valoradas.

Confianza BelezaReal SPAzoNamasté

Dirección

Rúa Gradín Nº1, Local 2 A EStrada , Pontevedra
La Estrada
36680

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando SPAzo Namasté publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a SPAzo Namasté:

Atajos

Compartir

Categoría