Humanización Oncoloxía Lugo

Humanización Oncoloxía Lugo Este é o espazo de Humanización do Servizo de Oncoloxía de Lugo.

Ao longo do ano compartimos charlas, obradoiros e encontros pensados para acompañar ás persoas durante o proceso oncolóxico.

22/06/2026

Queremos que coñezas todo o que facemos en Onco Lucus.

Nas nosas redes compartimos as actividades do programa, charlas, recursos e información de interese para pacientes oncolóxicos e persoas coidadoras.

Podes seguirnos en:

Facebook: Humanización Oncoloxía Lugo
Instagram: .lucus
YouTube: humanizacion.oncolugo

Séguenos para estar ao día de todo o que temos preparado.

Onte tivemos a sesión centrada na oncoestética e no papel que pode ter no benestar das persoas durante o proceso oncolóx...
11/06/2026

Onte tivemos a sesión centrada na oncoestética e no papel que pode ter no benestar das persoas durante o proceso oncolóxico.

Da man do equipo da Clínica Álvarez , falamos de coidados de recomendacións adaptadas a cada fase do tratamento e da importancia de acompañar tamén desde a imaxe, a autoestima e o coidado persoal.

Grazas a Mª Jesús Álvarez, Magdalena Pereiro e Iria Cobos por compartir a súa experiencia, e grazas a todas as persoas que nos acompañastes presencialmente e online.

Seguimos creando espazos para informar, acompañar e coidar 💛

✨ Sesión formativa gratuíta: OncoestéticaNesta sesión contaremos con Mª Jesús Álvarez, cirurxiá estética, e coas doutora...
07/06/2026

✨ Sesión formativa gratuíta: Oncoestética

Nesta sesión contaremos con Mª Jesús Álvarez, cirurxiá estética, e coas doutoras Magdalena Pereiro e Iria Cobos, médicas de atención primaria e máster en Medicina Estética. As tres forman parte da .dra.alvarez

Falaremos de como a oncoestética pode axudar a mellorar o benestar e a autoestima durante o tratamento oncolóxico, sempre desde un enfoque seguro, personalizado e adaptado a cada persoa.

Abordaranse cuestións como o coidado da pel, os efectos secundarios cutáneos, a prevención e tratamento de cicatrices e linfedema, así como recomendacións estéticas adaptadas a cada fase do proceso.

📅 10 de xuño
🕔 17:00 h
📍 La Ferretería Eventos & Co · Rúa San Froilán, 11 baixo
💻 Presencial e tamén en formato online

Hai uns días tivemos a sesión “Coñecer para coidar: abordaxe do linfedema tras o cancro de mama”.Da man de Rubén Vázquez...
04/06/2026

Hai uns días tivemos a sesión “Coñecer para coidar: abordaxe do linfedema tras o cancro de mama”.

Da man de Rubén Vázquez, fisioterapeuta, puidemos comprender mellor que é o linfedema, como se aborda e que coidados poden axudar a mellorar o benestar e a calidade de vida.

Un encontro para resolver dúbidas, compartir información útil e seguir acompañando desde o coñecemento e o coidado.

Grazas a todas as persoas que participastes 💛

Este luns terá lugar no Hospital Da Mariña un evento que nos axudará a ter ferramentas de regulación emocional no proces...
31/05/2026

Este luns terá lugar no Hospital Da Mariña un evento que nos axudará a ter ferramentas de regulación emocional no proceso oncolóxico.

Unha actividade que consta de dúas sesións: luns 1 de xuño e 15 de xuño cunha duración de 2 horas impartida por Marta Valés ( ) que xa leva uns aniños con nós en Lugo impartindo estos talleres.

Anímamosvos a que participedes nestas sesións que farán que cambiedes a forma que temos de vela vida.

✨ Coñecer para coidar: abordaxe do linfedema tras o cancro de mamaNesta sesión contaremos con Rubén Vázquez, fisioterape...
20/05/2026

✨ Coñecer para coidar: abordaxe do linfedema tras o cancro de mama

Nesta sesión contaremos con Rubén Vázquez, fisioterapeuta, que nos axudará a comprender mellor o linfedema e a súa abordaxe tras un cancro de mama.

Un encontro para resolver dúbidas, coñecer ferramentas prácticas e aprender máis sobre prevención, coidados e acompañamento, poñendo o foco no benestar e na calidade de vida.

💻 Presencial e tamén en formato online

📅 26 de maio
🕔 17:00 h

Presencial:
📍 La Ferretería Eventos & Co · Rúa San Froilán, 11 baixo

Segue a sesión online:
tinyurl.com/oncolucus

Un espazo para comprender, acompañar e coidar.

Hai uns días vivimos unha tarde moi especial co obradoiro “Páxinas de benestar”.Da man de  , puidemos descubrir e probar...
27/04/2026

Hai uns días vivimos unha tarde moi especial co obradoiro “Páxinas de benestar”.

Da man de , puidemos descubrir e probar en directo diferentes ideas de almorzos e merendas saudables, aprendendo xuntos pequenas propostas para coidar a alimentación no día a día.

Contamos tamén coa presenza da nutricionista e da oncóloga Laura Ferreira, que nos acompañaron durante a sesión achegando recomendacións e claves prácticas.

Ademais, coincidindo co Día do Libro, os asistentes levaron un pequeno detalle: un marcapáxinas para seguir sumando páxinas de benestar 💛

Grazas a todas as persoas que participastes.

Páxinas de benestar: almorzo saudable e nutritivo ✨é un obradoiro pensado para descubrir como comezar o día con enerxía ...
16/04/2026

Páxinas de benestar: almorzo saudable e nutritivo ✨é un obradoiro pensado para descubrir como comezar o día con enerxía e coidado a través da alimentación, da man de

📚No marco do Día do Libro, abrimos un espazo onde a saúde e o coñecemento se atopan para aprender ideas de almorzos equilibrados e adaptados a pacientes oncolóxicos.

✨A través de recomendacións sinxelas e nutritivas, exploraremos opcións que axuden a mellorar o benestar diario. Porque cada pequeno hábito saudable tamén pode ser unha páxina máis no camiño cara ao coidado persoal.

Vén aprender e compartir esta tarde connosco. Haberá un pequeno detalle polo Día do Libro 😊

📅 23 de abril
🕔 17:00 h
📍 La Ferreteria Eventos - Rúa San Froilán 11,
✔️Actividade presencial

📲 Inscricións: 629 322 159
✉️ [email protected]

Agardámoste💛

Sesión “Vida plena: perspectivas humanizadoras en coidados paliativos”, impartida por Arantza García, coordinadora de Ho...
16/04/2026

Sesión “Vida plena: perspectivas humanizadoras en coidados paliativos”, impartida por Arantza García, coordinadora de Hospitalización a Domicilio do HULA.

Durante a charla reflexionamos sobre o que significa ter unha vida plena, sobre o medo e a vulnerabilidade que xera un diagnóstico grave, e sobre como os coidados paliativos ofrecen un modelo de atención integral —físico, emocional, social e espiritual— centrado na persoa e na súa familia. Falamos tamén do valor do acompañamento compasivo, da importancia de non vivir de costas á morte e de como o sufrimento compartido pesa menos.

Se non puidestes acompañarnos, podedes ver a charla completa neste enlace:

https://youtube.com/live/fZZ1JWRzjo8?feature=share

✨ Vida plena: perspectivas humanizadas en coidados paliativosNesta sesión contaremos con Arantza García, coordinadora de...
07/04/2026

✨ Vida plena: perspectivas humanizadas en coidados paliativos

Nesta sesión contaremos con Arantza García, coordinadora de Hospitalización a Domicilio do HULA, que nos falará sobre a importancia da humanización nos coidados paliativos.

Unha charla para achegarnos a diferentes enfoques e perspectivas que axudan a mellorar a calidade de vida das persoas, poñendo o foco no acompañamento, o respecto e o coidado en cada etapa do proceso.

📅 14 de abril · 17:00 h
📍 San Froilán 11,bajo
💻 Presencial e tamén en formato online

Seguir en directo:
https://youtube.com/.oncolugo

Dirección

Lugo
27001

Teléfono

+34629322159

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Humanización Oncoloxía Lugo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Humanización Oncoloxía Lugo:

Atajos

Compartir

Categoría