03/11/2026
🌱🤝 Renovamos o noso compromiso co desenvolvemento do rural galego!
O Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) asinamos hoxe un novo convenio de colaboración para poñer en marcha a XXVII edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.
No acto, celebrado en Lugo, participaron a nosa presidenta, Carlota López Pardo, e a reitora da USC, Rosa María Crujeiras Casais.
Con esta nova edición seguimos apoiando e dando visibilidade a iniciativas que impulsan a innovación, a actividade económica e a creación de oportunidades no rural galego.
📅 O prazo para presentar candidaturas estará aberto dende hoxe mesmo ata o 18 de decembro.
🔗 Consulta toda a información e as bases do premio en aresa-agricola.com