Asociación AGORA para persoas con discapacidade

Asociación AGORA para persoas con discapacidade Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Asociación AGORA para persoas con discapacidade, Calle CARUD 142 BAJO, Monforte de Lemos.

Somos una Asociación sin ánimo de lucro con el objetivo de promover los derechos y la integración social de las personas con discapacidad de la comarca de Monforte de Lemos y alrededores.

Estamos en plenas vacacións🏖️ pero seguimos tendo boas novas📰 que hoxe queremos compartir con todos. Nesta ocasión quere...
12/08/2026

Estamos en plenas vacacións🏖️ pero seguimos tendo boas novas📰 que hoxe queremos compartir con todos. Nesta ocasión queremos comunicar que Asociación AGORA para persoas con discapacidade acaba de recibir un novo vehículo adaptado que se suma a flota de transporte🚍, destinada a facilitar os desprazamentos das persoas que participan nos servizos do Centro de Atención Diúrna e das Vivendas tuteladas que xestionamos e dan resposta na Comarca de Lemos.

Trátase dunha Volkswagen Caddy Maxi 2.0 DSG de seis prazas e adaptada a persoas con mobilidade reducida🧑‍🦼‍➡️, que permitirá mellorar as necesidades de mobilidade das persoas do centro e vivendas, facilitando o seu acceso a actividades, servizos e recursos da comunidade.

A adquisición deste vehículo foi posible grazas aos fondos procedentes do 0,7 % do , recadados a través das achegas das persoas contribuíntes que marcardes❌ o recadro 106, correspondente ás Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social, coñecida como X Solidaria. Estes fondos, xestionados pola Xunta de Galicia, permiten financiar proxectos que contribúen á mellora dos servizos e equipamentos das entidades do terceiro sector.

A incorporación do novo vehículo realizouse, ademais, a través de Cualicar, un centro especial de emprego de Cogami Empresarial, contribuíndo deste xeito ao apoio de iniciativas empresariais que favorecen a inclusión laboral das persoas con discapacidade.

Este novo vehiculo permitirá mellorar as condicións de seguridade, accesibilidade e confort durante os desprazamentos, ao tempo que favorecerá a autonomía persoal e a participación social das persoas con discapacidade.

Con esta actuación, en Asociación AGORA para persoas con discapacidade continuamos avanzando na modernización dos recursos e na adaptación dos servizos, reforzando o noso compromiso coa accesibilidade, a autonomía persoal, a inclusión social e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade na Comarca de Lemos.

Podedes ampliar información desta nova premendo no enlace 👇👇👇

A adquisición, financiada con fondos do 0,7 % do IRPF, permitirá facilitar os desprazamentos desde o centro de atención diúrna e as vivendas tuteladas da entidade

Hai uns días Cualicar fixo entrega dun vehículo adaptado á Asociación AGORA para persoas con discapacidade, contribuíndo...
31/07/2026

Hai uns días Cualicar fixo entrega dun vehículo adaptado á Asociación AGORA para persoas con discapacidade, contribuíndo a mellorar os desprazamentos das persoas usuarias e reforzando a súa autonomía e participación na comunidade. Dito vehículo foi recepcionado polo noso Vicepresidente Mario Diaz
Este investimento foi posible cos fondos da na declaración da renda que xestiona a Xunta de Galicia
Un exemplo de como a colaboración entre entidades pode transformar a mobilidade en oportunidades para as persoas.
👉 Coñece todos os detalles nesta nova que vos ampriremos en próximos días

La empresa de COGAMI Empresarial realizó la adaptación y homologación de una Volkswagen Caddy Maxi para la asociación Agora, reforzando su servicio especializado en soluciones de movilidad accesible para personas con movilidad reducida.

✨🌈 O Festival de la Luz volve prender Boimorto… e este ano a luz brilla con máis forza ca nunca! 🌈✨Hai festivais que se ...
30/07/2026

✨🌈 O Festival de la Luz volve prender Boimorto… e este ano a luz brilla con máis forza ca nunca! 🌈✨

Hai festivais que se escoitan… e hai festivais que se senten. 💛
O Festival de la Luz non só trae música, festa e boas vibras: trae tamén solidariedade, porque este ano toda a recadación irá destinada a COGAMI entidade da que Asociación AGORA para persoas con discapacidade é membro. A recaudación apoia unha causa que nos lembra algo moi importante: a música une, pero a inclusión transforma. 🎶🤝

Así que xa sabes… prepara as ganas de bailar, cantar, rir e desfrutar, porque en Boimorto vai haber máis estrelas no escenario ca no ceo. ⭐

📝Anota datas para reservar e desfrutar os dias 28, 29 e 30 de agosto

Ven pola música, queda pola festa e polo ambiente…porque cando a luz é compartida… chega moito máis lonxe. ✨

📍Boimorto
🎵 Festival da Luz
💛 Música + festa + solidariedade = o plan perfecto

Temos moi boas novas en Asociación AGORA 🥳💻Máis tecnoloxía, máis formación e máis oportunidades.En AGORA vimos de renova...
23/07/2026

Temos moi boas novas en Asociación AGORA 🥳
💻Máis tecnoloxía, máis formación e máis oportunidades.
En AGORA vimos de renovar o equipamento informático e mobiliario, incorporando novas ferramentas dixitais e poñendo en marcha un novo taller prelaboral de limpeza🧽🪣 para seguir promovendo a autonomía e a inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade da comarca de
Este investimento foi posible cos fondos da na declaración da renda que xestiona a Xunta de Galicia
Ampliación da noticia premendo no seguinte enlace 👇👇👇
https://www.cogami.gal/difusion/sala-de-prensa/novas-cogami-social/a-asociacion-agora-renova-equipamentos-e-crea-un-taller-prelaboral-para-reforzar-a-autonom/?fbclid=IwY2xjawTPBOhleHRuA2FlbQIxMQBzcnRjBmFwcF9pZBAyMjIwMzkxNzg4MjAwODkyAAEeN3sPxN53q0j_c_Y7BTdyFYz4_8Wxar4lNrVGllEQNOiW2SA60wJsqR8A5vA_aem_7HEIK_NR4SSvp_FuyA5HHg

Estas melloras son posibles a través da financiación dos fondos do 0,7 % do IRPF que xestiona a Xunta de Galicia, coñecida como a X Solidaria.

🌊😎 Maletas feitas, ganas a tope e moitas experiencias por vivir! 😎🌊En Asociación AGORA estes días un grupo de persoas do...
19/06/2026

🌊😎 Maletas feitas, ganas a tope e moitas experiencias por vivir! 😎🌊

En Asociación AGORA estes días un grupo de persoas dos nosos centros está desfrutando duns merecidos días de lecer na zona de Poio. E cando dicimos desfrutar, falamos de praia, visitas á lonxa, descubrindo os segredos do acuario, paseos en catamarán pola ría (probando mexillóns) e, sobre todo, de compartir momentos, risas e novas aventuras para recordar.

Porque si, o ocio tamén importa. E moito. Todas as persoas teñen dereito a g***r do seu tempo libre, a coñecer lugares novos, a vivir experiencias diferentes e a crear recordos que quedan para sempre. O lecer non é un luxo, é unha parte esencial dunha vida plena e participativa. E o máis importante un ocio accesible que permita que tódalas persoas poidan disfrutar das actividades en igualdade de condicións.

Detrás desta saída hai tamén un equipo de profesionais que, coa súa dedicación, esforzo e compromiso, fan posible que todo saia sobre rodas. Grazas por acompañar, apoiar e facer que cada actividade se converta nunha oportunidade para aprender, compartir e pasalo ben.

Mentres seguimos enchendo a galería do móbil de fotos e o corazón de bos momentos, reivindicamos algo moi sinxelo: máis oportunidades, máis inclusión e máis espazos para que todas as persoas poidan g***r do ocio en igualdade de condicións.

Porque a vida tamén se mide en experiencias. E destas estamos a sumar unhas cantas! 💙✨

Aquí tedes algunhas fotiños dos bos momentos e tempo que estamos pasando 👇🏻👇🏻👇🏻

Asociación AGORA para persoas con discapacidade  participa na ###VI Asemblea Ordinaria de COGAMI Hoxe participamos na XX...
05/06/2026

Asociación AGORA para persoas con discapacidade participa na ###VI Asemblea Ordinaria de COGAMI

Hoxe participamos na ###VI Asemblea Ordinaria da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, , entidade da que formamos parte como membro activo dentro do movemento asociativo galego da discapacidade.

Durante esta xornada, se fará un repaso da actividade desenvolvida pola Confederación ao longo do último exercicio, avaliando o traballo realizado na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade, a accesibilidade, a formación, o emprego e a participación social.

A Asemblea constitúe ademais un espazo de encontro e reflexión no que as entidades compartimos experiencias, analizamos os retos actuais e reforzamos o compromiso común de seguir avanzando cara a unha sociedade máis participativa, igualitaria e accesible para tódalas persoas.

Desde Asociación AGORA valoramos moi positivamente formar parte dunha organización que agrupa a máis de 50 entidades de toda Galicia e que representa unha voz fundamental na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade e das súas familias.

Seguimos traballando, xunto ao resto das entidades de COGAMI, para construír unha sociedade na que a inclusión, a igualdade de oportunidades e a participación plena sexan unha realidade.

Parabéns polo traballo

✅Son moitas as historias   que fas posible cando marcas a  Grazas a quenes marcaron a   na declaración da renda Asociaci...
20/05/2026

✅Son moitas as historias que fas posible cando marcas a
Grazas a quenes marcaron a na declaración da renda
Asociación AGORA para persoas con discapacidade realizará diferentes investimentos que permitirán mellorar as instalacións do seu Centro de Día, da área Ocupacional e das Vivendas Tuteladas.
Tamén contará con novo equipamento informático para mellorar o uso das TICs e implementar nas terapias e actividades que se levan a cabo.
E tamén imos a adquirir un novo vehículo adaptado para mellorar a movilidade das persoas con discapacidade.
Estes proxectos son posibles co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do da declaración da renda, xestionados dende COGAMI
O teu ❌ pode cambiar a vida de moitas persoas!
👉Xa dispoñible na da túa declaración da renda.
🔥Este ano fai .


A Asociación AGORA para persoas con discapacidade  participou un ano máis no Concurso dos Maios🏵🌸🌹🌼 con dúas composición...
07/05/2026

A Asociación AGORA para persoas con discapacidade participou un ano máis no Concurso dos Maios🏵🌸🌹🌼 con dúas composicións florais, nunha edición marcada pola gran participación e pola enorme creatividade de todos os colectivos e participantes.

Estamos moi felices de ter conseguido un 1º premio, pero para nós o verdadeiro recoñecemento foi ver a admiración de tódalas persoas que se achegaron a contemplar as composicións florais e tamén como non, poder desfrutar dos traballos e das coplas do resto de participantes.

Queremos agradecer o traballo, a ilusión e a implicación de tódalas persoas que colaboraron para facer posible estas composicións, así como dar os nosos parabéns ao resto de participantes polo gran nivel amosado neste ano.

Seguiremos traballando con ganas para manter viva esta tradición tan especial e enchendo as rúas de cor, creatividade e cultura popular para celebrar a chegada da primavera

Coma sempre aqui deixamos algunhas fotiños do noso traballo, agardamos que o disfrutedes tanto coma nós o facelos 👇👇👇👇

Dirección

Calle CARUD 142 BAJO
Monforte De Lemos
27400

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 18:00
Martes 10:00 - 18:00
Miércoles 10:00 - 18:00
Jueves 10:00 - 18:00
Viernes 10:00 - 18:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación AGORA para persoas con discapacidade publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir