01/10/2026
Hai palabras que chegan moi dentro… 🤍
Despois dunha das nosas sesións de reflexoloxía, recibín esta mensaxe dunha clienta coa que levo xa un tempo traballando.
Lin as súas palabras e emocioneime.
Non só polo cariño co que están escritas, senón polo que significan para min.
Ás veces, no día a día, non somos conscientes do que pode representar para outra persoa un momento de escoita, de calma ou simplemente un espazo no que poder ser ela mesma.
Para min, a reflexoloxía vai máis alá de traballar os pés. Gústame escoitar, acompañar e respetar os tempos de cada persoa.
E recibir unha mensaxe así faime sentir que estou no camiño que quero seguir.
Porque ela está facendo o seu propio camiño, cos seus pasos e os seus descubrimentos. E poder acompañala nun anaquiño dese percorrido é un regalo para min.
Grazas de corazón pola túa confianza, por estas palabras tan bonitas e por permitirme compartilas. ❤️