Fisionicra

Llamar Cómo llegar Página web

Fisionicra Centro de fisioterapia e osteopatía. Especialistas en fisioterapia rexenerativa. Bomba diamagnética e ondas de choque diamagnéticas

R. Sanitario C-15-004144

Toda historia comeza con “érase unha vez”, pero no noso caso non foi exactamente así, pero si podemos afirmar que comezamos con moita ilusión e forza. Antes de continuar, mellor presentarnos, somos Carmela, Noelia e Laura, fisioterapeutas e cabezas pensantes do mundo Fisionicra. Cos nosos máis e cos nosos menos, e no bo e no malo, conssguimos levar a cabo o que nos parecía imposible nalgúns momentos, non nos engañemos. Contamos con moita, moitísima axuda, e estamos agradecidas de todo corazón aos que aportachedes un graniño de area. Esperamos que compartades a mesma ilusión que compartimos nós polo noso traballo, porque a vosa saúde é a nosa prioridade!

Laura foi a última en incorporarse ao noso trío calavera. Aínda que chegou despois, hoxe xa é unha peza fundamental do e...
26/06/2026

Laura foi a última en incorporarse ao noso trío calavera.

Aínda que chegou despois, hoxe xa é unha peza fundamental do equipo. Quen a coñecedes sabedes que é tranquila, paciente e desas persoas que escoitan de verdade.

É a encargada de impartir Pilates Terapéutico dende os seus inicios na clínica, e unha gran defensora da fisioterapia activa, repetindo e repetindo a importancia de moverse e permanecer activo, con paciencia, evidencia científica, exercicio e acompañamento, sempre hai marxe para mellorar.

Ademais, se algunha vez vos preguntastes quen está detrás de moitas das fotos, vídeos, publicacións e historias que vedes por aquí… xa tedes a resposta, é ela. As redes sociais da clínica tamén forman parte do seu día a día, igual que a punción seca, a osteopatía…

Como curiosidade, sigue “experimentando” en 🐕 e 🐴, a ver en que acaba todo 😜.

Nº de Rexistro Sanitario C-15-004144

Noelia forma parte do equipo Fisionicra dende o primeiro día. É unha das integrantes do noso trío calavera. É inquieta, ...
22/06/2026

Noelia forma parte do equipo Fisionicra dende o primeiro día. É unha das integrantes do noso trío calavera.

É inquieta, constante, esixente consigo mesma, desas persoas ás que lles gusta entender o porqué das cousas. Cando aparece un problema, non para ata atopar unha explicación, unha solución ou unha nova forma de axudar 😅.

Sempre ten algún curso entre mans, algunha idea nova na cabeza ou algún proxecto no que seguir aprendendo. Ata que nos convenceu para adquirir a bomba e as ondas de choque non parou! 😜, e debemos recoñecer que canta razón tiña!

Sen dúbida o que máis valoramos dela é a implicación. Coa clínica, cos pacientes e co equipo. Sempre intentando dar o mellor de si mesma e facendo que todo avance un pouco máis.

E, por se isto fose pouco, tamén é a responsable de que nunca falten biscoitos, galletas ou algunha sobremesa caseira na clínica.

Nº de Rexistro Sanitario C-15-004144

Se tivésemos que escoller unha persoa que coñece absolutamente toooodo o que pasa en Fisionicra, é ela,  Luisa. Para moi...
19/06/2026

Se tivésemos que escoller unha persoa que coñece absolutamente toooodo o que pasa en Fisionicra, é ela, Luisa.

Para moitos de vós é a primeira voz que escoitades ao teléfono e a primeira persoa que vos recibe cando chamades ou entrades pola porta. Para nós é moito máis que iso.

É quen consegue facer aparecer ocos onde parecía imposible, quen se preocupa porque todo estea organizado, quen nos recorda o que se nos esquece e quen mantén a clínica funcionando cando o ritmo aperta.

A súa chegada supuxo un antes e un despois. Grazas a ela puidemos deixar de estar pendentes do teléfono, das citas e de mil pequenas tarefas para centrarnos no que mellor sabemos facer: coidar dos nosos pacientes.

Seguimos intentando convencela para que se quede a vivir na clínica, pero polo de agora aínda non tivemos éxito 😜

Grazas por coidarnos tanto.

Nº de Rexistro Sanitario C-15-004144

Como sempre dicimos, Carmela é, probablemente, o equilibrio perfecto dentro do noso pequeno trío calavera 💚Ten esa capac...
15/06/2026

Como sempre dicimos, Carmela é, probablemente, o equilibrio perfecto dentro do noso pequeno trío calavera 💚

Ten esa capacidade de transmitir calma, escoitar sen présa e facer que todo pareza un pouco máis sinxelo do que parecía ao entrar pola porta, dando confianza incluso nos momentos máis complicados.

A súa formación é tan ampla como a súa curiosidade: fisioterapia, osteopatía, inef, acupuntura, punción seca…

Pero se hai unha área coa que ten unha conexión especial é a saúde da muller. Carmela é a encargada das valoracións e tratamentos de solo pélvico e dos grupos de preparto e posparto, acompañando ás mulleres nunha etapa tan importante como é a maternidade.

Dende a preparación para o embarazo, pasando pola xestación e ata a recuperación tras o parto, ten a sorte de formar parte dun dos momentos máis bonitos na vida de moitas familias.

Grazas por coidar tanto dos nosos pacientes dende o 🤰🏼🫄.

Nº de Rexistro Sanitario C-15-004144

Vamos a aproveitar que estivemos de presentacións, para facer un “recap” noso por se todavía non nos poñedes caras.Con M...
10/06/2026

Vamos a aproveitar que estivemos de presentacións, para facer un “recap” noso por se todavía non nos poñedes caras.

Con Martín, a verdade é que non puidemos ter máis sorte 🙏🏼.

Quen o coñecedes sabedes ben como é: cercano, atento, paciente, sempre disposto a escoitar e a buscar solucións cando algo non vai como debería.

Apaixonado do deporte, da fisioterapia activa e do exercicio terapéutico, é dos que cren que a recuperación non consiste só en tratar, senón tamén en ensinar, acompañar e dar ferramentas para que cada persoa participe na súa propia melloría, anda que non mete caña cos exercicios! 🥵

Para nós é un orgullo velo medrar profesionalmente ao noso lado todos estes anos.

Grazas, Martín!

Nº de Rexistro Sanitario C-15-004144

Todos nós necesitamos unha presentación, no caso de Elba posiblemente sobre 😅.Elba é outra das persoas que vos recibe ca...
05/06/2026

Todos nós necesitamos unha presentación, no caso de Elba posiblemente sobre 😅.

Elba é outra das persoas que vos recibe cando chegades a Fisionicra, a segunda mamá para que todos nós traballemos cómodamente, e sobre todo, poidamos ter a axenda ordeada 🙏🏼.

O mellor de todo é que moitos xa viñades sabendo quen era… e os que non, acabades coñecéndoa moi rápido!

Grazas por axudarnos a facer de Fisionicra, Fisionicra, e por coidarnos tanto a nós como aos nosos pacientes.

Pd: Mamá Luísa e Mamá Elba. Estamos como queremos 😜.

Entre paciente e paciente… ás veces saímos o pasillo para ver cousas que sete anos despois nos siguen encantando. Desta ...
25/05/2026

Entre paciente e paciente… ás veces saímos o pasillo para ver cousas que sete anos despois nos siguen encantando.

Desta vez é o ramo de flores varias recollidad nun paseo, e o xogo de luces e sombras que aparece polas mañás, detalles que fan que un espazo se sinta distinto, e para nós, que se sinta casa.

Dirección

Avenida Das Brañas Nº 29, Baixo 3
Negreira
15830

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 22:00
Martes 08:00 - 22:00
Miércoles 08:00 - 21:00
Jueves 08:00 - 22:00
Viernes 08:00 - 21:00

Teléfono

+34981942376

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fisionicra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría