Andaina Pro Saúde Mental

Cómo llegar Página web

Andaina Pro Saúde Mental Asociación sen ánimo de lucro adicada á atención e apoio no ámbito rural de persoas con problemas de saúde mental e ao seu entorno familiar.

ANDAINA é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no 2010 ante a necesidade de cubrir o baleiro existente na atención profesional ás persoas con trastornos mentais. O noso ámbito de actuación abrangue as áreas sanitarias rurais de Santiago de Compostela. Os nosos principios son:
“A persoa como eixe”.
“A inserción social e laboral”. O principal obxectivo é a mellora da asistencia e calidade de vida das persoas que padecen trastornos mentais e a dos seus familiares e amigos/as. Recuperar a integración social e laboral, mediante a creación de emprego adaptado, a defensa dos intereses e dereitos das persoas con trastornos mentais, a preservación do medio ambiente e a estimulación creativa e cognitiva mediante talleres de diversa índole, son algunhas das actividades que desenvolvemos cos nosos usuarios.

📸 Compartimos algúns momentos das nosas sesións de rehabilitación cognitiva!🧠 Nos CRPL seguimos traballando para manter ...
29/10/2026

📸 Compartimos algúns momentos das nosas sesións de rehabilitación cognitiva!

🧠 Nos CRPL seguimos traballando para manter e fortalecer as capacidades cognitivas a través de actividades dinámicas, participativas e adaptadas ás necesidades de cada persoa.

🎲 Xogos de mesa, clube de lectura, exercicios de razoamento e outras propostas forman parte dos nosos talleres de estimulación e rehabilitación cognitiva.

A través destas actividades exercitamos a atención, a memoria, a linguaxe, a comprensión, o razoamento e a resolución de problemas, ao tempo que fomentamos a autonomía, a confianza nas propias capacidades e a participación activa.

📸 Deixamos por aquí unha pequena recompilación de fotiños do que foron as nosas xornadas de portas abertas nos dous CRPL...
27/10/2026

📸 Deixamos por aquí unha pequena recompilación de fotiños do que foron as nosas xornadas de portas abertas nos dous CRPLs. 💚

Foron unhas xornadas cheas de bos momentos compartidos e moita ilusión por ver os nosos centros cheos de vida e de persoas que quixeron achegarse a coñecernos, compartir e descubrir de preto o noso día a día.

Queremos agradecer especialmente a todos os establecementos, bares e clubs deportivos que colaboraron con nós coa doazón de produtos para os sorteos. Grazas pola vosa xenerosidade e por sumarvos a esta iniciativa! 🫶🎁

Grazas tamén a todas as persoas que nos acompañastes e fixestes destas xornadas momentos tan especiais! ✨

❗OFERTA DE EMPREGOEn Andaina PSM buscamos profesional do traballo social con experiencia en orientación e inserción labo...
27/10/2026

❗OFERTA DE EMPREGO

En Andaina PSM buscamos profesional do traballo social con experiencia en orientación e inserción laboral e intermediación con empresas.

Recepcións de CV ata o 4 de novembro en [email protected]

‼️OFERTA DE EMPREGO para o CRPL de ORDES no marco programas de Cooperación da Xunta de Galicia
23/10/2026

‼️OFERTA DE EMPREGO para o CRPL de ORDES no marco programas de Cooperación da Xunta de Galicia

‼️OFERTA DE EMPREGO para o CRPL de DODRO no marco programas de Cooperación da Xunta de Galicia
23/10/2026

‼️OFERTA DE EMPREGO para o CRPL de DODRO no marco programas de Cooperación da Xunta de Galicia

👉🏻 CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE PADRÓN E ANDAINA PRO SAÚDE MENTALDende Andaina Pro Saúde Mental queremos...
21/10/2026

👉🏻 CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE PADRÓN E ANDAINA PRO SAÚDE MENTAL

Dende Andaina Pro Saúde Mental queremos expresar o noso agradecemento á Concellería de Servizos Sociais do Concello de Padrón pola súa colaboración, cunha achega de 3.000 € destinada a apoiar as nosas iniciativas de carácter benéfico e social.

Grazas a este apoio, podemos seguir impulsando accións de atención psicosocial e acompañamento comunitario, contribuíndo ao benestar das persoas e ao fortalecemento dunha comunidade máis inclusiva e comprometida coa saúde mental.

💚 Grazas ao Concello de Padrón por sumar esforzos e camiñar ao noso carón!

ACTUACIÓNS DO PROGRAMA DE TURISMO E TERMALISMO IMSERSO – SALUD MENTAL ESPAÑADeixamos por aquí unha pequena recopilación ...
14/10/2026

ACTUACIÓNS DO PROGRAMA DE TURISMO E TERMALISMO IMSERSO – SALUD MENTAL ESPAÑA

Deixamos por aquí unha pequena recopilación de imaxes da nosa viaxe do IMSERSO 2026.

Este ano tivemos a oportunidade de desfrutar de Almería e descubrir todo o que esta terra tan especial ten para ofrecer ☀️🌊

👉🏻 Comezamos Outubro recopilando bos momentos das últimas semanas! Saídas de ocio con novas experiencias e tempo compart...
03/10/2026

👉🏻 Comezamos Outubro recopilando bos momentos das últimas semanas!

Saídas de ocio con novas experiencias e tempo compartido rodeados de paisaxes así de bonitas 🌳

👉🏻 Así foi a nosa Andaina Saudable pola contorna de Cerceda. Queremos dar as grazas a todas as persoas que vos animastes...
01/10/2026

👉🏻 Así foi a nosa Andaina Saudable pola contorna de Cerceda.

Queremos dar as grazas a todas as persoas que vos animastes a participar e compartistes esta mañá de paseo na natureza. Agardamos que a desfrutásedes tanto coma nós. 💚🥾

O noso agradecemento especial á Asociación Veciños polo Rural (veciños polo rural) pola súa colaboración na organización desta actividade. Grazas pola implicación e por sumar esforzos!”

👉🏻Esta semana achegamonos ata Padrón para participar nunhas xornadas de sensibilización organizadas con motivo do Día In...
25/09/2026

👉🏻Esta semana achegamonos ata Padrón para participar nunhas xornadas de sensibilización organizadas con motivo do Día Internacional contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, que se conmemora cada 23 de setembro.

Un espazo para a reflexión e concienciación sobre unha realidade que supón unha grave vulneración dos dereitos humanos e que nos lembra a importancia de seguir traballando pola prevención, a protección e a erradicación da explotación sexual e da trata de persoas.

💜

Dirección

Rúa Emilia Pardo Bazán Nº14
Ordes
15680

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Andaina Pro Saúde Mental publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Clínicas cercanos