Sergas Ourense

Sergas Ourense Canle de Comunicación da Área Sanitaria do de , e Servizo Galego de Saúde Ourense

Novo premio nacional para a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras 💙🏆A Plataforma de Organizaciones de Pacientes ...
18/06/2026

Novo premio nacional para a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras 💙🏆

A Plataforma de Organizaciones de Pacientes recoñeceu o proxecto “Aprendendo a desaprender”, que incorpora a experiencia dos pacientes á formación dos profesionais sanitarios.

A iniciativa, impulsada por Esther Pérez, da 📚Unidade de Formación, en colaboración con Belén Piñeiro, do Servizo de Humanización 🙌 e Atención ao Paciente, é posible grazas ao apoio e compromiso das asociacións de pacientes de Ourense, ás que facemos desde aquí partícipes do premio 👏👏👏

🔷Grazas por compartir con nos as vosas vivenzas para axudar a mellorar a asistencia 🙏

16/06/2026

🥫O Hospital Universitario de Ourense súmase á campaña solidaria do de Alimentos de Ourense, coa colaboración de APeTéCeMe, para apoiar a preto de 500 menores da provincia en situación de vulnerabilidade.

☀️ Durante o verán, o peche dos comedores 🍽️ escolares supón para moitas familias a perda dun apoio esencial na alimentación diaria dos seus fillos e fillas. Por iso, desde hoxe, pacientes, acompañantes e profesionais poden colaborar realizando achegas nas huchas instaladas na cafetería do 🏥 hospital.

💙 Cada achega conta para que ningún neno ou nena quede atrás.

🚌 As mulleres de   convocadas ao Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, entre o 30 de xuño e o 6 de xull...
16/06/2026

🚌 As mulleres de convocadas ao Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, entre o 30 de xuño e o 6 de xullo, disporán de autobuses gratuítos para acudir ás exploracións en Ourense. As citas xa foron remitidas por 📲SMS ás participantes.

A Dirección de Enfermería da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras participou hoxe en   nun encontro co alumnado...
15/06/2026

A Dirección de Enfermería da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras participou hoxe en nun encontro co alumnado que remata os seus estudos na Escola Superior de Saúde CVP Alto Tâmega
Unha xornada para explicar as oportunidades laborais na nos hospitais e centros de saúde da provincia, as vías de acceso ao emprego no Sergas, as listas de contratación a través de FIDES e as especialidades de enfermería implantadas en Ourense.
Formación, emprego e cooperación sanitaria nun territorio próximo e compartido. 🏥🤝

Con motivo do Día Mundial da Investigación en Cancro 🔬, a Asociación continua insistindo na importancia de impulsar a in...
15/06/2026

Con motivo do Día Mundial da Investigación en Cancro 🔬, a Asociación continua insistindo na importancia de impulsar a innovación na investigación oncolóxica para achegar os resultados aos pacientes e mellorar a supervivencia en cancro. 💪

No Complexo Hospitalario Universitario de Ourense🏥 tamén tivemos diversas actividades: 👉 Unha mesa informativa da campaña de investigación no edificio de cristal; 👉 un taller de ciencia para os máis pequenos na unidade de pediatría en colaboración coa cooperativa Aventeira; 👉 unha visita guiada para coñecer o laboratorio de investigación, as súas formas de traballar, os instrumentos, as instalacións e os proxectos que levan a cabo dende o grupo GIODO - Grupo de Investigación de Oncoloxía Dixestiva de Ourense, dirixido a socios/as, beneficiarios/as e voluntariado.

📸 Tivemos a presencia do Dr. Abel Pallarés, o director asistencial da área sanitaria en Ourense; Dr. Joaquín Cubiella, xefe da sección de investigación na área sanitaria de Ourense; Dr. Jesús García, xefe do servizo de oncoloxía de Ourense e o noso presidente do comité técnico; e Pilar López, a nosa secretaria do Consello.

👏 A maiores, estivemos presentes con mesas informativas da campaña no Hospital Público de Valdeorras e no Hospital Público de Verín, e tamén destacar que o taller de ciencia realizouse na rúa do Paseo onte á tarde.

🥰 Agradecemos moito a atención, apoio e colaboración á Area Sanitaria de Ourense, Verín e Barco, ao grupo GIODO, Consello Provincial, profesionais, grupo de voluntariado, cooperativa Aventeira e a sociedade en xeral.

13/06/2026

☀️ A pel ten memoria. Por iso, cada xesto de protección conta.

No Día Mundial da Prevención do Cancro de Pel, a nosa residente de Dermatoloxía, Ana Domínguez, comparte unha serie de recomendacións clave para coidar a nosa pel e reducir os riscos asociados á exposición solar.

🧴 Usar fotoprotector solar.
🕶️ Protexerse con gafas, sombreiro e roupa adecuada.
🌳 Procurar a sombra.
⏰ Evitar as horas centrais do día.
🏃 Adaptar a actividade física aos momentos de menor radiación solar.

Pequenos hábitos que poden marcar unha gran diferenza na saúde da nosa pel.

🎥 Dálle ao play e descubre os consellos de Ana para g***r do verán de forma segura.

12/06/2026

Hoxe poñemos rostro 👩‍💼👨🏼‍💼a unha parte esencial da ⚙️nosa Área: o persoal de administración sanitaria de 🩺centros de saúde, PAC e 🏥hospitais públicos de Ourense, Verín e Valdeorras.

Son menos do 10 % 👨‍💻do cadro de persoal, pero cada día organizan, abastecen, facilitan e sosteñen a actividade asistencial 🥼. O seu traballo está detrás de cada cita, ingreso, intervención, proba, contrato, compra, nómina ou trámite que permite que a sanidade pública funcione as 📆 ⏩24 horas, os 365 días do ano.

Fan posible que todo estea no seu sitio: desde a prótese endovascular máis avanzada ata a 🍏mazá do postre; desde cubrir un imprevisto nunha quenda, ata a xestión de miles de facturas 🧾💶de proveedores, nóminas, contratación de bens e servizos, 📦a loxística, os equipamentos, as 💡❄️subministracións, para o que é preciso administrar un orzamento de máis de 500 millóns de euros, suxeito aos estritos trámites e prazos da administración pública galega e, moitas veces, 🇪🇺europea

No Día do Persoal de Administración Sanitaria, 🙌 grazas polo voso traballo!, pola vosa capacidade de resposta e por ser ese intanxible imprescindible na atención sanitaria pública. 💙

🏆 A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras acadou o primeiro premio na IV Xornada de Humanización da Asistencia S...
11/06/2026

🏆 A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras acadou o primeiro premio na IV Xornada de Humanización da Asistencia Sanitaria do Sergas co proxecto “Aprendendo a desaprender” da Unidade de Formación coa colaboración do Servizo de Atención ao paciente e Humanización

Esther Perez, enfermeira e responsable da unidade, recolleu onte o premio a esta innovadora iniciativa, que incorpora a experiencia, de pacientes e asociacións, na formación do alumnado da Escola Universitaria de Enfermería de Ourense, evitando tópicos e preconceitos e promovendo unha atención máis colaborativa e centrada nas persoas.

Este recoñecemento destaca o valor de escoitar 👂e integrar a 🗣️voz dos pacientes para seguir avanzando cara a unha asistencia sanitaria máis humana e 🔁participativa.

A ELA cambia profundamente a vida das persoas afectadas e das súas familias. 💜Hoxe, con motivo da conmemoración do Día M...
10/06/2026

A ELA cambia profundamente a vida das persoas afectadas e das súas familias. 💜

Hoxe, con motivo da conmemoración do Día Mundial da ELA, que se celebra o 21 de xuño, Agaela Galicia instalou unha mesa informativa no Hospital Universitario de Ourense co apoio do Servizo de Neuroloxía 🧠

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras contamos cun circuíto específico para estes pacientes, deseñado para axilizar consultas e probas e facilitar unha atención coordinada, adaptada ás necesidades dunha enfermidade de gran impacto persoal e familiar. 💙🏥 💪

Dirección

Rúa Ramón Puga 52-54
Orense
32005

Teléfono

+34988385500

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sergas Ourense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría