Enxeñería Agrícola Ourense

Enxeñería Agrícola Ourense Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Enxeñería Agrícola Ourense, CARDENAL QUEVEDO, 25, Orense.

No Colexio Profesional de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Graduados en Enxeñaría Agraria atoparás o teu punto de referencia para información e asesoramento especializado.

12/08/2026

Emilia Díaz é biológa investigadora da Estación Vitivinícola e de Enoloxía de Galicia en Leiro. Ao longo da súa traxectoria participou en numerosos proxectos de investigación relacionados coa sanidade vexetal, protección, sustentabilidade do viño e adaptación do cultivo aos novos escenari...

Onte quixemos estar, unha vez máis, preto dos nosos colexiados da comarca de Monterrei, compartindo con eles unha xornad...
08/08/2026

Onte quixemos estar, unha vez máis, preto dos nosos colexiados da comarca de Monterrei, compartindo con eles unha xornada que fala de territorio, de profesión e, sobre todo, de orgullo polo lugar no que traballamos e vivimos.

Monterrei ten unha maneira propia de entender a viticultura: unha paisaxe, unhas variedades, unha forma de traballar e unha identidade que se foi consolidando co paso dos anos e que hoxe proxecta o nome desta comarca moito máis alá das súas fronteiras.

Para o Colexio, acompañar aos profesionais que forman parte desta realidade é tamén unha forma de recoñecer o seu traballo e de poñer en valor o papel da enxeñaría agrícola no desenvolvemento e na evolución do noso sector vitivinícola.

Foi un pracer compartir esta XIX Feira do Viño de Monterrei e celebrar con eles o presente e, sobre todo, todo o que aínda está por vir. 🍷

A nosa colexiada Natalia Gallego é a protagonista da sección Colexiada do Mes do Consello Xeral da Enxeñaría Agrícola.Un...
05/08/2026

A nosa colexiada Natalia Gallego é a protagonista da sección Colexiada do Mes do Consello Xeral da Enxeñaría Agrícola.

Un merecido recoñecemento a unha traxectoria na que a Enxeñaría Agrícola lle permitiu construír un modo de vida vencellado á natureza, á terra e ao desenvolvemento sostible.

Un exemplo de paixón, compromiso e amor polo rural que paga a pena coñecer.

Parabéns, Natalia! 💚

👉 Descubre a súa entrevista completa:

Labradora, viticultora y docente agroecológica. Colegiada del Colegio de Ingenieros Técnicos y Graduados Agrícolas de Ourense.

🫑 Hai produtos que identifican un territorio. O Pemento da Arnoia é, sen dúbida, un deles.Corenta e sete edicións avalan...
01/08/2026

🫑 Hai produtos que identifican un territorio. O Pemento da Arnoia é, sen dúbida, un deles.

Corenta e sete edicións avalan unha festa que soubo converter o Pemento da nun referente da nosa horticultura e nun escaparate do potencial agroalimentario da provincia de Ourense.

Desde o Colexio queremos felicitar á organización por manter viva unha cita que pon en valor o coñecemento, a calidade e o valor engadido das producións que distinguen o noso territorio.

📢 𝐔́𝐋𝐓𝐈𝐌𝐀𝐒 𝐏𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐨 𝐒𝐡𝐨𝐰𝐜𝐨𝐨𝐤𝐢𝐧𝐠 𝐝𝐨 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟗 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 𝐧𝐚 𝐗𝐈𝐗 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐕𝐢𝐧̃𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐨𝐧𝐭𝐞𝐫𝐫𝐞𝐢!🗓 Domingo, 9 de agosto🕐 1...
31/07/2026

📢 𝐔́𝐋𝐓𝐈𝐌𝐀𝐒 𝐏𝐑𝐀𝐙𝐀𝐒 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐨 𝐒𝐡𝐨𝐰𝐜𝐨𝐨𝐤𝐢𝐧𝐠 𝐝𝐨 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟗 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 𝐧𝐚 𝐗𝐈𝐗 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐨 𝐕𝐢𝐧̃𝐨 𝐝𝐞 𝐌𝐨𝐧𝐭𝐞𝐫𝐫𝐞𝐢!

🗓 Domingo, 9 de agosto
🕐 13:00 h

🍷 "𝑺𝒂𝒃𝒐𝒓𝒆𝒔 𝒂𝒖𝒕𝒆́𝒏𝒕𝒊𝒄𝒐𝒔: 𝑭𝒖𝒔𝒊𝒐́𝒏 𝒅𝒆 𝒄𝒐𝒏𝒔𝒆𝒓𝒗𝒂𝒔 𝒆𝒄𝒐𝒍𝒐́𝒙𝒊𝒄𝒂𝒔 𝒄𝒐𝒏 𝒗𝒊𝒏̃𝒐𝒔 𝒅𝒂 𝑫.𝑶. 𝑴𝒐𝒏𝒕𝒆𝒓𝒓𝒆𝒊"

Un showcooking con produtos de Experiencias de Calidade, da man de José Luis Prieto, chef e xerente de O Segredo do Retiro (restaurante recomendado na Guía Michelin), e Miguel Lopez Nuñez, director técnico do Consello Regulador da D.O. Monterrei e noso colexiado, acompañado musicalmente por José Manuel Salgado, profesor do Conservatorio de Música de Verín.

⚠️ As actividades do xoves e do sábado xa teñen todas as prazas cubertas. Para o domingo aínda quedan as últimas prazas dispoñibles.

💶 Cota de participación: 15 €
📍 Lugar: Espazo de showcooking do Parque da Alameda.

📩 𝐈𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐞𝐧: 𝐢𝐧𝐟𝐨@𝐝𝐨𝐦𝐨𝐧𝐭𝐞𝐫𝐫𝐞𝐢.𝐜𝐨𝐦

As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

𝐍𝐮𝐧 𝐦𝐨𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐧𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐨 𝐦𝐮𝐧𝐝𝐨 𝐝𝐨 𝐯𝐢𝐧̃𝐨 𝐞𝐬𝐭𝐚́ 𝐚 𝐜𝐚𝐦𝐛𝐢𝐚𝐫, 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐭𝐞𝐧 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐨𝐩𝐨𝐫𝐭𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐡𝐢𝐬𝐭𝐨́𝐫𝐢𝐜𝐚.Como sinalou Jonas Tofteru...
27/07/2026

𝐍𝐮𝐧 𝐦𝐨𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐧𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐨 𝐦𝐮𝐧𝐝𝐨 𝐝𝐨 𝐯𝐢𝐧̃𝐨 𝐞𝐬𝐭𝐚́ 𝐚 𝐜𝐚𝐦𝐛𝐢𝐚𝐫, 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐭𝐞𝐧 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐨𝐩𝐨𝐫𝐭𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐡𝐢𝐬𝐭𝐨́𝐫𝐢𝐜𝐚.

Como sinalou Jonas Tofterup, Mater of Wine, nas Xornadas do Viño do pasado 4 de xullo, 𝐨 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐮𝐦𝐢𝐝𝐨𝐫 𝐛𝐮𝐬𝐜𝐚 𝐡𝐨𝐱𝐞 𝐯𝐢𝐧̃𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐧 𝐟𝐫𝐞𝐬𝐜𝐮𝐫𝐚, 𝐚𝐮𝐭𝐞𝐧𝐭𝐢𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞, 𝐢𝐝𝐞𝐧𝐭𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞 𝐜𝐚𝐩𝐚𝐜𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐞𝐦𝐨𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐫. 𝐄 𝐢𝐬𝐨 𝐧𝐨𝐧 𝐞́ 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐭𝐞𝐧𝐝𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐪𝐮𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐭𝐞𝐧̃𝐚 𝐪𝐮𝐞 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐞𝐠𝐮𝐢𝐫: 𝐞́ 𝐩𝐫𝐞𝐜𝐢𝐬𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐥𝐞𝐯𝐚 𝐬𝐞́𝐜𝐮𝐥𝐨𝐬 𝐟𝐚𝐜𝐞𝐧𝐝𝐨.

Unha das reflexións máis interesantes foi que Galicia non necesita parecerse a ninguén. O verdadeiro reto non é cambiar os nosos viños, senón aprender a contar mellor quen somos e entender con quen competimos nos mercados internacionais.

Porque exportar non consiste só en vender botellas. 𝐄𝐱𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐫 𝐞́ 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐭𝐫𝐮𝐢́𝐫 𝐜𝐨𝐧𝐟𝐢𝐚𝐧𝐳𝐚, 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐫 𝐦𝐚𝐫𝐜𝐚, 𝐞𝐬𝐭𝐚𝐛𝐥𝐞𝐜𝐞𝐫 𝐫𝐞𝐥𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐮𝐫𝐚𝐝𝐞𝐢𝐫𝐚𝐬 𝐞 𝐭𝐞𝐫 𝐩𝐚𝐜𝐢𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚.

Os nosos viños teñen paisaxe, historia, variedades propias e unha personalidade que cada vez encaixa mellor co que demanda o mercado internacional. Agora toca seguir sumando comunicación, promoción e colaboración para converter ese potencial en liderado.

O mundo está preparado para Galicia. 𝐀 𝐩𝐫𝐞𝐠𝐮𝐧𝐭𝐚, 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐥𝐚𝐧𝐳𝐨𝐮 𝐉𝐨𝐧𝐚𝐬 𝐓𝐨𝐟𝐭𝐞𝐫𝐮𝐩 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐞𝐜𝐡𝐚𝐫 𝐚 𝐬𝐮́𝐚 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐯𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨́𝐧, 𝐞́ 𝐨𝐮𝐭𝐫𝐚: 𝐞𝐬𝐭𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐧𝐨́𝐬 𝐩𝐫𝐞𝐩𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐪𝐮𝐢𝐬𝐭𝐚𝐫 𝐨 𝐦𝐮𝐧𝐝𝐨?

23/07/2026

Jonas Tefterup é o único Master of Wine (MW) de nacionalidade danesa. A súa traxectoria profesional e formativa desenvolveuse en rexións vitivinícolas de Francia, Alemania, Chile, Sudáfrica e España. E, por suposto, en Galicia. Nun evento organizado polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrí...

Dende hoxe xa están dispoñibles dúas novas seccións na páxina web do Colexio:🎥 Videoteca📸 GaleríaUn novo espazo onde pod...
15/07/2026

Dende hoxe xa están dispoñibles dúas novas seccións na páxina web do Colexio:

🎥 Videoteca
📸 Galería

Un novo espazo onde poderedes consultar e revivir as actividades organizadas polo Colexio.

Ademais, xa podedes acceder ás ponencias das Xornadas do Viño 2026 – Dende Ourense pensando no viño.

🔹 Jonas Tofterup, Master of Wine
Galicia no Mundo: Futuro Internacional dos Viños Atlánticos.

🔹 Emilia Díaz Losada (Estación de Enoloxía de Leiro)
Resiliencia do viñedo fronte aos cambios regulatorios do control fitosanitario, sistemas de apoio á decisión e variedades resistentes.

🔹 Alejandro Parra Manzanares (Tenomar Laboratorios)
Análises actuais para o control de fraudes no viño: falsificación da orixe, das variedades, aguado, etc. Métodos de análise por isótopos e IRMS.

🔹 Mesa Redonda cos representantes das Denominacións de Orixe de Galicia
Actualidade e horizonte de futuro da vitivinicultura galega.

🎬 Se non puideches asistir ou queres volver ver algunha das intervencións, xa as tes dispoñibles na nosa Videoteca.

https://agricolasourense.com/videoteca/
https://agricolasourense.com/galeria/

13/07/2026
07/07/2026

Antes do inicio das Xornadas do Viño, o 𝐌𝐚𝐬𝐭𝐞𝐫 𝐨𝐟 𝐖𝐢𝐧𝐞 𝐉𝐨𝐧𝐚𝐬 𝐓𝐨𝐟𝐭𝐞𝐫𝐮𝐩 atendeu aos micrófonos de COPE Ourense, onde compartiu unha reflexión sobre o momento que vive o sector vitivinícola.

Na entrevista destacou que, 𝐦𝐚𝐥𝐢𝐚 𝐚 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐥𝐞𝐱𝐚 𝐬𝐢𝐭𝐮𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐪𝐮𝐞 𝐚𝐭𝐫𝐚𝐯𝐞𝐬𝐚 𝐨 𝐦𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐦𝐮𝐧𝐝𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐯𝐢𝐧̃𝐨 𝐩𝐨𝐥𝐚 𝐜𝐚𝐢́𝐝𝐚 𝐝𝐨 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐮𝐦𝐨 𝐞𝐧 𝐩𝐚𝐢́𝐬𝐞𝐬 𝐜𝐥𝐚𝐯𝐞, 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 𝐚𝐭𝐨́𝐩𝐚𝐬𝐞 𝐧𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐩𝐨𝐬𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐩𝐫𝐢𝐯𝐢𝐥𝐞𝐱𝐢𝐚𝐝𝐚, 𝐱𝐚 𝐪𝐮𝐞 𝐨 𝐩𝐞𝐫𝐟𝐢𝐥 𝐝𝐨𝐬 𝐬𝐞𝐮𝐬 𝐯𝐢𝐧̃𝐨𝐬 𝐞𝐧𝐜𝐚𝐢𝐱𝐚 𝐜𝐨𝐚𝐬 𝐩𝐫𝐞𝐟𝐞𝐫𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐬 𝐝𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐮𝐦𝐢𝐝𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐢𝐬.

Tofterup sinalou tamén que 𝐮𝐧 𝐝𝐨𝐬 𝐠𝐫𝐚𝐧𝐝𝐞𝐬 𝐝𝐞𝐬𝐚𝐟𝐢́𝐨𝐬 𝐝𝐨 𝐬𝐞𝐜𝐭𝐨𝐫 𝐞́ 𝐜𝐨𝐧𝐞𝐜𝐭𝐚𝐫 𝐜𝐨𝐚𝐬 𝐧𝐨𝐯𝐚𝐬 𝐱𝐞𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬, 𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐦𝐢𝐭𝐢𝐧𝐝𝐨 𝐨 𝐯𝐚𝐥𝐨𝐫 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥 𝐞 𝐩𝐚𝐭𝐫𝐢𝐦𝐨𝐧𝐢𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐯𝐢𝐧̃𝐨 𝐞 𝐟𝐨𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐨 𝐬𝐞𝐮 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐮𝐦𝐨 𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐥𝐞. Ademais, puxo o acento na importancia de favorecer o relevo xeracional, apoiando tanto ás adegas como ás persoas mozas que deciden apostar pola viticultura.

Dirección

CARDENAL QUEVEDO, 25
Orense
32004

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
17:00 - 19:30
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
17:00 - 19:30
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

988 23 95 21

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Enxeñería Agrícola Ourense publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Enxeñería Agrícola Ourense:

Compartir