Agarimo Servicios Socio- Sanitarios

Agarimo Servicios Socio- Sanitarios Axuda no fogar (SAF) e diversidade funcional
Coidado de menores
Servizo autorizado pola Xunta de Galicia · E-5806 Nuestra meta, su tranquilidad.

Dese un respiro y deje lo demás en nuestras manos. Ayuda a domicilio: limpieza, cuidado de mayores, etc.

🏡 O fogar, no centro dos coidados.A recente aprobación da reforma da Lei de Dependencia marca un novo impulso cara a un ...
15/07/2026

🏡 O fogar, no centro dos coidados.

A recente aprobación da reforma da Lei de Dependencia marca un novo impulso cara a un modelo de coidados máis centrado nas persoas, no que a atención no domicilio gaña protagonismo.

Entre as medidas previstas, búscase facilitar que as persoas poidan permanecer na súa contorna habitual sempre que sexa posible e contar cos apoios necesarios para facelo.

En Agarimo levamos tempo convencidos de que, cando as circunstancias o permiten, o mellor lugar para coidar, recuperarse e envellecer é a propia casa.

Por iso, seguiremos traballando como ata agora:
💙 Acompañando ás persoas.
🏠 Apoiando ás familias.
🤝 Ofrecendo unha atención profesional, próxima e de calidade.

O noso compromiso segue sendo o mesmo: ofrecer coidados de calidade que permitan ás persoas vivir con seguridade e benestar no seu entorno habitual. Os cambios normativos son importantes, pero a calidade dos coidados demóstrase no día a día.

A dependencia evoluciona. A forma de coidar, tamén.

🌐 agarimo.org
📞 606 210 242 // 988 686 011

☀️ O verán non trae máis horas ao día... pero si máis cousas que organizar. Cambian as rutinas, cambian os horarios... e...
07/07/2026

☀️ O verán non trae máis horas ao día... pero si máis cousas que organizar. Cambian as rutinas, cambian os horarios... e non sempre é doado chegar a todo.

Agarimo Servizos Socio-sanitarios
🌐 www.agarimo.org⁠

Ás veces, as situacións do día a día poden superarnos, pero non tes por que afrontalas en solitario. Estamos aquí para e...
25/06/2026

Ás veces, as situacións do día a día poden superarnos, pero non tes por que afrontalas en solitario. Estamos aquí para escoitarte, asesorarte e ofrecerte solucións á medida de cada necesidade. 🤝💙
Sexa cal sexa a túa dúbida, chámanos e axudarémoste a resolver problemas coa confianza e o apoio que buscas. O noso compromiso é o teu benestar.

O maltrato non sempre é visible, pero o silencio fano cómplice. Hoxe alzamos a voz para defender a dignidade e a segurid...
15/06/2026

O maltrato non sempre é visible, pero o silencio fano cómplice. Hoxe alzamos a voz para defender a dignidade e a seguridade dos nosos maiores.
A túa protección e o teu benestar son a nosa prioridade absoluta. Nin silencio, nin maltrato.

Hoxe celebramos o Día Mundial do Doante de Sangue. ❤️💉 Co teu pequeno xesto, podes salvar moitas vidas. Doar é dar agari...
14/06/2026

Hoxe celebramos o Día Mundial do Doante de Sangue. ❤️💉 Co teu pequeno xesto, podes salvar moitas vidas. Doar é dar agarimo, é dar esperanza. Desde Agarimo unímonos a esta celebración e animámoste a ser parte deste movemento de solidariedade.

Co noso servizo de libranza vinculada ao asistente persoal, aseguramos o benestar de quen máis queres e, sobre todo, a t...
04/06/2026

Co noso servizo de libranza vinculada ao asistente persoal, aseguramos o benestar de quen máis queres e, sobre todo, a túa tranquilidade. O asistente persoal é unha figura de apoio pensada para promover a autonomía, a inclusión e a vida independente, adaptándose ás necesidades e obxectivos de cada persoa.
Consúltanos sen compromiso na nosa oficina ou chamando ao teléfono. Estamos para axudarte.

A conciliación familiar non debería ser un malabarismo diario. ⚖️Cando o ritmo da vida se acelera e as obrigas se acumul...
19/05/2026

A conciliación familiar non debería ser un malabarismo diario. ⚖️
Cando o ritmo da vida se acelera e as obrigas se acumulan, contar cun apoio de confianza para o coidado dos máis pequenos marca a diferenza. Un fogar equilibrado constrúese con tempo de calidade, e ás veces, delegar é un paso para logralo.
A tranquilidade de saber que están en boas mans mentres ti afrontas o teu día a día non ten prezo.

A nosa lingua ten palabras que curan, que acompañan e que abrazan. Unha das máis bonitas é a que nos dá nome: Agarimo.Ho...
17/05/2026

A nosa lingua ten palabras que curan, que acompañan e que abrazan. Unha das máis bonitas é a que nos dá nome: Agarimo.
Hoxe, no Día das Letras Galegas, celebramos a riqueza da nosa cultura e o valor de comunicarnos dende a raíz. Porque escoitar, comprender e falar a nosa lingua coas persoas que nos rodean tamén é unha forma inmensa de coidar.
Feliz 17 de maio a todos e todas! 💙🤍

Hoxe é o seu día. Pero para nós, a súa labor é vital cada día.A enfermaría non é só unha profesión; é unha vocación prof...
12/05/2026

Hoxe é o seu día. Pero para nós, a súa labor é vital cada día.
A enfermaría non é só unha profesión; é unha vocación profunda de coidado e acompañamento. Profesionais que poñen o corazón en cada atención, transformando vidas en cada intre con profesionalidade e agarimo.
Eles son unha peza fundamental do noso benestar e queremos renderlles a homenaxe que merecen. Unha aperta de corazón a tódolos profesionais da enfermaría.

Moitas persoas chegan á nosa oficina sen ter claro que tipo de apoio necesitan. Só saben que a situación na casa cambiou...
05/05/2026

Moitas persoas chegan á nosa oficina sen ter claro que tipo de apoio necesitan.
Só saben que a situación na casa cambiou.
A partir de aí, escoitamos o caso e facemos unha valoración profesional.
Na oficina contamos con profesionais de psicoloxía, psicopedagoxía e traballo social, o que nos permite orientar cada situación de forma axustada á realidade de cada familia. A partir diso, propoñemos opcións que realmente encaixen en cada caso.
Se estás nese punto, podes achegarte e falamos con calma.

Dirección

Rúa Bedoya, N°7, 2°. Oficina 4. Ourense
Orense
32004

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Teléfono

+34988686011

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agarimo Servicios Socio- Sanitarios publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Agarimo Servicios Socio- Sanitarios:

Atajos

Compartir