Adisbismur

Cómo llegar Página web

Adisbismur Somos unha entidade sen ánimo de lucro, creada co fin de traballar pola integración social, formativa e laboral das persoas con discapacidade da comarca.

Temos un Centro Ocupacional e un Centro de Día en Valadares, Outes.

🎃👻 O SAMAÍN CHEGA A ADISBISMUR… E VÉN CARGADIÑO DE SORPRESAS! 🧡🦇Preparádevos para uns días cheos de maxia, creatividade,...
28/10/2026

🎃👻 O SAMAÍN CHEGA A ADISBISMUR… E VÉN CARGADIÑO DE SORPRESAS! 🧡🦇
Preparádevos para uns días cheos de maxia, creatividade, risas e moito espírito de Samaín! 🕸️✨ Este xoves e venres temos unha programación terrorificamente divertida na que non faltarán as cabazas, os doces e os retos en equipo.
🎃 XOVES: mans á obra coas cabazas!
Daremos renda solta á imaxinación cun taller de decoración de cabazas, onde cada creación terá o seu toque especial… e algún que outro sustiño! 👀🧡
🥞 VENRES: que arrecenda a Samaín!
Poñerémonos coas mans na masa nun delicioso taller de elaboración de chulas de cabaza. Porque unha festa tamén se goza a través dos sabores de sempre! 😋🍂
🧙‍♀️ E a diversión continuará coa nosa XIMCANA DO SAMAÍN! 🦇
Cinco equipos, un montón de probas e moitas ganas de pasalo ben! Ao longo da xornada, os grupos terán que superar diferentes xogos interactivos, retos e dinámicas en equipo, sumando puntos en cada desafío. Haberá que colaborar, pensar, participar e, sobre todo, desfrutar de cada proba para descubrir quen se fai co título de equipo gañador da ximcana. 🏆👻
🕷️ Quen resolverá os misterios?
🎃 Quen superará todos os retos?
🦇 E que equipo conseguirá a vitoria final?
En ADISBISMUR temos todo preparado para vivir un Samaín cheo de convivencia, participación e momentos para lembrar. Porque o mellor destas celebracións non é pasar medo… é compartir, rir e desfrutar xuntos! 🧡
💀 Que comece o Samaín!

27/10/2026

🏃🏼‍♂️🏃🏼‍♀️🏃🏼🏃🏼‍♂️🏃🏼‍♀️🏃🏼O 17 de outubro Adisbismur participou na XIII Edición da Carreira Enki 2026, na explanada do Parrote, unha carreira lúdica, non competitiva, aberta a todas as idades e capacidades, onde se visibiliza a discapacidade e reivindica a igualdade de oportunidades.
O percorrido urbano foi de 2,5 km, totalmente accesible, onde nos atopamos con zombies, fariña, Auga, .....etc.🧟💧🧙🏼‍♀️🧹🪄
A nosa experiencia foi moi enriquecedora, participamos en equipo, axudando os uns a outros, superamos obstáculos, convivimos ca xente participante, en resumo disfrutamos da Festa da inclusión, vivimola, compartimola e celebramola.🥳🎉🥳🎉🥳🥳🎉🥳

moito por correr

Encantounos, sodes xeniales. 🥰🥰🥰🥰🥰
27/10/2026

Encantounos, sodes xeniales. 🥰🥰🥰🥰🥰

✨ Este venres 23 levamos 'A Serea Mariña' á Casa da Cultura de Outes. Esta actuación está enmarcada dentro do 'Circuíto en igualdade' da Deputación da Coruña . Vémonos ás 12:00h no Concello de Outes .
A Serea Mariña (grupo Elas) é unha peza escénica dirixida por Fran Sieira que conxuga tradición e contemporaneidade para mergullarnos no mar galego e no papel fundamental da muller na nosa costa.

DATAS! 🌊👇

📅 23 OUT | Concello de Outes
📍 Casa da Cultura de Outes ⌚ 12:00 h

📅 25 OUT | Concello de Cedeira
📍 Auditorio de Cedeira ⌚ 18:00 h

📅 27 NOV | Concello de Negreira
📍 Auditorio Afonso Eanes ⌚ 20:30 h

📅 3 DEC | Concello de Narón
📍 Auditorio de Narón ⌚ 11:30 h

📅 3 DEC | Concello de Ferrol
📍 Centro Cultural Carvalho Calero ⌚ 18:30 h

📅 12 DEC | Concello de Ames
📍 Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns ⌚ 17:00 h

🏳️‍🌈 ESCOLA DE FAMILIAS | DIVERSIDADE DE SER, SENTIR E QUERER💜 Unha mirada en familiaTodas as persoas temos a nosa propi...
12/10/2026

🏳️‍🌈 ESCOLA DE FAMILIAS | DIVERSIDADE DE SER, SENTIR E QUERER

💜 Unha mirada en familia

Todas as persoas temos a nosa propia maneira de ser, sentir, querer e relacionarnos. Recoñecer, comprender e respectar esa diversidade é fundamental para construír unha sociedade máis inclusiva, libre de prexuízos e na que todas as persoas poidan expresarse con liberdade.

Desde ADISBISMUR organizamos unha nova sesión da nosa Escola de Familias, na que abordaremos a diversidade afectivo-sexual e de xénero, reflexionando sobre os estereotipos que aínda persisten na sociedade e, especialmente, no ámbito da discapacidade.

Un espazo para compartir inquedanzas, resolver dúbidas e reflexionar sobre o papel das familias e da contorna no acompañamento, respecto e aceptación das diferentes maneiras de ser e querer. 💬

🎤 A charla será impartida por:
👩‍🏫 Loli Rey, Educadora Social.
🧠 Ismael Pena, Psicólogo.

📅 Xoves, 15 de outubro
🕓 16:00 h
📍 Centro Ocupacional de Valadares (Outes)

Un encontro aberto ás familias, persoas usuarias, profesionais e a todas aquelas persoas interesadas en aprender, compartir e construír unha sociedade máis respectuosa coa diversidade.

🌈 Porque non existe unha única maneira de ser, sentir nin querer. Todas merecen respecto.

01/10/2026

🚔🚔🚓🚓Os usuarios e usuarias de ADISBISMUR asistimos ao porto de Muros a unha exhibición de medios materiais e capacidades operativas da Garda Civil.A xornada divulgou o traballo diario das distintas especialidades do Corpo.
A actividade forma parte do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas Contornas, un programa do Ministerio do Interior enfocado na prevención de situacións de risco entre menores e no fomento de valores de respecto.
Durante o evento coñecemos os recursos da Garda Civil en áreas como a seguridade cidadá, a investigación criminal, a protección ambiental, a seguridade viaria, a vixilancia marítima e a intervención en emerxencias Unha mañan distinta e moi divertida.🚔🚔🚔

16/09/2026

*Onte fomos a Muxía 💙*

Pola mañá e pola tarde demos un paseo a bordo do Laion.
Debido á chuvia intermitente (orballo), mentres un grupo realizaba o paseo en barco, o outro grupo realizou un paseo a pé pola vila de Muxía.
Tamen visitamos o santuario da viaxe da Barca.
Xantamos todos xuntos no merendeiro da Ponte Constante
Pola tarde compartimos un chiquito.

Foi un día moi bonito a pesar da choiva ⛵🌦️😶‍🌫️😶‍🌫️

*Onte fomos a Muxía 💙* Pola mañá e pola tarde demos un paseo a bordo do Laion.Debido á chuvia intermitente (orballo), me...
16/09/2026

*Onte fomos a Muxía 💙*

Pola mañá e pola tarde demos un paseo a bordo do Laion.
Debido á chuvia intermitente (orballo), mentres un grupo realizaba o paseo en barco, o outro grupo realizou un paseo a pé pola vila de Muxía.
Tamen visitamos o santuario da viaxe da Barca.
Xantamos todos xuntos no merendeiro da Ponte Constante
Pola tarde compartimos un chiquito.

Foi un día moi bonito a pesar da choiva ⛵🌦️😶‍🌫️😶‍🌫️

💙 Boa nova en ADISBISMUR! As nosas compis Uxía Martinez Teira (mediadora comunicativa) e Elena Escudero Palazón( integra...
16/09/2026

💙 Boa nova en ADISBISMUR!

As nosas compis Uxía Martinez Teira (mediadora comunicativa) e Elena Escudero Palazón( integradora social), remataron a súa etapa como cooperas, pero seguen en plantilla, van a continuar no noso equipo ata o mes de decembro.

Grazas por seguir sumando! 🙌

🎟️ SEGUIMOS BUSCANDO GAÑADORES E GAÑADORAS! 🍀Xa pasou algo máis dun mes desde a Festa dos Callos! Durante agosto estivem...
11/09/2026

🎟️ SEGUIMOS BUSCANDO GAÑADORES E GAÑADORAS! 🍀

Xa pasou algo máis dun mes desde a Festa dos Callos! Durante agosto estivemos de vacacións, aínda que algún que outro premio xa foi chegando ás mans das persoas gañadoras 🎁. Agora retomamos a busca porque aínda quedan premios por entregar!

Por iso, volvemos publicar TODOS os sorteos realizados durante a festa, cos seus respectivos números gañadores, e ampliamos o prazo para reclamar os premios ata o 30 de setembro.

📌 COMO RECLAMAR O TEU PREMIO?

🎟️ Revisa as imaxes e comproba o número da túa rifa.
✅ Se tes un número premiado, é imprescindible presentar a rifa orixinal para poder recoller o premio.
📞 Ponte en contacto con ADISBISMUR ou con calquera das persoas traballadoras da asociación para xestionar a entrega.
📅 Data límite para reclamar: 30 de setembro.

🍽️🏡 IMPORTANTE PARA OS PREMIOS DE CEAS, COMIDAS E ESTADÍAS

Neste caso necesitamos algo máis ca localizar a rifa. Se che tocou un vale ou bono para unha comida ou cea, unha noite de hotel, cabana ou outra estadía, pedímosche que nos comuniques o teu nome e apelidos.

Precisamos facilitar estes datos ás empresas colaboradoras para que saiban quen é a persoa gañadora e poidan organizar e xestionar as reservas con maior facilidade. Así que, aínda que xa teñas localizado ou reclamado o premio, agradecemos que te poñas en contacto connosco para facilitarnos o nome e apelidos.

🔎 E agora si... toca volver buscar esas rifas! Mira na carteira, no bolso, na guanteira do coche ou nese caixón onde acaba todo 😜 porque pode haber un premio esperando por ti.

🍀 Moita sorte unha vez máis!
E comparte esta publicación: igual o número que estamos buscando está máis preto do que pensamos.

*ANDAINA SOLIDARIA A PROL DE ADISBISMUR 👟💙*Outes vai camiñar pola inclusión!O *Club de Atletismo de Outes* organiza unha...
09/09/2026

*ANDAINA SOLIDARIA A PROL DE ADISBISMUR 👟💙*

Outes vai camiñar pola inclusión!

O *Club de Atletismo de Outes* organiza unha andaina solidaria a favor de *ADISBISMUR*.

Camiñaremos xuntos, pasaremos unha mañá de deporte, natureza e convivencia, e todo o recadado irá destinado a seguir facendo medrar o noso traballo pola Inclusión.

*Animádevos a participar!* Cada paso conta e cada persoa suma.

Grazas de corazón ao *Club de Atletismo de Outes* por organizar e por contar sempre con nós.

*Vés camiñar con nós?*



*RESERVA A DATA!*

AVISO A SENDERISTAS E CORRECAMIÑOS‼

🚶‍♂Na XX Edición do que se celebrará o 13 de setembro volverá a celebrarse unha andaina solidaria a favor de . Se queredes g***r dunha percorrido fantástico por paisaxes e camiños espectaculares, achegádevos ata Broña para camiñar por unha boa causa.

Podedes facer a vosa inscrición nos seguintes enlaces:

🔗: https://www.321go.es/Carrera/Detail/556-xxcrossdeverndebroa2026
🔗: https://clubatletismooutes.com/cross-brona/

Dirección

VALADARES
Outes
15230

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 18:00
Martes 09:00 - 18:00
Miércoles 09:00 - 18:00
Jueves 09:00 - 18:00
Viernes 09:00 - 18:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Adisbismur publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Clínicas cercanos


Otros clínicas en Outes

Ver Todo