17/09/2026
Dos principais problemas nas adaptacións.
Sabemos que traballar con ordenador coas gafas progresivas non sempre é posible. Ás veces, pola posición, distancia ou incluso o tamaño da pantalla os progresivos poden non ser a mellor opción.
Por iso, nas nosas revisións sempre vos preguntamos a que vos dedicades, se usades ordenador, unha ou varias pantallas, tamaños e distancias de traballo. Porque tooodo iso vainos axudar a saber cal será o tipo de lente máis axeitado para as vosas necesidades visuais.
Como expertas en lentes progresivas, cando vemos que o progresivo pode ser un problema, recomendamos as lentes ocupacionais ou "de oficina". Este tipo de lentes son progresivos enfocados a distancias máis curtas, de xeito que os campos de visión intermedia, onde caen as pantallas dos ordenadores, se amplían e permiten unha visión máis confortable.
E, como sabemos que son un acerto seguro, téndelas dispoñibles como segunda parella das vosas lentes progresivas. Para non ter que renunciar a ningunha delas.
Pedide cita para a vosa revisión visual completa e atoparemos a solución máis axeitada para as vosas necesidades visuais.