Asociación Ambar

Cómo llegar Página web

Asociación Ambar 💚 𝑰𝒎𝒑𝒖𝒍𝒔𝒂𝒏𝒅𝒐 𝑽𝒊𝒅𝒂𝒔 𝑰𝒏𝒅𝒆𝒑𝒆𝒏𝒅𝒆𝒏𝒕𝒆𝒔 𝑬𝒏 𝑪𝒐𝒎𝒖𝒏𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆 💛 💚Impulsando Vidas Independentes En Comunidade💛

✨O CAMIÑO CARA AO EMPREGO: Recursos, apoios e oportunidades✨☕Nova xornada de Tempo en familia! 👨‍👩‍👧‍👦. Nesta ocasión, r...
14/10/2026

✨O CAMIÑO CARA AO EMPREGO: Recursos, apoios e oportunidades✨

☕Nova xornada de Tempo en familia! 👨‍👩‍👧‍👦. Nesta ocasión, reunirémonos para falar dun tema clave: o acceso ao mercado laboral das persoas con diversidade funcional.

Acompañáronos a explorar ferramentas de orientación, formación laboral, emprego con apoio e moitos outros recursos para abrir portas ao futuro profesional. 🚀

📅 Xoves, 22 de outubro

⏰ De 17:00 h a 18:30 h

📍 Centro de Recursos da Asociación Ambar (Lg. de Granxa, 5 - San Roque, Ribeira)

📩 Confirma asistencia! Envíanos un correo electrónico ou déixanos unha mensaxe privada para reservar a túa praza.

Acompañámonos a construír oportunidades para todos e todas! ❤️

11/10/2026

🚨✨ XA ESTÁ AQUÍ A 12ª EDICIÓN DO CALENDARIO SOLIDARIO AMBAR 2027! ✨🚨

Un ano máis, reservamos unha dose de solidariedade, ilusión e moitas risas inspiradas en grandes filmes españois. 🎬💛

Un proxecto feito para seguir impulsando a vida independente das persoas con diversidade funcional.

🎁 PREVENDA CON AGASALLO EXCLUSIVO!
As 20 primeiras reservas levarán de regalo unha peza artesanal feita con moito agarimo nos nosos obradoiros 🎨.

💡 Como reservar o teu?
👉 Na nosa web https://asociacionambar.org/calendario-solidario-2027/
👉 Por teléfono: 981 87 44 80
👉 Por email: [email protected]

Grazas por apoiar á Asociación Ambar e ser parte desta gran familia! 🥰

📸 Pichero Estudio Fotografico

10/10/2026

Hoxe conmemoramos o Día da Saúde Mental ca lectura do manifesto de A Creba Saúde Mental 🤝🧠

É fundamental lembrar que o benestar emocional e psicolóxico é tan importante como a saúde física, e que a diversidade inclúe tamén as experiencias relacionadas ca saúde mental. Cando as entidades colaboramos, facemos que estas realidades teñan máis forza e sexan máis escoitadas!

💙 As persoas de A Creba lideraron a lectura duns textos e reivindicacións, creando un espazo de visibilidade e concienciación que nos tocou a todas e todos. Foi unha xornada chea de reflexión e apoio mutuo.

Grazas, A Creba, por seguir contando con Ambar para este acto tan significativo. A nosa casa é a vosa casa! 💚💛

Fin de semana de 10 pola Costa da Morte! 🌊 Escapada xenial a unha casa rural en Dumbría, descubrindo a maxia de Fisterre...
08/10/2026

Fin de semana de 10 pola Costa da Morte! 🌊 Escapada xenial a unha casa rural en Dumbría, descubrindo a maxia de Fisterre e namorándonos da fervenza do Ézaro. Repetiríamos sen dubidalo! ✨🏡

A exposición 🌊 Ondiñas veñen e van 🌊 quedou inaugurada este sábado! 🥳🍽️ A xornada comezou cunha performance 💃 da man de ...
07/10/2026

A exposición 🌊 Ondiñas veñen e van 🌊 quedou inaugurada este sábado! 🥳

🍽️ A xornada comezou cunha performance 💃 da man de Marina Mondelo e Raquel Hernández, do grupo Elas de artes escénicas de Ambar.

Invitámosvos a desfrutar da exposición, que estará dispoñible ata o día 31 de outubro 📍 na Sala Kentada (Rúa da Barca, 14, Pontevedra).

🎨 O grupo de mulleres artistas está composto por Elena Pérez, Esperanza Silva, Mª Eugenia Reiriz, Milagros Creo, Miryan Paz, Mónica Rial, Montse Queiruga, Raquel Hernández, Sonia Alonso e Victoria Piñeiro.

🌴 Os pratos foron realizados polas artistas no estudio La Platanera nun obradoiro de serigrafía cerámica impartido por Andrea Fernández .

Temos unha nova incrible! 🎭✨. Este venres 9 estreamos a xira de 'A Serea Mariña', dentro do 'Circuíto en igualdade' da ....
06/10/2026

Temos unha nova incrible! 🎭✨. Este venres 9 estreamos a xira de 'A Serea Mariña', dentro do 'Circuíto en igualdade' da . Vémonos ás 20:30h no Auditorio de Sigüeiro .

A Serea Mariña (grupo Elas) é unha peza escénica dirixida por Fran Sieira que conxuga tradición e contemporaneidade para mergullarnos no mar galego e no papel fundamental da muller na nosa costa.

Apunta as datas e ven g***r deste mar de movementos! 🌊👇

📅 9 OUT | Concello de Oroso
📍 Auditorio de Sigüeiro ⌚ 20:30 h

📅 23 OUT | Concello de Outes
📍 Casa da Cultura de Outes ⌚ 12:00 h

📅 25 OUT | Concello de Cedeira
📍 Auditorio de Cedeira ⌚ 18:00 h

📅 27 NOV | Concello de Negreira
📍 Auditorio Afonso Eanes ⌚ 20:30 h

📅 3 DEC | Concello de Narón
📍 Auditorio de Narón ⌚ 11:30 h

📅 3 DEC | Concello de Ferrol
📍 Centro Cultural Carvalho Calero ⌚ 18:30 h

📅 12 DEC | Concello de Ames
📍 Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns ⌚ 17:00 h

Estas semanas estivemos realizando un obradoiro 🧵 ca colaboración da asociación Morreu o Demo 🎭. Aprendemos a crear uns ...
05/10/2026

Estas semanas estivemos realizando un obradoiro 🧵 ca colaboración da asociación Morreu o Demo 🎭. Aprendemos a crear uns monicreques de luva 🧶 a partir de materiais de refugallo ♻️.

Moitas grazas Asociación Morreu o Demo por colaborar con nós un ano máis! 💛

📍 Proxecto Barriga Verde

🏛️ Cultura da Deputación da Coruña

Xa está dispoñible a nosa Lotería de Nadal! 🎄⭐️🎁Podes conseguir o teu número contactando con nós:👉 Chamando ó 981 87 44 ...
02/10/2026

Xa está dispoñible a nosa Lotería de Nadal! 🎄⭐️🎁

Podes conseguir o teu número contactando con nós:
👉 Chamando ó 981 87 44 80
👉 Enviando un correo a 📨 [email protected]

Non o deixes para o final! ✨

Las Abogadas 🎬 é a serie escollida na portada de outubro do noso Calendario Solidario 2026 🍁🍂💚💛.Está protagonizada por A...
01/10/2026

Las Abogadas 🎬 é a serie escollida na portada de outubro do noso Calendario Solidario 2026 🍁🍂💚💛.

Está protagonizada por Ana Mª Viturro, Victoria Piñeiro, Sonia Piñeiro e Sara Pouso, e realizada por Pichero Estudio Fotografico 📸😊.

❤️‍🔥 Xa estamos quentando motores para o Calendario Solidario 2027 📅. Estade atentos e atentas, non volo perdades!

RTVE Mod Producciones Irene Escolar

📢 Buscamos técnico/a en programación informática para unirse ao equipo da Asociación Ambar.Se queres desenvolver a túa p...
30/09/2026

📢 Buscamos técnico/a en programación informática para unirse ao equipo da Asociación Ambar.

Se queres desenvolver a túa profesión nunha entidade comprometida ca inclusión e ca mellora da calidade de vida das persoas con diversidade funcional, esta pode ser a túa oportunidade.

💚💛 Forma parte dun equipo multidisciplinar onde o teu traballo contribuirá a promover a autonomía e o benestar das persoas.

👉 Se estás interesado/a en postular á seguinte oferta, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo a través do formulario da seguinte páxina web: asociacionambar.org/traballa-con-nos/, especificando que te presentas ó posto de “Técnico/a de programación e informática”.

ℹ️ https://asociacionambar.org/oferta-de-emprego-tecnico-a-en-programacion-e-informatica-2/

Dirección

Lg. De Granxa, 5 San Roque
Puebla Del Caramiñal
15967

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Ambar publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir