Apertas de Cores

Cómo llegar Página web

Apertas de Cores 🌿 Apertas de Cores 🌿
Un espacio terapéutico para escucharte, gestionar emociones y encontrar nuevas formas de estar contigo mism@. No tienes que hacerlo sol@.

Acompañamiento para niñ@s, adolescentes y adult@s, online y en Ribeira. Escríbeme y hablamos.

Hai enfermidades que transforman a maneira de lembrar, de comunicarnos e mesmo de recoñecernos.E máis alá do diagnóstico...
21/09/2026

Hai enfermidades que transforman a maneira de lembrar, de comunicarnos e mesmo de recoñecernos.

E máis alá do diagnóstico, segue habendo unha persoa cunha historia, un xeito de sentir e unha vida compartida.

Ao seu carón, tamén están quen acompaña, coida e sostén. Persoas que ás veces tamén precisan ser miradas, acompañadas e coidadas.

Hoxe, no Día Mundial do Alzheimer, lembramos a importancia de mirar máis alá da enfermidade e seguir atopándonos coa persoa.

💜 Porque acompañar tamén é estar, mesmo cando as palabras ou os recordos cambian.

🌈 ABRIMOS INSCRICIÓNS!Abrimos un novo grupo de habilidades sociais para adolescentes de 14 a 17 anos.Ao longo das sesión...
19/08/2026

🌈 ABRIMOS INSCRICIÓNS!

Abrimos un novo grupo de habilidades sociais para adolescentes de 14 a 17 anos.
Ao longo das sesións traballaremos:

✨ Habilidades de comunicación e relación
✨ Identificación e xestión emocional
✨ Atención, planificación e organización
✨ Resolución de conflitos e toma de decisións
✨ Autonomía e seguridade persoal
✨ Convivencia, cooperación e respecto polos demais

Todo isto a través de actividades prácticas e dinámicas grupais adaptadas ás necesidades das persoas participantes.
📅 Comezamos o 22 de setembro

🕢 Martes, de 19:30 a 20:30 h
📍 Espazo de Silvia Logopedia
🌱 Grupo reducido

O grupo estará facilitado por Nancy Silva Pérez, de Apertas de Cores.
📲 Información e inscricións:

Nancy Silva · Apertas de Cores
684 79 56 53

Silvia Álvarez · Silvia Logopedia
670 51 72 64

Se cres que a túa filla ou o teu fillo pode necesitar un grupo destas características, consúltanos sen compromiso.

Agradecemos moito a difusión 💜

🌿 Cando idealizamos o pasadoA mente ten unha curiosa maneira de protexernos: co paso do tempo, adoita suavizar as lembra...
30/06/2026

🌿 Cando idealizamos o pasado

A mente ten unha curiosa maneira de protexernos: co paso do tempo, adoita suavizar as lembranzas dolorosas e dar máis protagonismo aos momentos bos. Isto fai que, ás veces, non botemos de menos tanto a unha persoa… senón a idea que construímos dela.

Desde a psicoloxía, sabemos que a idealización é un mecanismo frecuente. Cando unha relación remata, é fácil lembrar as risas, os abrazos ou os proxectos compartidos, mentres minimizamos as discusións, as decepcións ou todo aquilo que nos fixo sufrir. A memoria non é unha gravación exacta; está influenciada polas emocións e polas necesidades do presente.

Por iso é importante preguntarnos:
✨ Boto de menos realmente esa persoa ou como me sentía cando estaba con ela?
✨ Estou lembrando a relación completa ou só as súas mellores partes?
✨ O que quero recuperar é o pasado… ou a sensación de seguridade, compañía ou amor que asociaba a el?

Idealizar impídenos ver a realidade e pode manternos atrapadas en comparacións inxustas. Ningunha relación nova poderá competir cun recordo editado pola nostalxia.

Aceptar que unha relación tivo momentos fermosos non significa esquecer por que rematou. As dúas cousas poden ser verdade ao mesmo tempo: houbo amor e tamén houbo motivos para marchar.

O verdadeiro peche chega cando deixamos de perseguir unha versión perfecta do pasado e empezamos a mirar con honestidade a nosa historia. Porque non sempre botamos de menos a quen marchou; ás veces botamos de menos quen eramos naquela etapa da nosa vida.

Recorda: a nostalxia pode facer que o pasado pareza máis bonito do que realmente foi. Curar tamén consiste en aprender a lembrar con cariño, pero sen perder o contacto coa realidade. 💚

🌊 MULLERES, EMPRENDEMENTO E REDEII Xornada de encontro e conexión · Coworking PobraPor segundo ano consecutivo, organiza...
09/06/2026

🌊 MULLERES, EMPRENDEMENTO E REDE
II Xornada de encontro e conexión · Coworking Pobra

Por segundo ano consecutivo, organizamos un encontro para as mulleres emprendedoras, empresarias e profesionais vinculadas ao Coworking da Pobra.

📅 18 de xuño de 2026
📍 Praia e Chiringuito de Xobre

Un espazo para coñecernos, coñecer os nosos proxectos e fortalecer a rede de apoio mutuo. Porque disto se trata emprender con perspectiva de xénero 💪

⚠️ Prazas limitadas · Aforo máximo: 40 participantes
📝 Inscrición antes do luns 15 de xuño ás 14:00 h

👉 https://forms.gle/rQFYumuas3nS56rB8

✨ Veñen cousiñas! ✨Con moita ilusión compartimos que Apertas de Cores e VERA Espazo Humanista Integrativo comezamos a te...
06/06/2026

✨ Veñen cousiñas! ✨

Con moita ilusión compartimos que Apertas de Cores e VERA Espazo Humanista Integrativo comezamos a tecer unha colaboración moi especial.

💜 Apertas de Cores + ❤️ VERA Espazo Humanista Integrativo

Dous proxectos unidos polos coidados, a conexión humana e o benestar emocional, explorando camiños comúns para crear experiencias con sentido.

📍 Badaxoz

Estamos dando forma a esta aventura e, cando chegue o momento, compartirémola con vós.

👀 Seguide atent@s!

💜 Onte, 2 de xuño, celebrouse o Día Mundial dos Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA) 💜Aínda que a data xa pasou, a im...
03/06/2026

💜 Onte, 2 de xuño, celebrouse o Día Mundial dos Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA) 💜

Aínda que a data xa pasou, a importancia de visibilizar esta realidade continúa os 365 días do ano.

Os TCA son enfermidades mentais complexas que poden afectar a persoas de calquera idade, xénero ou condición. Non son unha elección, nin unha cuestión de vontade, nin teñen unha única causa.

Detrás de cada diagnóstico hai unha persoa que merece comprensión, apoio e acceso a unha atención especializada e respectuosa.

Desde Apertas de Cores queremos agradecer a todas as persoas que onte contribuíron a dar visibilidade a esta causa e lembrar que a sensibilización, a prevención e o acompañamento non rematan nun só día.

Falar, escoitar sen xulgar e acompañar pode marcar a diferenza.

💜 Porque a recuperación é posible.
💜 Porque ningunha persoa debería afrontar un TCA en soidade.
💜 Porque cada aperta conta.

Faino máis veces.Iso que che dá calma.Iso que che fai sorrir sen esforzo.Iso que che reconecta contigo.Un café quente se...
21/05/2026

Faino máis veces.
Iso que che dá calma.
Iso que che fai sorrir sen esforzo.
Iso que che reconecta contigo.

Un café quente sen présa.
A música que che cambia o ánimo.
Un paseo ao sol da tarde.
O arrecendo das velas acesas.
Quedar na casa un venres sen culpa.
Rir con alguén que che entende.
Apagar o móbil un intre.
Mirar o mar.
Descansar.
Respirar fondo.

Ás veces buscamos cambios enormes para sentirnos mellor, cando o verdadeiro benestar empeza nas pequenas cousas que repetimos cada día con cariño e intención.

Non todo ten que ser produtivo.
Tamén é importante aquilo que che sostén, che acompaña e che dá paz.

Porque coidarse non sempre é facer máis.
Ás veces é parar.
Escoitarte.
E volver a ti. 💛

En Apertas de Cores acompáñote a crear espazos máis amables para a túa vida e para o teu corazón.

🦋 ¿Sentes que necesitas un espazo só para ti?En Apertas de Cores acompáñote no teu proceso emocional, á túa maneira e ao...
20/05/2026

🦋 ¿Sentes que necesitas un espazo só para ti?

En Apertas de Cores acompáñote no teu proceso emocional, á túa maneira e ao teu ritmo.

✨ Sesións presenciais en Ribeira

💻 Online, estés onde estés

Se queres saber máis ou simplemente dar o primeiro paso… estou aquí 💬

👇 Podes escribirme por WhatsApp
https://wa.me/34684795653

17/05/2026

🎬✨ Queres aprender a expresarte a través do audiovisual e pasar unha tarde diferente?Vén ao obradoiro “Luces, cámara… se...
14/05/2026

🎬✨ Queres aprender a expresarte a través do audiovisual e pasar unha tarde diferente?

Vén ao obradoiro “Luces, cámara… sen filtro!” 📱🎥
Un espazo para crear, compartir e deixar voar a túa creatividade 💜

📍 Casa da Xuventude de Ribeira
📅 16 de maio
⏰ 17:00h – 20:00h

🙌 Para mozas e mozos de 12 a 30 anos
📩 Inscrición previa aberta!

Dirección

Puebla Del Caramiñal
15940

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 20:30
Martes 09:00 - 20:30
Miércoles 09:00 - 20:30
Jueves 09:00 - 20:30
Viernes 09:00 - 20:30
Sábado 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Apertas de Cores publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría