Mulleres con endometriose

Mulleres con endometriose querENDO.Mulleres con endometriose,Para acompañar,informar e loitar xuntas por unha atención pública de calidade💛

A endometriose é unha doenza pola que o tecido endometrial que debería estar dentro do útero implántase e medra fóra do útero. As localizacións máis habituais o peritoneo pélvico e mais os ovarios aínda que algunhas mulleres tamén poden ver afectado o intestino, a vexiga, o estómago, o pulmón. É unha doenza crónica sen causa coñecida. Pénsase que a endometriose afecta a un 10% da poboación feminin

a en idade fértil. Os síntomas máis comúns son: dor durante a regra, dor coas relacións se***is, infertilidade e dor pélvico crónico, dor abdominal ou de costas, dor ao orinar ou ao defecar, hemorraxias... A intensidade dos síntomas non ten relación directa coa extensión anatómica da doenza. A infertilidade pode alcanzar ao 30-40% das mulleres coa doenza. Nalgúns casos a resposta terapéutica aos distintos tratamentos é moi pobre, do que resulta unha atención sanitaria frustrante para a muller sobre todo, pero tamén para o profesional sanitario que a atende. Como procedementos terapéuticos úsase terapia hormonal, analxesia e cirurxía. A endometriose clasíficase pola súa extensión en
Endometriose Grado I Mínima: implantes aillado s e sen adherencias. Endometriose Grado II Leve: implantes superficiais menores de 5cm. Aheridos ou diseminados sobre a superficie do peritoneo e os ovarios. Endometriose Grado III Moderada: Implantes múltiples superficiais ou invasivos. Adherencias ao redor das trompas ou periováricas, que poden ser evidentes. Endometriose Grado IV Severa: Implantes múltiples, superficiais e profundos que inclúen grandes endometriomas ováriocs. Usualmente observanse adherencias membranosas extensas. A endometriose grave con infiltracións profundas debe ser tratada por especialistas con experiencia. A demora no diagnóstico de endometriose é frecuente. Fonte: Guía de atención a mulleres con endometriose no SNS

A doenza da endometriose é crónica, inflamatoria e afecta a múltiples órganos do noso corpo. En calquera época do ano. T...
20/07/2026

A doenza da endometriose é crónica, inflamatoria e afecta a múltiples órganos do noso corpo. En calquera época do ano. Tamén no verán. Mentres outros están de vacacións en querENDO non collemos vacacións e seguimos reivindicando no verán.
Este domingo a nosa compañeira Cristina estivo no programa Tarde Piaches da TVG para darlle visibilidade á nosa dor e voz ás nosas reivindicacións.
Como doenza con múltiples afectacións no sistema reproductivo, no aparato urinario, no dixestivo, no pulmonar... e tantos outros, precisamos UNIDADES MULTIDISCPLINARES que nos atendan dun xeito integral. Galicia, en 2026 non creou ningunha unidade multidiscplinar, multiplicando a nosa dor, o noso sufrimento e dando lugar a unha atención fragmentada e pouco eficaz, prolongando innecesariamente as nosas baixas e engadindo dor á nosa dor.
A nosa pregunta do verán 2026 é esta:
, até cando Galicia sen Unidades Multidiscplinares de endometriose?

Xa formamos parte do Consello asesor da área sanitaria Santiago y Barbanza.Xuntar forzas e seguir presentes para seguir ...
24/06/2026

Xa formamos parte do Consello asesor da área sanitaria Santiago y Barbanza.
Xuntar forzas e seguir presentes para seguir loitando polas nosas necesidades, como as UNIDADES MULTIDISCIPLINARES.💪💛

ISTO É O QUE NOS PROMETERON!!! E QUEREMOS
06/06/2026

ISTO É O QUE NOS PROMETERON!!! E QUEREMOS

Hoxe é o día Das Letras Galegas. Este ano faise homenaxe a Unha Muller, Grazas Begoña Caamaño polas túas verbas:"O galeg...
17/05/2026

Hoxe é o día Das Letras Galegas. Este ano faise homenaxe a Unha Muller, Grazas Begoña Caamaño polas túas verbas:
"O galego, o noso idioma, tan vizoso,tan bonito é un privilexio que Temos".
Bo día ☺️ 💛 e que a nosa enfermidade nos permita disfrútalo

💪💛💪💛HOXE damos visibilidade a nosa enfermidade na Feria da Saúde de .saudable.GRAZAS polo espazo, as persoas que veñen e...
15/05/2026

💪💛💪💛HOXE damos visibilidade a nosa enfermidade na Feria da Saúde de .saudable.
GRAZAS polo espazo, as persoas que veñen e preguntan por ellas, os seus familiares...e escoitan a realidade da endometriose.

1°MAIO, Erguemonos cada mañá coa nosa enfermidade e "traballar con normalidade".....HOXE, mañá e sempre💪💛
01/05/2026

1°MAIO, Erguemonos cada mañá coa nosa enfermidade e "traballar con normalidade".....
HOXE, mañá e sempre💪💛

🫶🫶🫶💛💛💛 GRAZAS a , ás nosas socias e ás persoas que veñen a coñecer a nosa enfermidade e facer difusión na sua rede perso...
25/04/2026

🫶🫶🫶💛💛💛 GRAZAS a , ás nosas socias e ás persoas que veñen a coñecer a nosa enfermidade e facer difusión na sua rede persoal e familiar.

💛🔝📢📢📢📢📢Qué Fas o sábado?????Se queres saber máis da endometriose as cosas socias pódenche axudar.GRAZAS ao  🎗️ 💜
22/04/2026

💛🔝📢📢📢📢📢Qué Fas o sábado?????
Se queres saber máis da endometriose as cosas socias pódenche axudar.
GRAZAS ao

🎗️ 💜

Dirección

Riveira

Teléfono

+34604084382

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mulleres con endometriose publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Mulleres con endometriose:

Atajos

Compartir