Masaxe Ayurveda, Kobido & Jikiden Reiki

Masaxe Ayurveda, Kobido & Jikiden Reiki O Centro de Terapias Surya é un espazo acolledor para descansar, relaxarte e coidar da túa saúde MASAXE AYURVEDA . Os Vedas. MASAXE AYURVEDA PRE-MAMÁ .

Abhyanga, tamén coñecida coma masaxe ayurvédica provén da medicina tradicional hindú, chamada medicina ayurvédica, con arredor de 5000 anos de vixencia e que forma parte dos textos sagrados da India.. A palabra "Ayurveda" significa "ciencia da vida" e está considerado o sistema curativo máis comprensible e antigo do mundo ao tratar conxuntamente corpo, mente e espírito. Seguindo esta filosofía de

vida, ofrézoche unha masaxe de corpo enteiro que inclúe drenaxe linfático, reflexoloxía podal, manipulación dos puntos marma e dos canais de enerxía do corpo. Proporciona unha sensación de benestar única, nun ambiente coidado, con unha iluminación, temperatura e música que resultan moi agradables.
É unha masaxe longa, de mínimo 2 horas, para que poidas desconectar da túa vida diaria, atoparte contigo mesmo/a e descansar. Vai dirixida a persoas, tanto homes coma mulleres, que precisen un lugar onde descansar tanto fisica como mentalmente, liberarse do estrés diario ou a quen, simplemente, lle apeteza desfrutar dunha masaxe diferente. Ideal para darte un mimo ou para regalar a quen ti queiras. Se estás embarazada tamén podes vivir esta experiencia adaptada a ti. Estarás co teu bebé en perfecta sincronía tanto a nivel fisico como mental. Notarás como vos sentiredes estupendamente, pois esta unión armónica da man dunha masaxe ayurvédica fortalece o sistema inmune e ten un efecto calmante. O estrés escapa e así faiselle frente ao cansazo, e durmirás mellor. Non perdas esta oportunidade de relaxarte e sentir o ayurveda coma unha terapia innovadora e relaxante. SERVIZO A DOMICILIO . BENEFICIOS DA MASAXE AYURVEDA:

* Axuda a superar a fatiga física e o estrés proporcionando un estado de relax e benestar.

* Impide os problemas relacionados co sistema nervioso e aporta un reequilibrio psicofísico.

* Agudiza a vista, o oído, disminue o insomnio e promove o vigor físico e a vitalidade.

* Axuda ao corpo a asimilar os alimentos e a eliminar as toxinas.

* O tratamento no rostro é útil para aliviar dores de cabeza, tortícolis e mareos, problemas visuais, dor de moas etc...

* A masaxe de pes e pernas tonifica os vasos sanguíneos e os músculos das pernas, fatigadas polos excesos da vida diaria ou debido a un excesivo sedentarismo.

* A masaxe na espalda elimina o estrés, descarga os ombros e impide a dor de cabeza.

* A masaxe no peito e abdome libera as emocions estancadas, facilita o equilibrio dos órganos e contribúe a controlar a tensión arterial. Aspectos distintivos da Masaxe Ayurvédica ou Abhyanga:


* Uso específico de aceites dacordo ás tres intelixencias corporais: Vata, Pitta e Kapha.

* Equilibra os 5 elementos no organismo: éter, aire, auga, fogo e terra; un aspecto fundamental na medicina Ayurvédica.

* O ritmo, intensidade e movementos da masaxe son adaptados segundo a constitución corporal da persoa (Prakriti) e os desequilibrios que presente.

* Durante a masaxe, os Marmas ou centros enerxéticos do corpo son manipulados pra desbloquear e restablecer o fluxo natural de enerxía.

* Os movementos vigorosos e rítmicos serven pra conectar a función física, fisiológica e enerxética entre as duas partes do corpo.

* Mellora a circulación e con iso a purificación da sangue.

* Estimula o sistema linfático fortalecendo a resposta inmunolóxica.

* Equilibra os tres Doshas ou humores corporais nutrindo o organismo con maior forza vital ( Prana ).

Dirección

Rúa Alcalde Fernández Bermúdez 97 C Baixo K
Santa Eugenia De Ribeira
15960

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 22:00
Martes 10:00 - 22:00
Miércoles 10:00 - 22:00
Jueves 10:00 - 22:00
Viernes 10:00 - 22:00
Sábado 10:00 - 22:00
Domingo 10:00 - 22:00

Teléfono

+34699443547

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Masaxe Ayurveda, Kobido & Jikiden Reiki publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Masaxe Ayurveda, Kobido & Jikiden Reiki:

Compartir