Centro de Psicoloxía Claves

Centro de Psicoloxía Claves “Claves” é un centro de psicoloxía localizado no primeiro andar de Área Central no barrio das

O Estado español é un dos líderes mundiais no consumo de medicación para a saúde mental. Galiza é a comunidade onde máis...
08/06/2026

O Estado español é un dos líderes mundiais no consumo de medicación para a saúde mental. Galiza é a comunidade onde máis ansiolíticos e hipnosedantes se consumen, e rivalizamos cos nosos veciños asturianos no liderazgo do consumo de antidepresivos.
Hai moi poucas psicólogas e psicólogos clínicos na atención primaria e non dan feito as que hai: consultas excesivamente curtas, cada moito tempo, moitas veces cando a xente volve non lle atende a mesma persoa... Os tratamentos non poden ser demasiado bos aínda que haxa persoas que intenten esmerarse no seu traballo.
E cando estás jodido e vas mirarte, a solución máis fácil non vai ser derivarte a saúde mental e que alí te trate unha boa profesional, con tempo, esmero e atención ao teu caso particular (porque non existe nestes momentos nese contexto), se non que unha médica ou médico vai recitarche algunha (ou varias) das múltiples e marabillosas pastillas do arsenal farmacéutico. En ocasións tampouco te van dar unha baixa que podes necesitar (política Rueda proclamada no Parlamento hai pouco), a opción é traballar empastillado e asunto “resolto”.
Non xeneralizo, que conste: hai médicas e médicos, incluso psiquitras, que non son “de gatillo fácil” e procuran non receitar sen ton nin son e propoñen a posibilidade dun tratamento non farmacolóxico ou consideran asinar unha baixa. E non digo tampouco que as pastillas non poidan ser parte puntual dun tratamento (ou incluso parte importante ás veces), pero por si soas só tapan, non solucionan.
Así non se arranxa un problema, mantense, ou co tempo, empeórase.

Pasa que, cando necesitamos sentirnos mellor, ás veces temos un ansia importante por conseguilo. E sucede aínda máis can...
29/05/2026

Pasa que, cando necesitamos sentirnos mellor, ás veces temos un ansia importante por conseguilo. E sucede aínda máis cando a situación desagradable na que estamos e queremos cambiar xa leva un tempo tocándonos os ovarios/collóns e non vemos como saír. Entón pode suceder que se busque axuda externa (un psicólogo en Santiago por exemplo), e as cousas, se se atina ben co xeito, empecen a mudar.
En algunha ocasión houbo xente que me dixo que despois de ir mellorando se vían estancados, incluso en algunha ocasión teñen abandonado a terapia por ese motivo, pois vale, está ben, é decisión de cada un e eu sempre a respecto. Pero sempre digo que os avances e os cambios DEBEN ir amodo, apurarnos non nos leva a ningures. Chega un momento no que os primeiros cambios que se foron facendo necesitan asentarse, hai que acostumarse a eles e ás súas consecuencias, non podemos e non debemos ter a idea e a intención de ir cara arriba seguido (aparte de que todo ten un límite, ás veces non se pode ir máis lonxe...)
En terapia hai eses momentos nos que parece que imos por unha meseta despois de subir con máis ou menos esforzo, e eses momentos son claves e esenciais para ir integrando todo iso novo, e non se poden obviar nin apurarse para avanzar a toda hostia. Cando toca meseta, toca meseta, cando se sube súbese e cando se baixa, báixase (porque tamén se baixa incluso nos procesos de mellora).
Estar nunha “meseta” desas, ou verse “estancado” non é malo, máis ben indica que o que facemos estase, seguramente, afianzando algo máis e non se está facendo mal de todo.

Hai 130 anos levouse a cabo unha folga en Chicago para reivindicar a xornada laboral de 8 horas; "8 horas de traballo, 8...
01/05/2026

Hai 130 anos levouse a cabo unha folga en Chicago para reivindicar a xornada laboral de 8 horas; "8 horas de traballo, 8 horas de descanso e 8 horas de lecer". Algo básico, polo que aínda hai que loitar hoxe en día, por desgraza. Porque moito do malestar do que aparece nas consultas de psicoloxía tenche que ver, ás veces, máis con condicións de vida, condicións sociais e laborais inxustas (por como está montado isto) que con movidas nas que un psicólogo ou unha psicóloga poidan facer algo realmente.
Sempre se pode mellorar algo unha situación de malestar, pero a base e a orixe, en estes casos, está en outro lado, e, nestes casos (en outros non ten por que) mellorando esas condicións, si melloraría a calidade de vida da xente, e polo tanto o seu benestar mental e psicolóxico.
Cousas básicas como un traballo digno e debidamente remunerado, acceso á vivenda, e as debidas liberdades, mitigarían ou solucionarían en gran parte unha proporción importante de problemas que se diagnostican como ansiedade, depresión, etc.
Por iso é esta unha data importante que ten que ver cos traballadores e traballadoras, pero tamén co benestar psicolóxico.
Quen quera pode ler a orixe do día de hoxe en Wikipedia buscando: Revolta de Haymarket

Hai 52 anos. Algo para lembrar e ter presente sempre porque, por desgraza, sempre se volve necesitar en algún momento 🫤✊...
25/04/2026

Hai 52 anos. Algo para lembrar e ter presente sempre porque, por desgraza, sempre se volve necesitar en algún momento 🫤✊🏼

Hai unhas semanas tiña una sesión cunha parella de Santiago que decidiran vir ao psicólogo. Falaban, entre outras cousas...
22/04/2026

Hai unhas semanas tiña una sesión cunha parella de Santiago que decidiran vir ao psicólogo. Falaban, entre outras cousas, de que cando algo saía mal e os afectaba aos dous, estaban tan mal polo suceso que entre eles cambiaba a interacción. Como cada un estaba mal polo que non saíra ben (que podían ser moitas cousas e variadas: un mal comportamento dos fillos, co seu cristo correspondente; unha mala noticia económica; outro malentendido cos pais de un deles dous...), entón, ao estar mal, non se aguantaban moito e ían un pouco por libre “sen poder axudar ao outro, porque bastante tiñan co seu” dicían.
Uns días antes estivera eu lendo un libro (friki que é un) sobre xeopolítica e historia do peor conflito da historia ata o momento (cruzo os dedos), en concreto un capítulo que falaba da intervención dos n***s en Grecia para arranxar o fiasco que montara o outro fascista da zona, Benito (por interese propio, non para axudar ao seu “colega” fascista). O libro contaba con relatos de persoas que viviran os momentos, tanto persoas de a pé como personaxes históricos, e nunha parte falaba da retirada que tiveron que realizar os soldados gregos xunto cos británicos que acudiran a apoialos fronte o avance n**i, e relataba os momentos tan jodidos que pasaran eses soldados, e a necesaria camaradería que os unía nun momento así, e grazas á cal gran parte deles conseguiran embarcar para continuar loitando contra o fascismo máis adiante. Estaban ben jodidos por todo o que estaba pasando, pero iso achegounos máis e reforzou os seus lazos e a súa determinación.
Pareceume un exemplo axeitado para poñer, e tivo o seu calado. Cando algo nos afecta a varios (dous ou máis) é moita mellor opción o apoio mutuo, somos *compañeiros na derrota* , separarnos aínda máis non é a mellor opción... non o pensaran así ata aquel momento.

18/04/2026

Lin a semana pasada unha noticia importante sobre saúde mental. Concretamente unha MALA noticia sobre saúde mental. E é que o Sr. Rueda, presidente da Xunta de Galicia, anunciou en Santiago que vai dificultar as baixas por saúde mental e devolver a un montón de xente aos seus postos de traballo, facendo caso do que pide a patronal, e ademais pretende reforzar o papel das mutuas privadas, como non.
Como psicólogo teño que dicir que é unha das peores medidas posibles e un retroceso da hostia (cousas clásicas deste tipo de xente...) agora que se levaba tempo conseguindo dar aos problemas de saúde mental o seu espazo e o seu valor, e se estaba facilitando que a xente non tivera “mal rollo” polo feito de acudir a profesionais deste campo. Haberá quen pense que claro, como traballo en iso, que vou dicir... pois claro, traballo en iso e o que me mola do meu traballo é axudar á xente, e claro cobro por iso, é o meu traballo. O asunto é que un montón de xente vai perder a oportunidade dun tempo necesario para recuperarse das m***as da vida e/ou do traballo precario ou abusivo, e iso vailles pasar factura, a eles e á empresa, porque diso parece que non se dan conta. Porque ese é outro problema: o curtos de miras que son algúns políticos e os empresarios en xeral, que non se dan conta que o traballo que poidan facer esas persoas ás que non lles dan unha baixa seguramente necesaria, vai ser unha m***a de traballo e cada vez irán estando peor.
O que se necesita é verdadeira sanidade pública de calidade. E se a xente pide baixas por motivos de saúde mental, en moitas ocasións é porque tal como está montada esta sociedade, non pode ser de outro xeito. A quen queira ler máis (incluso despois de esta “chapa”) sobre este último asunto, poño un enlace a un post da páxina de Claves que escribín hai tempo: https://psicoloxiaclaves.com/archivos/1980

10/04/2026

Hai 15 días fun dar unha charla ao CEIP de Vite en Santiago, invitado polo departamento de orientación para falar sobre o apoio que poden dar as familias ao estudo desde casa.
A asistencia foi discreta pero as nais que foron creo que quedaron bastante contentas e foron participativas (só foron nais, decepcionoume un pouco o feito, mais era o que imaxinaba... 😕, será algo a cambiar, pais).
Algo falei do espazo do estudo na casa e como pode ser mellorable, non toquei tema de técnicas de estudo en si porque hai sitios donde miralo e tamén é desexable que desde o propio centro educativo se ocupen do tema. Pareceume máis importante, como psicólogo, falar de aspectos periféricos que inflúen moito e ás veces non contemplamos pero que teñen unha gran importancia.
Estivemos a falar de varias cousas, como o exemplo que poden dar os adultos da casa, que seguen sendo referencia importante para nenos e nenas de primaria. Ten moita importancia a lectura como instrumento de aprendizaxe e é importante o exemplo que poden dar as nais e pais na casa simplemente con que os fillos os vexan facelo. Tamén o interese por aprender cousas novas (de calquera tipo) pódese facilitar simplemente falando dese tipo de cousas, de cousas interesantes que aprenderon os pais en calquera momento ou o que lles gustaría chegar a saber.
Tamén quixen falar de algo crucial que é un posible impedimento importante para o estudo: a influencia dos móbiles, máis concretamente do tempo adicado a pantallas, que quita tempo á estimulación "analóxica" mermando a tan necesaria estimulación clásica e contacto humano directo.
En fin, unha boa experiencia que teño que agradecer á orientadora do centro Dolores Juiz Lopez.
Hai moito que non escribo no blog de Claves, creo que vou aproveitar e falar algo máis sobre este tema en breve xa que teño a nova páxina web en funcionamento...

compostela

24/03/2026

Claves ten páxina web nova! O enderezo segue a ser psicoloxiaclaves.com mais mudou a apariencia da mesmo e ten varias cousas novas: preguntas frecuentes para dar algo de información básica que pode interesar; un espazo para mandar directamente un correo desde a páxina e solicitar cita, que se sigue poidendo facer por teléfono, WhatsApp, e o gadget de Doctoralia que continúa na páxina (o botón de "reserva a túa primeira sesión"). Outra novidade importante é a incorporación do meu colega de profesión e amigo Tomás que se dedica á psicoloxía deportiva e ten un espazo en Claves á súa disposición para este servizo (podedes averiguar máis mirando a páxina e saber tamén como contactar con el). A páxina nova está feita por Orestes Comunica, empresa galega de comunicación e marketing (https://orestescomunica.com/ https://www.instagram.com/orestescomunica/). A páxina está en funcionamento pero aínda estamos a pasar as sesenta e pico entradas do blog da antiga páxina, e levará un tempo, e algunha cousa máis se irá metendo como fotos máis ou menos actualizadas. Pois a botar un vistazo se vos presta! Saúdos a todas.

24/03/2026

Claves ten páxina web nova! O enderezo segue a ser psicoloxiaclaves.com mais mudou a apariencia da mesmo e ten varias cousas novas: preguntas frecuentes para dar algo de información básica que podería interesar antes de solicitar unha cita, ou simplemente por saber como pode funcionar o asunto da terapia; un espazo para mandar directamente un correo desde a páxina e solicitar cita, que se sigue poidendo facer por teléfono, WhatsApp, e o gadget de Doctoralia que continúa na páxina (o botón de "reserva a túa primeira sesión"). Outra novidade importante é a incorporación do meu colega de profesión e amigo Tomás que se dedica á psicoloxía deportiva e ten un espazo en Claves á súa disposición para este servizo (podedes averiguar máis mirando a páxina e saber tamén como contactar con el). A páxina nova está feita por Orestes Comunica, empresa galega de comunicación e marketing (https://orestescomunica.com/ https://www.instagram.com/orestescomunica/). A páxina está en funcionamento pero aínda estamos a pasar as sesenta e pico entradas do blog da antiga páxina, e levará un tempo, e algunha cousa máis se irá metendo como fotos máis ou menos actualizadas. Pois veña, a botar un vistazo se vos presta! Saúdos a todas.

24/03/2026

Claves ten páxina web nova! O enderezo segue a ser psicoloxiaclaves.com mais mudou a apariencia da mesma e ten varias cousas novas: preguntas frecuentes para dar algo de información básica que case todo o mundo pode preguntaría (quizais) para saber algo sobre o centro e a súa forma de traballar; un espazo para mandar directamente un correo desde a páxina e solicitar cita, que de todas formas séguese poidendo facer por teléfono, WhatsApp, e o gadget de Doctoralia que continúa na páxina (o botón de "reserva a túa primeira sesión").
Outra novidade importante é a incorporación do meu colega de profesión e amigo Tomás que se dedica á psicoloxía deportiva e ten un espazo en Claves á súa disposición para este servizo (podedes averiguar máis mirando a páxina e saber tamén como contactar con el).
A páxina nova está feita por Orestes Comunica, empresa galega de comunicación e marketing (https://orestescomunica.com/ https://www.instagram.com/orestescomunica/).
A páxina está en funcionamento pero aínda estamos a pasar as sesenta e pico entradas do blog da antiga páxina, e levará un tempo, e algunha cousa máis se irá metendo como fotos máis ou menos actualizadas. A botar un vistazo se vos presta! Saúdos a todas.

Dirección

Calle C. Área Central París, 7/1ª Plta. Loc. 28M
Santiago De Compostela
15707

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 13:00
16:30 - 20:30
Martes 10:00 - 13:00
16:30 - 20:30
Miércoles 10:00 - 13:00
16:30 - 20:30
Jueves 10:00 - 13:00
16:30 - 20:30
Viernes 10:00 - 13:00
16:30 - 20:30

Teléfono

+34698119998

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro de Psicoloxía Claves publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Centro de Psicoloxía Claves:

Compartir

Categoría