02/11/2026
COGAMI achegouse ao ámbito universitario para dar a coñecer os seus equipos de traballo e as oportunidades profesionais que ofrece. 💼
Participamos nas feiras de emprego IMPULSA-T, no Campus de Elviña, e FESTALENT, no Campus Industrial de Ferrol, organizadas pola Universidade da Coruña. Dous encontros nos que tivemos unha boa acollida e puidemos contactar con persoas interesadas en desenvolver a súa carreira profesional nos diferentes ámbitos nos que traballamos.
Ademais, en FESTALENT contamos cunha sorpresa especial grazas á colaboración de Hornos de Lamastelle. 🎂
Contámoscho na nosa web. Enlace no primeiro comentario