Colexio Oficial de Podólogos de Galicia

Colexio Oficial de Podólogos de Galicia Colexio Oficial de Podoloxía de Galicia

🌑 Mañá preparámonos para vivir un momento único… e esta vez, probablemente, a pé. 👟Cos cortes de tráfico, tocará camiñar...
12/08/2026

🌑 Mañá preparámonos para vivir un momento único… e esta vez, probablemente, a pé. 👟

Cos cortes de tráfico, tocará camiñar para atopar o mellor lugar desde o que g***r da eclipse.

Así que xa sabes: calzado cómodo, pés preparados e a g***r do espectáculo. 🦶✨

Porque a eclipse só pasa unha vez. Que os teus pés non che impidan vivila!

Hoxe, Día de Galicia, celebramos o orgullo de pertencer a unha terra de talento, compromiso e vocación de servizo.Onte, ...
25/07/2026

Hoxe, Día de Galicia, celebramos o orgullo de pertencer a unha terra de talento, compromiso e vocación de servizo.

Onte, a presidenta do Colexio Oficial de Podoloxía de Galicia, Ana Requeijo Constenla, asistiu ao acto de entrega das Medallas de Galicia 2026, unha homenaxe ás persoas e á colectividade galega que, co seu traballo e traxectoria, contribúen a engrandecer o nome de Galicia dentro e fóra das nosas fronteiras.

Un recoñecemento que simboliza os valores que hoxe celebramos: o esforzo, o compromiso e o orgullo de ser Galicia.

Feliz Día de Galicia! 💙

🦶 UN PASO HISTÓRICO PARA A PODOLOXÍA GALEGA🤝 O Colexio Oficial de Podóloxía de Galicia mantivo unha reunión co consellei...
23/07/2026

🦶 UN PASO HISTÓRICO PARA A PODOLOXÍA GALEGA

🤝 O Colexio Oficial de Podóloxía de Galicia mantivo unha reunión co conselleiro de Sanidade na que se anunciou un avance de especial relevancia para a nosa profesión e para a atención sanitaria en Galicia: a incorporación de profesionais da Podoloxía á Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

🎉 Un anuncio que supón un fito histórico para a Podoloxía galega e que representa un importante avance no recoñecemento da nosa profesión como parte necesaria da atención sanitaria pública.

📈 Desde o Colexio Oficial de Podóloxía de Galicia levamos anos traballando para avanzar na incorporación da Podoloxía á sanidade pública, polo que este anuncio representa un paso especialmente significativo e abre unha nova etapa para a nosa profesión en Galicia.

💙 Continuaremos traballando e colaborando coas administracións sanitarias para avanzar na integración da Podoloxía no sistema público e contribuír a garantir unha atención podolóxica de calidade para a cidadanía.

☀️ Lembras aplicar crema solar no dorso dos pés?É unha das zonas que máis esquecemos durante o verán, pero tamén está ex...
17/07/2026

☀️ Lembras aplicar crema solar no dorso dos pés?

É unha das zonas que máis esquecemos durante o verán, pero tamén está exposta á radiación ultravioleta.

Protexer os pés do sol axuda a previr queimaduras e reduce o risco de danos na pel, incluído o melanoma.

🦶 Non esquezas aplicar protector solar no dorso dos pés, renovalo cada dúas horas e revisar periodicamente a pel dos teus pés. Se observas unha mancha ou un lunar que cambia de tamaño, forma ou cor, consulta cun profesional sanitario.

Este verán, protexe tamén os teus pés.

08/07/2026

🎥 En laSexta, falamos dun hábito moi común no verán que pode prexudicar a saúde dos teus pés ☝️

As chanclas son unha boa opción para a praia ou a piscina, pero non para camiñar durante longos percorridos 👣

O seu uso prolongado pode favorecer a aparición de molestias e lesións nos pés.

Os nosos consellos son claros:

👟 Emprega un calzado que suxeite ben o pé cando vaias camiñar.

🩴 Reserva as chanclas para momentos puntuais.

❗️ E, se aparecen molestias persistentes, consulta co teu podólogo ou podóloga.

Coidar dos teus pés é investir na túa saúde. É importante escoller un calzado axeitado no verán ☀️🌊

29/06/2026

👣 As chanclas de dedo son un clásico do verán, pero o seu uso prolongado pode provocar molestias e sobrecargas nos pés.

A nosa compañeira do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia a podóloga Sara Touceda, falou deste tema no programa A Tarde de Radio Galega conducido polo xornalista Antón Rebollido, onde compartiu recomendacións para escoller o calzado máis axeitado nesta época do ano.

▶️ Dálle ao play e descubre os seus consellos para coidar dos teus pés este verán.

🩴 Son lixeiras, frescas e "cómodas". Ou iso parece.Pero os teus pés teñen outra opinión.Cada vez que camiñas con chancla...
17/06/2026

🩴 Son lixeiras, frescas e "cómodas". Ou iso parece.

Pero os teus pés teñen outra opinión.

Cada vez que camiñas con chanclas de dedo, os dedos fan un esforzo extra para suxeitalas, os nocellos traballan máis para manter a estabilidade e músculos e tendóns soportan unha carga para a que este calzado non está pensado.

🏖️ Para a praia, a piscina ou unha ducha pública, son unha opción.

🚶‍♀️ Para percorrer quilómetros, pasar todo o día de paseo ou facer turismo, non tanto.

Se este verán notas dor na planta do pé, sensación de cansazo nos nocellos ou sobrecarga muscular, quizais o problema non estea nos pasos que das, senón no que levas posto mentres os das.

👣 Os pés sostéñente durante todo o día. Dálles o apoio que precisan.

👣 Recentemente estivemos en Cangas participando na charla-obradoiro “Camiñando Saudable con Diabetes”, organizada por AN...
11/06/2026

👣 Recentemente estivemos en Cangas participando na charla-obradoiro “Camiñando Saudable con Diabetes”, organizada por ANEDIA dentro do ciclo Falando da Saúde.

O noso vogal, Navor Pereira, especialista en pé diabético, compartiu cos asistentes recomendacións prácticas para o coidado diario dos pés, explicando a importancia da prevención, da detección temperá de posibles lesións e das revisións podolóxicas periódicas nas persoas con diabetes.

Durante a sesión abordáronse cuestións como os sinais de alerta aos que debemos prestar atención, a elección dun calzado axeitado ou os hábitos que contribúen a manter unha boa saúde podolóxica ao longo da vida.

Grazas a ANEDIA e ao Concello de Cangas por contar co Colexio Oficial de Podoloxía de Galicia para seguir promovendo a educación sanitaria e a prevención.

Non todas as molestias nos pés desaparecen con repouso, plantillas ou tratamentos conservadores 💙🦶Hai lesións e alteraci...
28/05/2026

Non todas as molestias nos pés desaparecen con repouso, plantillas ou tratamentos conservadores 💙🦶

Hai lesións e alteracións podolóxicas que poden necesitar tratamento cirúrxico para mellorar a calidade de vida e volver a camiñar sen dor.

📌 Entre as afeccións do pé que con máis frecuencia poden precisar tratamento cirúrxico destacan:

🦶 Os xoanetes, unha deformidade progresiva que provoca a desviación do dedo gordo e pode causar dor, dificultade para usar determinado calzado e limitación funcional.

🦶 Os dedos en martelo ou en garra, alteracións na posición dos dedos que favorecen rozaduras, sobrecargas e aparición de calosidades dolorosas.

⚡ O neuroma de Morton, unha afectación dun nervio entre os dedos que adoita producir sensación de queimazón, descarga eléctrica, formigueo ou dor ao camiñar.

🦶 O espolón calcáneo ou outras patoloxías do talón, cando a dor persiste e non mellora cos tratamentos conservadores.

🩹 As uñas encarnadas recorrentes, unha afección frecuente que pode provocar inflamación, infección, dor intensa e dificultade para camiñar ou usar calzado.

🦴 As exóstoses óseas, que poden ocasionar dor, presión co calzado e dificultades na marcha debido á aparición de prominencias ou alteracións estruturais no pé.

🔹 Certas lesións de partes brandas, como fibromas, que poden producir molestias, inflamación localizada ou limitación funcional.

👣 A cirurxía podolóxica permite tratar estas alteracións co obxectivo de aliviar a dor, mellorar a funcionalidade e favorecer unha recuperación adaptada ás necesidades de cada paciente.

👉 Ante molestias persistentes, acudir ao/á podólogo/a é fundamental para realizar unha valoración adecuada e indicar o tratamento máis axeitado en cada caso.

26/05/2026

O pé diabético pode provocar complicacións graves se non se detecta a tempo. 👣

Navor Pereira, vogal do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia, lembra a importancia das revisións anuais, do control da sensibilidade e do uso dun calzado axeitado para previr úlceras e amputacións evitables.


El pie diabético puede provocar complicaciones graves si no se detecta a tiempo. 👣

Navor Pereira, vocal del Colegio Oficial de Podólogos de Galicia, recuerda la importancia de las revisiones anuales, el control de la sensibilidad y el uso de un calzado adecuado para prevenir úlceras y amputaciones evitables.

Dirección

R/Manuel Vázquez Cacharrón, 8
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 16:00

Teléfono

+34981554110

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Colexio Oficial de Podólogos de Galicia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Colexio Oficial de Podólogos de Galicia:

Atajos

Compartir

Categoría