Diagnosis. Formación e Diagnóstico

Diagnosis. Formación e Diagnóstico Centro en Santiago de Compostela adicado a formación e ao diagnóstico de dificultades na aprendizaxe

31/07/2026
🕵🏽‍♀️🕵🏻🔍 Misión imposible? Seguramente!!Hoxe os nosos equipos Zumo de Piña 🍍, Fanta Limón 🍋 e ColaCao 🥛 puxeron a proba ...
13/07/2026

🕵🏽‍♀️🕵🏻🔍 Misión imposible? Seguramente!!

Hoxe os nosos equipos Zumo de Piña 🍍, Fanta Limón 🍋 e ColaCao 🥛 puxeron a proba a súa capacidade de observación percorrendo o barrio de San Lázaro.

A misión consistía en atopar diferentes obxectos, persoas e detalles, desde bicicletas 🚲 e cans 🐕 ata símbolos do Camiño de Santiago 🐚. E si… tamén había que buscar un trevo de catro follas. 🍀 Digamos que ese reto quedou pendente para outro día! 😅

Máis aló dos puntos e da competición, esta actividade permitiulles traballar a atención, a observación, a orientación, a comunicación, a cooperación e o traballo en equipo, aprendendo a valorar os pequenos detalles que nos rodean. 🫱🏻‍🫲🏾🧠

Hoxe no campamento fomos de excursión ás Piscinas do Monte do Gozo. 🏊🏽‍♀️🏊🏿‍♂️🏊🏻🌳Entre baños, xogos e moitas risas, segu...
10/07/2026

Hoxe no campamento fomos de excursión ás Piscinas do Monte do Gozo. 🏊🏽‍♀️🏊🏿‍♂️🏊🏻🌳

Entre baños, xogos e moitas risas, seguimos aprendendo dun xeito diferente. Estas actividades favorecen ao desenvolvemento das habilidades sociais, fomentan a comunicación, a cooperación e o traballo en equipo, axudan a reforzar a autonomía e a resolución de pequenos conflitos e, sobre todo, permiten crear novas amizades e compartir experiencias inesquecibles. 🫱🏻‍🫲🏾

Cada día do campamento é unha oportunidade para aprender, medrar e, por suposto, divertirse. ⛺️

📢 Convocadas as bolsas municipais para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticasO Concello de Santiago de Co...
08/07/2026

📢 Convocadas as bolsas municipais para sufragar gastos relacionados con medidas terapéuticas

O Concello de Santiago de Compostela abriu unha nova convocatoria de axudas dirixidas a familias con menores que precisan apoio terapéutico que non reciban outra axuda para o mesmo servizo.

Estas bolsas están destinadas a contribuír aos gastos derivados de intervencións relacionadas con:
🧩 Trastornos da aprendizaxe
💬 Trastornos da linguaxe
💙 Trastornos da conduta
👶🏽 Estimulación temperá
🧠 Altas capacidades intelectuais
🖐🏻 Terapia ocupacional
🌾 Celiaquía

📅 Consulta os requisitos, a documentación necesaria e o prazo de solicitude nas bases da convocatoria, ou pregúntanos no 📧 [email protected]

💙 Se coñeces algunha familia á que lle poida resultar útil esta información, compártea.

🌞🏊‍♂️ O verán tamén se prepara na terapia.A través do xogo simbólico e da construción de escenarios, como esta piscina, ...
03/07/2026

🌞🏊‍♂️ O verán tamén se prepara na terapia.

A través do xogo simbólico e da construción de escenarios, como esta piscina, practicamos situacións que os nenos e nenas poden atopar durante as vacacións.

💬 Como pedir quenda.
🤝 Como compartir un espazo ou un xoguete.
😊 Como iniciar unha conversa ou un xogo con outros nenos.
🧠 Como resolver pequenos conflitos.
💚 Como comprender as emocións propias e as dos demais.
🌊 Como anticipar normas e rutinas en lugares novos.

Deste xeito, nun entorno seguro e guiado, podemos ensaiar estratexias para que, cando estas situacións aparezan na vida real, conten con máis ferramentas para afrontalas con confianza.

Porque xogar non é só divertirse; tamén é unha forma de aprender a relacionarse co mundo. ✨

📢 Aberto o prazo para solicitar as bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares para o curso 2026-20...
02/07/2026

📢 Aberto o prazo para solicitar as bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares para o curso 2026-2027

O Concello de Santiago de Compostela publicou a convocatoria de axudas destinadas ás familias con menores escolarizados en centros públicos e concertados sostidos con fondos públicos.

💙 Axudas dispoñibles:
🍽️ Bolsas de comedor escolar.
🎒 Axudas para a adquisición de material escolar (ata 100 €).
⚽ Bolsas para actividades extraescolares (ata 35 €/mes).
👨‍👩‍👧 Axudas de comedor para facilitar a conciliación familiar e laboral.

👧🧒 Dirixidas ao alumnado de:
• Educación Infantil (2º ciclo).
• Educación Primaria.
• Centros de Educación Especial (Infantil, Primaria e ESO).

🗓️ Prazo de solicitude: 10 días hábiles dende o *mércores 1 de xullo*.

📄 Consulta toda a información e os requisitos na convocatoria oficial.

🗺️⛺️ Así comezou o noso campamento de verán!No primeiro día decidimos explorar o noso barrio. 🕵🏽‍♀️🕵🏻🔍A través dun mapa,...
01/07/2026

🗺️⛺️ Así comezou o noso campamento de verán!

No primeiro día decidimos explorar o noso barrio. 🕵🏽‍♀️🕵🏻🔍

A través dun mapa, pistas e diferentes retos, os nenos e nenas percorreron o barrio de San Lázaro aprendendo a orientarse, a descifrar un mapa, a observar con atención e a traballar en equipo para superar cada misión.🫱🏻‍🫲🏾🧠

Durante a aventura descubriron recunchos do barrio, resolveron enigmas, reconstruíron un mapa e demostraron que, cando colaboran, non hai desafío que se lles resista. 💪🏼

Isto non fixo máis que empezar… ⏱️

🌞🎨 CAMPAMENTO DE VERÁN 2026 EN DIAGNOSIS 🌈✨Xa está aberta a inscrición para o noso campamento urbano de verán!Un espazo ...
27/05/2026

🌞🎨 CAMPAMENTO DE VERÁN 2026 EN DIAGNOSIS 🌈✨

Xa está aberta a inscrición para o noso campamento urbano de verán!

Un espazo pensado para que os nenos e nenas desfruten, aprendan e se divirtan mentres favorecemos a conciliación familiar 💜

📅 Do 1 ao 31 de xullo

🕤 Horario: de 9:30h a 14:00h (posible ampliación)

👧👦 Dirixido a nenos e nenas a partir de Educación Primaria

🎭 Obradoiros
🎲 Xogos
🌳 Actividades creativas
🚌 Posibles excursións e saídas

✅ Posibilidade de reservar mes completo, semanas ou días soltos (segundo dispoñibilidade)

📌 Inscrición aberta dende o 25 de maio ás 15:00h ata completar prazas.

📲 Reserva por mail, WhatsApp ou teléfono.

💫 Este verán… diversión, aprendizaxe e novas amizades agárdanvos en Diagnosis!

🎓✨ Xa están abertas as Bolsas NEAE 2026/2027! ✨🎓Se o teu fillo/a precisa apoio educativo específico, esta axuda pode cub...
20/05/2026

🎓✨ Xa están abertas as Bolsas NEAE 2026/2027! ✨🎓

Se o teu fillo/a precisa apoio educativo específico, esta axuda pode cubrir servizos como:

📚 Reeducación pedagóxica
🗣️ Logopedia
🧠 Altas capacidades e moito máis

🗓️ Prazo de solicitude: 📌 Do 19 de maio ao 10 de setembro de 2026.

En Diagnosis axudámosche con toda a xestión de maneira totalmente GRATUÍTA 💜

✔️ Asesoramento personalizado
✔️ Revisión da documentación
✔️ Tramitación completa

Non o deixes para o último día ⏳

📩 Escríbenos para máis información e para resolver calquera dúbida.

Dirección

San Lázaro 87 Baixo
Santiago De Compostela
15707

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 22:00
Martes 10:00 - 22:00
Miércoles 10:00 - 22:00
Jueves 10:00 - 22:00
Viernes 10:00 - 22:00
Sábado 10:00 - 22:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Diagnosis. Formación e Diagnóstico publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Diagnosis. Formación e Diagnóstico:

Atajos

Compartir

Categoría