ZUNZUNEGUI Psicólogas

ZUNZUNEGUI Psicólogas Con un enfoque sistémico e feminista, propoñemos acompañarte no teu proceso de cambio.

Posibilitar a adquisición de ferramentas e estratexias para chegar a túa meta.

Quen me coñece, posiblemente escoitoume dicir “négome a crer que quen habita a bondade é quen ten o problema”. Desa inqu...
25/08/2026

Quen me coñece, posiblemente escoitoume dicir “négome a crer que quen habita a bondade é quen ten o problema”. Desa inquedanza, esta reflexión.

Grazas a quen suma.

💫💐

Unha pequena reflexión sobre decisións políticas e violencia de xénero. O que se vén, non é nada bo. 😓Podemos estar cans...
14/08/2026

Unha pequena reflexión sobre decisións políticas e violencia de xénero. O que se vén, non é nada bo. 😓

Podemos estar cansas deste tema, mais a indiferencia por sentilo manido e lonxe, non axudan. Se non o falamos nós, se non o reivindicamos nós, pouco nos quedará. 💪🏽

💜

Ogallá nos ensinasen a tecer relacións máis horizontais. Onde as parellas non fosen o centro ao redor de onde construirn...
31/07/2026

Ogallá nos ensinasen a tecer relacións máis horizontais. Onde as parellas non fosen o centro ao redor de onde construirnos, onde as amizades ocupasen parte importante dos afectos.

Ogallá sair desa idea de “o amor da túa vida” en referencia ao erótico festivo como algo único, irrepetible, exclusivo. O amor é algo infinito e, por sorte, os amores poden ser múltiples e diversos.

Cultivemos o valor da amizade, da presencia, da intimidade e dos coidados en cada unha das nosas facetas.

💐💫

Habitamos o mundo das présas, da meritocracia, dun individualismo atroz que nos leva a esquecer a nosa natureza manífera...
20/07/2026

Habitamos o mundo das présas, da meritocracia, dun individualismo atroz que nos leva a esquecer a nosa natureza manífera, na que obtemos a seguridade no grupo, no traballo en equipo e na interdependencia.

Recoñezámonos na gratitude de quen nos axudou, de quen confiou, de quen sostivo, de quen nos animou. Habitemos a xenerosidade de funcionar dende a rede.

Xuntas chegamos máis lonxe 😉👭👩🏽‍🤝‍👨🏼👬🏾

Son algunhas as persoas que, por descoñecemento, chegan a terapia cun problema buscando unha solución rápida. Digo desco...
14/07/2026

Son algunhas as persoas que, por descoñecemento, chegan a terapia cun problema buscando unha solución rápida.

Digo descoñecemento, porque non saben que a terapia é un proceso. Que, normalmente, o problema co que chegan é a punta do iceberg, o síntoma.

As solucións máxicas, en psicoloxía, non existen. Non basta con saber que me pasa, ou mesmo, porque me pasa. O proceso de sanación e curación de feridas emocionais pode implicar dor. Pero finalmente vaise sentindo como unha dor que libera, que vai deixando lastres polo camiño.

Até… voar en liberdade. 🐛🦋

Ánimo, forza, paciencia e valentía para o proceso de cada quen. 💫✨🫂

💜

Como persoa á que lle gustan as palabras, cada vez que vexo “terapias de conversión” sinto un curtocircuito no meu cereb...
29/06/2026

Como persoa á que lle gustan as palabras, cada vez que vexo “terapias de conversión” sinto un curtocircuito no meu cerebro. Ademáis de prohibir deberiamos de cambiarlle o nome. Eses procesos, non son terapéuticos, son TORTURAS. Torturas que se seguen a levar a cabo, baixo outros nomes, claro, en 2026.

No libro “ni enfermos, ni pecadores” Saúl Castro, conta como son estes negocios lucrativos dende dentro. Como son redes articuladas que reciben cartos da extrema dereita e, tamén do feminismo tránsfobo (pois si, os extremos tócanse) para torturar á persoas con altas doses de sufrimento, de culpa e de vulnerabilidade.

Onte celebramos o día do orgullo en cada unha das súas letras e dos milleiros de identidades que as habitan. Hoxe seguimos na loita diaria de seguir conquistando dereitos humanos e de aferrarse, pois “nin un oaso atrás”

💪🏽🌈💫

A cuestión da ocupación dos espazos públicos segue a ser unha cuestión de xénero. O canto e o como. Eles adoitan ocupar ...
25/06/2026

A cuestión da ocupación dos espazos públicos segue a ser unha cuestión de xénero. O canto e o como. Eles adoitan ocupar máis os espazos públicos e, ademáis, cando o fan, é máis dende o centro. Porque hai unha lexitimación dende que son pequenxs. A configuración estratéxica deses espazos, poñendo as pistas no centro, vese como fai que as nenas queden relegadas ás marxes. Dentro desta reflexión, collería outra, que xa sería o feito de que as nenas xoguen menos facendo deporte. 🏀 ⚽️

E vai máis aló do patio do colexio…

Un exemplo: o martes á noitiña, estando a celebrar a noite máxica nunha das praciñas da zona vella, había un grupo de pandereteiras actuando. Sentadas facendo un semicírculo. A xente, ao redor formando un círculo. Nunha das cancións póñense a bailar dous homes do público de xeito espontáneo. Dúas cancións. Tres. Por como bailan, polo nivel que exhiben, ninguén se une. Cando eles se retiran aparece outro grupo espontáneo (maioritariamente mulleres) que forma unha pequena roda. Bailan, rin. As mulleres que sacan punto, o fan coa intención de que todas podan bailar, sacando pasos accesibles aos niveis máis baixos. Inclúen.

De súpeto, a parella de homes antes nomeada, comeza a bailar de novo, pola súa conta sen unirse á roda xa creada. O espazo do centro xa estaba ocupado por ese grupiño de bailadoras, pero iso non foi obstáculo para volver ocupar o centro do semicírculo, facendo que o grupo tivese que apartarse para atrás para non chocar.

Quen habitualmente vai a foliadas, terá mil exemplos na cabeza que axuden a imaxinar a escena que trato de describir.

Os espazos públicos tamén son nosos. Queda moito camiño, falta reflexión profunda e traballo cos egos, cos privilexios para que eles dean de verdade un paso atrás, ou ao lado. Por iso mesmo, poño o foco en nós: deamos conscientemente un paso adiante. As rúas, os micros, os palcos, as pistas… tamén son nosas. 💪🏽

Seguimos 🙃💫💐

Nestes tempo, sinto que é preciso amabilizar o mundo. Ter referentes de humanidade e compaixón dende a acción, dende a r...
23/06/2026

Nestes tempo, sinto que é preciso amabilizar o mundo. Ter referentes de humanidade e compaixón dende a acción, dende a revolución. Referentes con coraxe e valentía de imaxinar e apostar por un mundo mellor.

Escoitar esta entrevista foi como un aloumiño, unha aperta ao corazón, un alento de humanidade. Contido que suaviza, que esperanza.

https://www.rtve.es/play/videos/me-meto-en-un-jardin/programa-2-sor-lucia-caram/17089681/

O amor é unha práctica. Os amores, son un conxunto de prácticas. Esas prácticas son os coidados máis cotiás: unha ollada...
16/06/2026

O amor é unha práctica.
Os amores, son un conxunto de prácticas.
Esas prácticas son os coidados máis cotiás: unha ollada, un sorriso, a presencia, o interese pola outra, unha aperta…

O mundo precisa destas prácticas amables. ❤️‍🩹

💫💐

E isto é parte do bonito que acontece no espazo terapéutico.Cultivemos a presencia no noso día a día. Con nós. Coas outr...
09/06/2026

E isto é parte do bonito que acontece no espazo terapéutico.

Cultivemos a presencia no noso día a día. Con nós. Coas outras. En relacións máis puntuais. En relacións de intimidade(s).

Coidémonos. 💫💐💜

Dirección

Rúa Galeras, Nº 17 1º Local 2
Santiago De Compostela
15705

Teléfono

607948586

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ZUNZUNEGUI Psicólogas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir