TodoSaúde Clínica Integral

TodoSaúde Clínica Integral Clínica pioneira en Sigüeiro, onde podes atopar solución ós teus problemas relacionados coa saú

🩸 Coñeces o Plasma Rico en Plaquetas (PRP)?O Plasma Rico en Plaquetas (PRP) é un tratamento de medicina rexenerativa que...
05/08/2026

🩸 Coñeces o Plasma Rico en Plaquetas (PRP)?

O Plasma Rico en Plaquetas (PRP) é un tratamento de medicina rexenerativa que utiliza o propio sangue do paciente para obter unha concentración elevada de plaquetas, ricas en factores de crecemento que poden favorecer a reparación de determinados tecidos.

En Traumatoloxía pode estar indicado en lesións como:
✔️ Tendinopatías.
✔️ Fascite plantar.
✔️ Epicondilite (cóbado de tenista).
✔️ Lesións musculares.
✔️ Algunhas lesións ligamentosas.
✔️ Artrose, en casos seleccionados.

É importante lembrar que non é un tratamento milagreiro nin está indicado para todas as persoas ou lesións. A súa utilización debe basearse nunha valoración médica individualizada e, en moitos casos, compleméntase con fisioterapia e exercicio terapéutico para acadar os mellores resultados.

Na nosa Clínica apostamos por tratamentos personalizados, adaptados ás necesidades de cada paciente. Pide cita co Dr. Santiago Cons para valorar o teu caso.

📍 Se tes unha lesión que non acaba de mellorar ou queres saber se o PRP pode ser unha opción para ti, estaremos encantados de asesorarte.

LesiónsDeportivas

☀️👣 Coida dos teus pés este verán!Co calor, a praia, a piscina e o uso de sandalias, os pés sofren máis do que pensamos....
28/07/2026

☀️👣 Coida dos teus pés este verán!

Co calor, a praia, a piscina e o uso de sandalias, os pés sofren máis do que pensamos. Uns pequenos coidados diarios poden axudar a previr fungos, gretas, bochas e outras molestias.

✔️ Lava e seca ben os pés.
✔️ Hidrata a pel, especialmente os talóns.
✔️ Emprega un calzado cómodo e axeitado.
✔️ Non camiñes descalzo/a en piscinas ou duchas públicas.
✔️ Se notas dor, cambios nas uñas ou calquera lesión, consulta co teu podólogo/a.

Os teus pés lévante a todas partes. Este verán, dálle os coidados que merecen! 💙

Máis información en www.todosaude.es

A nosa compañeira Alicia Regueiro reincorpórase ao equipo tras a súa baixa.Grazas pola vosa paciencia e polo cariño de s...
21/07/2026

A nosa compañeira Alicia Regueiro reincorpórase ao equipo tras a súa baixa.
Grazas pola vosa paciencia e polo cariño de sempre.
Estamos moi felices de tela de volta! Benvida, Ali!😊

🩸 Coidar da túa saúde comeza coa prevención.Unha simple análise de sangue pode axudar a detectar alteracións antes de qu...
15/07/2026

🩸 Coidar da túa saúde comeza coa prevención.

Unha simple análise de sangue pode axudar a detectar alteracións antes de que aparezan síntomas e ofrecer información moi valiosa sobre o teu estado de saúde.

En TodoSaúde Clínica Integral acompañámoste cunha atención personalizada para que poidas coidar de ti e dos teus con tranquilidade.

📅 Se hai tempo que non fas unha revisión, este pode ser un bo momento para dar o paso.

💬 Ti, cada canto tempo realizas unha análise de sangue? Cóntanolo nos comentarios.

📲 Garda esta publicación para tela sempre á man e compártea con familiares e amizades. Un pequeno xesto pode axudar a que máis persoas recorden a importancia da prevención.

A uña encarnada é un problema moi frecuente que pode comezar cunha pequena molestia e acabar provocando unha importante ...
29/06/2026

A uña encarnada é un problema moi frecuente que pode comezar cunha pequena molestia e acabar provocando unha importante dor ou incluso unha infección.

Moitas veces, intentar solucionala na casa só fai que o problema empeore. Un diagnóstico e tratamento a tempo permiten aliviar a dor e evitar complicacións.

Se notas molestias nun dedo do pé ou cres que podes ter unha unlla encarnada, non o deixes pasar.

📍 Na nosa consulta estaremos encantados de axudarche.

💬 Tiveches algunha vez unha uña encarnada? Cóntanolo nos comentarios.

🔥 Na noite de San Xoán, o lume é protagonista, pero a seguridade tamén debe selo.As queimaduras son un dos accidentes má...
22/06/2026

🔥 Na noite de San Xoán, o lume é protagonista, pero a seguridade tamén debe selo.

As queimaduras son un dos accidentes máis frecuentes durante estas celebracións. Mantén a distancia das fogueiras, supervisa aos máis pequenos e extrema as precaucións co uso de petardos e material pirotécnico.

Se se produce unha queimadura, arrefría a zona con auga corrente durante varios minutos e evita remedios caseiros que poidan empeorar a lesión.

✨ Goza da maxia do San Xoán con responsabilidade e coida da túa saúde e da dos teus.

A saúde mental e a saúde física non funcionan por separado.O estrés, a ansiedade ou as preocupacións poden influír no so...
15/06/2026

A saúde mental e a saúde física non funcionan por separado.

O estrés, a ansiedade ou as preocupacións poden influír no sono, na enerxía, na tensión muscular ou mesmo na percepción da dor. Do mesmo xeito, un problema físico persistente tamén pode afectar ao noso estado emocional.

En TodoSaúde Clínica Integral entendemos a saúde desde unha perspectiva global, porque sabemos que o benestar real nace do equilibrio entre corpo e mente.

🧠💚 Coidar unha parte tamén é coidar a outra.

En TodoSaúde Clínica Integral cremos que a saúde vai moito máis alá de tratar síntomas illados.Por iso apostamos por un ...
09/06/2026

En TodoSaúde Clínica Integral cremos que a saúde vai moito máis alá de tratar síntomas illados.

Por iso apostamos por un enfoque interdisciplinar, no que diferentes profesionais colaboran e comparten obxectivos para ofrecer unha atención máis completa, personalizada e centrada en cada persoa.

Porque cando entendemos a saúde de forma global, podemos acompañarte mellor no teu proceso de benestar.

💬 Coñecías o concepto de atención interdisciplinar? Cóntanolo nos comentarios.

A hipertensión é coñecida como a “enfermidade silenciosa” porque moitas veces non presenta síntomas evidentes. Por iso, ...
03/06/2026

A hipertensión é coñecida como a “enfermidade silenciosa” porque moitas veces non presenta síntomas evidentes. Por iso, é fundamental coñecer os factores de risco, controlar a presión arterial regularmente e manter hábitos de vida saudables.

Na nosa clínica apostamos pola prevención e polo coidado integral da túa saúde. Infórmate, revisa a túa tensión e dá un paso máis cara a unha vida máis saudable. ❤️🩺

📞 Contacta connosco para máis información ou para solicitar a túa cita.

📍Av. Grabanxa 35, Baixo. Sigüeiro, Oroso.
📞981973737
📲681054312
📩[email protected]
🕒Luns a Venres de 9:00 a 21:00

☀️Coidar a túa pel tamén é quererte.Non esquezas o protector solar, mesmo nos días nubrados 🌤️🧴A mellor rutina de beleza...
27/05/2026

☀️Coidar a túa pel tamén é quererte.
Non esquezas o protector solar, mesmo nos días nubrados 🌤️🧴
A mellor rutina de beleza sempre comeza coa protección. 💛

Dirección

Avenida Da Grabanxa 35, Baixo
Sigüeiro
15888

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 21:00
Martes 09:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 21:00

Teléfono

+34981973737

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando TodoSaúde Clínica Integral publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a TodoSaúde Clínica Integral:

Atajos

Compartir

Categoría