01/09/2026
Despois de varios anos como punto de recollida e envío de InPost, dende A Parafarmacia decidimos finalizar esta colaboración.
Nos últimos meses chegamos a xestionar unha media de 1.400 paquetes ao mes, un volume que resulta difícil de compatibilizar coa atención e o asesoramento personalizado que queremos ofrecer aos nosos clientes.
Despois de 20 anos atendéndovos co maior mimo, temos claro onde queremos poñer o noso tempo e os nosos recursos: en vós.
Por iso tomamos esta decisión, que nos permitirá centrarnos plenamente no que somos: A Parafarmacia.
Durante os próximos días continuaremos prestando ambos servizos con normalidade ata que atopen un novo lugar onde asentarse.
Grazas pola comprensión e, sobre todo, por seguir confiando en nós. ❤️
___