20/05/2026
💥TENDINOPATÍA DO AQUILES: TODO O QUE NECESITAS SABER💥
🤕 ¿Notas dor na parte traseira do nocello? Poderías estar sufrindo unha tendinopatía do Aquiles, unha lesión do tendón que conecta o tríceps sural co calcáneo.
🔎 Causas máis comúns
✔️ Sobrecarga por actividade física intensa 🏃♂️
✔️ Falta de estiramentos ou quecemento inadecuado 🔥
✔️ Uso de calzado inadecuado 👟
✔️ Movementos repetitivos ou cambios bruscos no adestramento 📈
✔️ Factores como a idade ou o pé plano poden aumentar o risco 👴🏻
💆 Tratamento
✅ Xestión das cargas 🚫
✅ Aplicación de frío na zona para reducir a inflamación ❄️
✅ Exercicio terapéutico guiado por un fisioterapeuta 👨🏻⚕️
✅ Terapia manual e técnicas de descarga muscular 🙌🏻
✅ Uso de vendaxes ou soportes plantares para aliviar a tensión no tendón 🩹
🕒 ¿Cal é o tempo de recuperación?
📆 O tempo de recuperación depende de diversos factores, pero habitualmente, cun tratamento adecuado, mellora entre 4 e 8 semanas. Nos casos máis severos pode tardar ata 6 meses en curar por completo.
⚠️ Non ignores a dor: se persiste, acode ao teu fisioterapeuta para evitar complicacións.
💬 Déixanos as túas dúbidas nos comentarios e síguenos para máis contido sobre fisioterapia. 📲✅
📍 SAÚDESPORT Barbanza - Calle iglesia, 29, Bajo - 15970 - Porto do Son
☎️ 981 767 533
📱 630 456 516