29/10/2026
💚 HIGIA MEDRA… E QUEREMOS QUE FORMES PARTE DESTA NOVA ETAPA! 🌿
Grazas á confianza, ao cariño e á boa acollida que están tendo as nosas actividades, en Centros Higia queremos seguir medrando para poder chegar a máis persoas.
Por iso, queremos ampliar o noso equipo e incorporar unha persoa que comparta a nosa maneira de entender o movemento, o benestar e o coidado das persoas. 💚
🌿 Tes unhas horas libres á semana e gustaríache dedicalas ao que che apaixona?
Buscamos unha persoa con formación e experiencia no ámbito da actividade física, o movemento e o benestar.
✨ Que ofrecemos?
💚 Oportunidade de traballar unhas horas á semana, segundo as actividades programadas.
💚 Impartición de clases en asociacións e entidades coas que traballamos.
💚 Posibilidade de impartir ou cubrir actividades puntuais no noso centro.
💚 Un ambiente de traballo próximo, humano e comprometido co benestar das persoas.
🌱 Que valoramos?
A formación e a experiencia son importantes, pero tamén o son a responsabilidade, a empatía, a capacidade de adaptación e, sobre todo, as ganas de acompañar ás persoas a través do movemento.
📩 Gustaríache formar parte do noso equipo?
Envíanos o teu currículo e cóntanos un pouquiño sobre a túa formación, experiencia e dispoñibilidade.
📍 Centros Higia · Verín
📲 WhatsApp: 722 72 72 13
📧 [email protected]
✨ Porque en Higia cremos que o importante non é só o que facemos, senón tamén como acompañamos ás persoas.💚
💚
🌿
💚
🌱
✨