07/08/2026
Non todo vale.
Comercializar a dor de tantas persoas é terrible. Levamos moito tempo indignados por unha ruta que se promocionaba por Arousa. Non queriamos dicir nada. É o que buscan. Hoxe sabemos que a Xunta acaba de prohibir esa ruta. Cousa que agradecemos, pero queremos lembrar varias cousas:
O narcotráfico mata e matou a miles de persoas cada día. Hai toneladas de dor en todo o mundo provocadas por estas persoas. Imaxinade o sufrimento que poden causar actividades que se lucran do mito do narcotráfico, que se aproveitan de toda a dor. Non todo vale.
Que somos como sociedade se esquecemos todo isto? Que somos se non o denunciamos? Que somos se ata discutimos por un tema que debía ser de consenso? Insistimos, non todo vale.
Tamén queremos lembrar ás persoas que denunciastes e escribistes. Moitas grazas. A sociedade será un lugar mellor sempre que esteamos para denunciar as inxustizas e defender ás persoas que non o poden facer. Sentimos moito orgullo de vós.
Hoxe, de novo, queremos lembrar a todas as nosas nais. Non eran nin tolas, nin terroristas. Eran nais moi realistas. Por elas e polos que xa non están aquí seguimos traballando e loitando.
Asinado,
O equipo da Asociación Érguete