Asociación Galega de Matronas

Asociación Galega de Matronas Asociación Galega de Matronas A Asociación S.

Gallega de Matronas foi constituída o 17 de Decembro de 1984 en A Coruña, promovida e representada por Rosalina Celada Juan como Presidenta, Elvira Comesaña Castro (Vicepresidenta), Yolanda Goyanes Carro (Secretaria), Mercedes Vazquez García (Tesoureira ), e como vocais : Felisa Otero Otero, Josefina Carracedo Prado, Mª Blanca Bravo López y Pilar Alaez Couceiro. Foi expedida en A Coruña e rexistra

da na Consellería de Traballo, Seguridade Social e Emigración, actualmente Consellería de Xustiza Interior e Relacións Laborais. E unha entidade sen ánimo de lucro, que está formada por profesionais con Título de Matrona ou Enfermeira Obstétrico-Ginecolóxica . O 14 de marzo de 2008, en Asemblea Xeral Extraordinaria,aprobouse a creación da Asociación Galega de Matronas (AGAM), para que os bens da Asociación Sindical Galega de Matronas se transferisen á AGAM, aprobando así, un novo articulado dos estatutos, de acordo coa lexislación vixente Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, que regula o dereito de asociación e de outras leis xa existentes. A Asociación naceu como unha experiencia ilusionada e pioneira no ámbito español tras a desaparición do Colexio de Matronas, que fixo que perderamos a nosa representación nas estructuras sanitarias e foi cambiando e dando cabida a tódolas matronas da nosa comunidade.

🌍🤱 Semana Mundial da Lactancia Materna 2026.Baixo o lema “Lactancia materna: un inicio sostible en calquera circunstanci...
05/08/2026

🌍🤱 Semana Mundial da Lactancia Materna 2026.

Baixo o lema “Lactancia materna: un inicio sostible en calquera circunstancia. Fortalezamos as accións que funcionan”, esta semana mundial convídanos a reflexionar sobre o camiño percorrido e, sobre todo, sobre todo aquilo que sabemos que funciona para protexer, promover e apoiar a lactancia materna.

As matronas formamos parte desa cadea efectiva de apoio desde o embarazo ata o posparto, acompañando ás mulleres e ás súas familias cunha atención baseada na evidencia, respectuosa e centrada nas súas necesidades.

Desde AGAM sumámonos a esta campaña lembrando a importancia de:
🔹 Informar, compartindo coñecemento rigoroso e actualizado.
🔹 Consolidar, reforzando as boas prácticas que demostraron ser eficaces.
🔹 Involucrar, porque o apoio á lactancia é unha responsabilidade compartida entre profesionais, institucións, familias e comunidade.
🔹 Impulsar, avaliando os resultados e avanzando cara a unha atención cada vez mellor.
Porque apoiar a lactancia materna é investir na saúde, no benestar e na sustentabilidade, hoxe e no futuro.



FAME Matronas 🌏Alliance4BreastfeedingAction

📰 Parabéns á nosa compañeira e socia Natalia Pérez, matrona, por dar visibilidade á importancia da educación afectivo-se...
29/07/2026

📰 Parabéns á nosa compañeira e socia Natalia Pérez, matrona, por dar visibilidade á importancia da educación afectivo-sexual e da prevención das infeccións de transmisión sexual (ITS). 👏

As matronas desempeñamos un papel fundamental na promoción da saúde sexual, ofrecendo información rigorosa, fomentando relacións saudables e axudando á mocidade a tomar decisións informadas. Tal e como recolle esta noticia, a prevención, o consentimento e a educación sexual son ferramentas clave para frear o aumento das ITS entre a poboación máis nova.

💜 Grazas, Natalia, polo teu compromiso e por representar o labor das matronas galegas 👩🏻‍⚕️.

🔗 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2026/07/23/plan-sanitario-frenar-repunte-infecciones-sexuales-jovenes/0003_202607F23C1992.htm

Colegio Enfermería de A Coruña

📰 A saúde mental perinatal tamén importa.A depresión posparto pode afectar a calquera muller, independentemente de como ...
24/07/2026

📰 A saúde mental perinatal tamén importa.

A depresión posparto pode afectar a calquera muller, independentemente de como vivise o embarazo ou de canto desexase a chegada do seu bebé. Detectala a tempo e ofrecer un acompañamento adecuado é fundamental.

Nesta reportaxe participa o noso compañeiro David González, matrona e tesoureiro da AGAM, achegando a visión das matronas galegas sobre a importancia da prevención, a detección precoz e o acompañamento ás mulleres e ás súas familias durante o embarazo e o puerperio.

As matronas somos profesionais de referencia na atención á saúde sexual e reprodutiva, tamén no coidado da saúde mental perinatal, favorecendo unha atención integral, baseada na evidencia e centrada nas necesidades de cada muller.

🗞️ Unha reportaxe necesaria para seguir visibilizando unha realidade da que aínda custa falar.

🔗 https://www.galiciae.com/articulo/galicia/era-bebe-muy-buscado-sentia-rechazo/20260529171938107873.html

📢 A Asociación Galega de Matronas busca mulleres voluntarias para participar nas prácticas do curso “Formación Básica en...
29/05/2026

📢 A Asociación Galega de Matronas busca mulleres voluntarias para participar nas prácticas do curso “Formación Básica en Ecografía Obstétrica para Matronas”, que se celebrará o próximo mércores 3 de xuño de 2026 no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

👉 Neste momento precisamos especialmente:
🤰 Mulleres no PRIMEIRO trimestre de embarazo
🤱 Mulleres en POSTPARTO (0-6 meses)

⚠️ IMPORTANTE: se o teu embarazo está considerado de ALTO RISCO, por protocolo non poderás participar nesta actividade. As prácticas estarán supervisadas por profesionais sanitarios e terán exclusivamente finalidade docente. As ecografías realizadas non terán validez clínica nin diagnóstica.

💜 Participar é totalmente gratuíto.

📩 Se che interesa participar, cobre este formulario:
https://forms.gle/MMNk8H6hFUYgvDh67

Desde a organización elaboraremos o listado de voluntarias e contactaremos coas seleccionadas para confirmar a hora e o lugar exacto.

Agradecemos moitísimo a difusión entre embarazadas, familias, asociacións e grupos de apoio 💜

Desde a Asociación Galega de Matronas tivemos a honra de acompañar ás novas especialistas no seu acto de despedida, un m...
29/05/2026

Desde a Asociación Galega de Matronas tivemos a honra de acompañar ás novas especialistas no seu acto de despedida, un momento cheo de emoción, orgullo e recoñecemento ao esforzo realizado durante estes anos de residencia.

Detrás de cada nova matrona hai gardas interminables, aprendizaxes, acompañamento ás mulleres e familias nos momentos máis importantes das súas vidas, e unha enorme vocación de coidado 💜

Na AGAM queremos darlles a benvida á profesión e lembrarlles que non están soas: seguiremos traballando xuntas para defender, visibilizar e fortalecer o papel das matronas galegas.

📸 Desliza para ver algúns momentos deste día tan especial.

🔗 Podes ler a noticia completa na nosa web www.matronasgalegas.org

💜 Xornada Día da Matrona 2026 | AGAMDesde a Asociación Galega de Matronas convocamos a matronas e residentes de matrona ...
05/05/2026

💜 Xornada Día da Matrona 2026 | AGAM

Desde a Asociación Galega de Matronas convocamos a matronas e residentes de matrona de toda Galicia a participar nesta esperada cita anual, que este ano celebraremos o 30 de maio en Vigo.

Un encontro para reencontrarnos, formarnos e seguir avanzando xuntas na profesión, compartindo experiencias e reflexionando sobre os retos que vivimos no noso día a día

📌 Que atoparás nesta xornada?
✨ Ponencias sobre o programa BPSO, alimentación consciente e intervención educativa en saúde menstrual en persoas con Síndrome de Down.
✨ Micro aberto para compartir preocupacións das matronas
✨ Asemblea AGAM
✨ Xantar de confraternización
✨ Obradoiro práctico sobre dor perineal no parto
✨ E tempo para convivir e facer comunidade 💜

📍 Onde? UNED Vigo (Auditorio Mar de Vigo)
🗓️ Cando? 30 de maio

🤗 Organiza a AGAM, coa colaboración dos patrocinadores , , e

ℹ️ Asistencia á xornada e taller: gratuíta con inscrición.

🍽️ Xornada + xantar:
- Socias e residentes: 5 €
- Non socias: 25 €

👉 Inscricións xa disponibles para socias.
Residentes e non socias: poderán reservar praza a partir do 8 de maio (ou facerse socias 👏🏻, agora tamén poden asociarse as matronas en formación!)

🔗 Máis info e inscricións na bio.

Esta xornada é unha oportunidade para escoitarnos, compartir e seguir construíndo comunidade profesional en Galicia.

💜 Contamos contigo

🌍👩🏻‍⚕️ Día Internacional da Matrona | 5 de maioCada dous minutos, unha muller morre por causas relacionadas co embarazo ...
05/05/2026

🌍👩🏻‍⚕️ Día Internacional da Matrona | 5 de maio

Cada dous minutos, unha muller morre por causas relacionadas co embarazo ou o parto.
Millóns de bebés non chegan a cumprir o seu primeiro mes de vida.
Moitas mulleres seguen sen recibir a atención que merecen.

👉 Isto pode cambiar.

Un millón máis de matronas poderían transformar esta realidade:
✔️ Máis vidas salvadas
✔️ Máis coidados respectuosos
✔️ Máis dereitos garantidos para as mulleres

Desde a Confederación Internacional de Matronas , a campaña lanza unha mensaxe clara:
💬 O mundo necesita un millón máis de matronas.

Pero non abonda con dicilo. Hai que actuar:
💡 Políticas que recoñezan todo o noso ámbito profesional
💡 Recursos e condicións dignas
💡 Liderado das matronas nas decisións en saúde

✍️ Asina a petición e forma parte do cambio
(ligazón na bio)

📍 As sinaturas entregaranse no Congreso internacional en Lisboa o próximo mes de xuño.

Porque investir en matronas é investir en saúde, en mulleres e en futuro.

💜 Únete. Asina. Comparte.

👩‍⚕️✨ Achegando a profesión de matrona ás novas xeraciónsA nosa compañeira Andrea Vila Fariñas, matrona en Bertamiráns e...
29/04/2026

👩‍⚕️✨ Achegando a profesión de matrona ás novas xeracións

A nosa compañeira Andrea Vila Fariñas, matrona en Bertamiráns e Brión, participou xunto a Isabel Abel, secretaria da AGAM, na Feira das Profesións celebrada hoxe en Bertamiráns.

Durante a xornada, compartiron cun stand información sobre o labor das matronas 👶, explicando en que consiste a nosa profesión, as súas competencias e a importancia do noso papel no coidado da saúde das mulleres.

💬 Un espazo moi enriquecedor para resolver dúbidas e inspirar ao alumnado nun momento clave na elección do seu futuro.

Grazas por contribuír a dar visibilidade á nosa profesión! 💜

Bertamiráns OrientaciónAcadémica

  | 😔 Lamentamos profundamente o pasamento da nosa compañeira Olga López Racamonde, matrona de Lugo, docente e referente...
08/04/2026

| 😔 Lamentamos profundamente o pasamento da nosa compañeira Olga López Racamonde, matrona de Lugo, docente e referente para moitas xeracións de profesionais.

👩‍⚕️ Tanto no profesional como no persoal, destacou polo seu compromiso coa saúde e cos dereitos das mulleres e dos recén nados. Ao longo da súa traxectoria exerceu como matrona hospitalaria e de atención primaria, sendo supervisora de partos e participando na coordinación da unidade no traslado ao HULA, contribuíndo a unha atención ao parto máis respectuosa e centrada nas mulleres. Foi unha firme defensora da matrona como persoal sanitario de referencia na saúde sexual e reprodutiva, traballando polo recoñecemento da súa autonomía profesional e do seu papel dentro dos equipos asistenciais. Ademais, desenvolveu unha destacada labor docente na Escola de Enfermaría de Lugo, formando a numerosas xeracións de futuras profesionais.

🤱 Socia fundadora da asociación no ano 2005, realizou tamén unha grande labor na protección e promoción da lactancia materna, tanto desde a consulta como desde o ámbito académico.

💜 Sempre da man das súas mentoras e compañeiras, fixo un gran esforzo por adaptarse aos cambios da profesión, mantendo unha firme defensa do coidado humanizado e dos dereitos das mulleres e dos bebés.

Desde a AGAM queremos hoxe renderlle a nosa máis sentida homenaxe e trasladar todo o noso agarimo á súa familia, amizades e compañeiras. O seu compromiso, vocación e calidade humana permanecerán sempre na memoria da nosa profesión.

📷 Na fotografía, a matrona Esther M. Becares (á esquerda) xunto a Olga López Racamonde, nos seus primeiros anos de profesión.

FAME Matronas C.O.Enfermería Lugo

Dirección

Vigo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Galega de Matronas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto El Consultorio

Enviar un mensaje a Asociación Galega de Matronas:

Atajos

Compartir