06/11/2026
Dende Cruz Vermella estamos moi contentas de anunciar que un ano máis seguimos adiante co proxecto Ludieduca, grazas á renovación da colaboración con Jealsa. 🤝
Ludieduca desenvólvese nos CEIP dos concellos de Boiro e da Pobra do Caramiñal, onde traballamos cos nenos e nenas a educación en valores: respecto, convivencia, igualdade, empatía e solidariedade. 📚🎨💬
A través do xogo e de actividades dinámicas, o alumnado aprende a relacionarse mellor, a resolver conflitos e a coidar dos demais. 🌱
Grazas a Jealsa polo seu compromiso coa infancia e coa educación na nosa comarca. Este apoio fai posible que o proxecto siga chegando ás aulas un ano máis. 💛
Grazas tamén aos centros educativos, ao profesorado e ás familias pola súa colaboración. 🙌