Emerxe - Fisioterapia e osteopatía

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con el consultorio

Emerxe - Fisioterapia e osteopatía Fisioterapia, osteopatía e nutrición na Estrada.
C-36-003258 · C-36-003397

📲  A opción máis cómoda e rápida de pedir cita é facelo a través da aplicación, onde podes consultar a dispoñibilidade e...
05/11/2026

📲 A opción máis cómoda e rápida de pedir cita é facelo a través da aplicación, onde podes consultar a dispoñibilidade e escoller o horario que mellor che veña, sen esperas.

👉 Tes a ligazón no noso perfil!

Se prefires contactar directamente con nós para resolver algunha dúbida, recomendámosche facelo por WhatsApp co profesional correspondente:

📱 Rocío: 644 19 39 54
📱 Julián: 682 87 96 25

Lembra que non temos servizo de recepción e, mentres estamos en sesión, non sempre podemos atender as chamadas. Contestaremos en canto nos sexa posible! 💚

As contracturas non son cousa de bruxería... aínda que ás veces o parezan! 👻A tensión muscular pode aparecer por diferen...
29/10/2026

As contracturas non son cousa de bruxería... aínda que ás veces o parezan! 👻

A tensión muscular pode aparecer por diferentes motivos: sobrecargas, estrés, falta de descanso ou cambios na actividade física.

E non, non sempre se solucionan cunha masaxe! 😉

Na fisioterapia buscamos entender que está provocando esas molestias para traballar sobre elas e axudarche a recuperar o movemento e o benestar 💪

Que as contracturas non se convertan no teu peor pesadelo! 🕸️

Cando sentimos rixidez ou unha molestia muscular, moitas veces o primeiro que pensamos é: “teño que estirar” 🤸Pero non s...
22/10/2026

Cando sentimos rixidez ou unha molestia muscular, moitas veces o primeiro que pensamos é: “teño que estirar” 🤸

Pero non sempre é o que o noso corpo precisa.

Ás veces é necesario traballar a forza, a mobilidade, o control do movemento ou adaptar as cargas. Todo depende da causa da molestia e de cada persoa.

👉 Por iso, máis que buscar unha solución rápida, é importante valorar que está pasando e actuar sobre o que realmente necesitas 💚

A dor é unha experiencia complexa e non sempre significa que exista unha lesión ou un dano nos tecidos 👀Pode estar influ...
16/10/2026

A dor é unha experiencia complexa e non sempre significa que exista unha lesión ou un dano nos tecidos 👀

Pode estar influída por moitos factores: unha sobrecarga, o estrés, o descanso, experiencias previas ou mesmo o medo ao movemento.

Por iso, ante unha dor que persiste, é importante valorar cada caso de forma individual e entender que está pasando antes de tratala.

Se eres autónom@ e estás buscando 🔍 un lugar onde desenvolver a túa actividade sanitaria... estás de sorte!En 𝔼𝕄𝔼ℝ𝕏𝔼 con...
08/10/2026

Se eres autónom@ e estás buscando 🔍 un lugar onde desenvolver a túa actividade sanitaria... estás de sorte!

En 𝔼𝕄𝔼ℝ𝕏𝔼 contamos cun espazo multidisciplinar acondicionado e con rexistro sanitario, ideal para ofrecer diferentes servizos relacionados co 🤲 coidado persoal.

Actualmente somos centro de fisioterapia, 💆 osteopatía, pilates terapéutico e nutrición; pero estamos desexando ampliar a familia 💪

Ponte en contacto no noso mail
📲 [email protected] para obter máis información.

💻 Dor no pescozo, sensación de rixidez ou dificultade para xirar a cabeza?Pasar moito tempo na mesma posición, o estrés,...
01/10/2026

💻 Dor no pescozo, sensación de rixidez ou dificultade para xirar a cabeza?

Pasar moito tempo na mesma posición, o estrés, a falta de movemento ou determinadas sobrecargas poden estar relacionados coa aparición de molestias na zona cervical.

A fisioterapia e a osteopatía poden axudar a reducir a dor, recuperar a mobilidade e traballar sobre os factores que están contribuíndo ao problema, sempre tras unha valoración individualizada 💚

Se as molestias se repiten ou están limitando o teu día a día, non te acostumes a convivir con elas 👇
📲 Manda un WhatsApp ao 644 193 954
✔️ Preme no enlace que aparece no perfil.

Pasamos moitas horas sentados, traballando diante dunha pantalla ou mantendo a mesma posición case sen darnos conta 💻E n...
24/09/2026

Pasamos moitas horas sentados, traballando diante dunha pantalla ou mantendo a mesma posición case sen darnos conta 💻

E non se trata de atopar a postura perfecta, senón de cambiar de posición e introducir movemento ao longo do día.

Levántate de cando en vez, camiña uns minutos, mobiliza o corpo… Pequenos xestos que axudan a reducir a rixidez e a sentirte mellor 💪

O diafragma é o principal músculo da respiración, pero o seu traballo vai máis alá de coller e soltar aire: participa na...
17/09/2026

O diafragma é o principal músculo da respiración, pero o seu traballo vai máis alá de coller e soltar aire: participa na estabilidade do tronco e coordínase con outras estruturas durante o movemento.

Cando a respiración non é eficiente, poden aparecer compensacións e unha maior tensión en zonas como o pescozo, os ombreiros ou a caixa torácica.

👉 Desde a fisioterapia e a osteopatía podemos valorar como respiras, como se move o teu tórax e como se integra ese patrón respiratorio co resto do corpo.

Porque ás veces, mellorar como respiramos tamén pode axudarnos a movernos mellor 🌿

Fortalecer non é só gañar forza 💪Desde a fisioterapia e a osteopatía buscamos que o corpo recupere mobilidade, estabilid...
10/09/2026

Fortalecer non é só gañar forza 💪

Desde a fisioterapia e a osteopatía buscamos que o corpo recupere mobilidade, estabilidade e capacidade para afrontar mellor as esixencias do día a día.

Porque moitas veces, despois dunha lesión ou dunha etapa de dor, non chega con que a molestia desapareza: é importante preparar o corpo para volver moverse con seguridade e confianza.

👉 Coidar tamén é moverse, fortalecer e previr!

Queres pedir cita?
📲 Manda un whatsapp ao 644193954
💻 Preme no enlace que aparece no perfil.

Dirección

Avd De Santiago, 70, Bajo
La Estrada
36680

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:30 - 20:00
Martes 09:00 - 14:00
16:30 - 20:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:30 - 20:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:30 - 20:00
Viernes 09:00 - 14:00
16:30 - 20:00

Teléfono

+34644193954

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Emerxe - Fisioterapia e osteopatía publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con El Consultorio

Enviar un mensaje a Emerxe - Fisioterapia e osteopatía:

Atajos

Compartir

Categoría

Clínicas cercanos