04/11/2026
Galicia avanza cara a uns coidados paliativos pediátricos máis humanos, integrais e centrados nas persoas.
A aprobación do primeiro Plan Galego de Coidados Paliativos Pediátricos é unha gran noticia e un paso fundamental para mellorar a atención aos nenos, nenas e adolescentes con patoloxías crónicas complexas, así como o acompañamento das súas familias.
Esta realidade é froito do traballo, compromiso e perseveranza dos equipos profesionais dos servizos de coidados paliativos pediátricos e das entidades sociais implicadas, que levamos tempo traballando para que esta demanda se converta nunha realidade en Galicia.
Queremos tamén agradecer a sensibilidade política da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia por escoitar, dar prioridade e responder a unha necesidade expresada por tantas familias.
Un avance que contempla medidas como a atención no domicilio, a coordinación de recursos, o acompañamento emocional e psicolóxico e o impulso de equipos multidisciplinares.
Seguimos avanzando cara a un modelo de atención no que o benestar, a calidade de vida e o acompañamento de cada neno, nena e familia estean no centro.
💙 Porque coidar tamén é acompañar, escoitar e estar ao lado.
El plan autonómico prioriza la asistencia en los domicilios y contempla la creación de Coidamos contigo, una iniciativa de respiro familiar