Amaea

Llamar Cómo llegar

Amaea Ioga, Alento e Enerxía...no Val da Amaía. Bertamiráns (Ames)

04/11/2026

O próximo venres 13 de Novembro, en Amaea, en Bertamiráns, co impulso da vulnerabilidade e coa dispoñibilidade que teño para estar, propoño este primeiro encontro.
Amaea Espazo Aberto.
Ganas de vervos e de estar 🙏🏽.

Dous novos horarios chegan a Amaea para a tarde do mércores e cunha proposta nova, que segue a liña de traballo destes ú...
30/10/2026

Dous novos horarios chegan a Amaea para a tarde do mércores e cunha proposta nova, que segue a liña de traballo destes últimos años. Estés días máis info 😉🔥☀️.

19/10/2026
16/09/2026

O corpo, os sentidos. A terra, o cultivo.

Un tempo para entrar no corpo, nos sentidos, no apoio, nos pés, nas pernas, na respiración e no movemento.
Ioga, Forza, Mobilidade e Amabilidade.

Faremos unha pausa para descansar e alimentarnos, compartindo unha infusión.

E dende aí entraremos nunha segunda parte máis vivencial, inspirada en propostas Gestai, no creativo e no ritual.

Sábado 26 de setembro · 10:00–13:00
Amaea · Bertamiráns

Para participar ou pedir máis información, podes escribirme por privado.

13/09/2026

O corpo, os sentidos, a terra, o cultivo.
O sábado 26 vou propoñer en Amaea unha experiencia diferente.
Un encontro para achegarnos ao corpo, ao movemento e aos sentidos; para explorar, experimentar e compartir.
Haberá práctica corporal, un tempo para parar e alimentarnos xuntas, e unha segunda parte máis vivencial e creativa.
Sábado 26 de setembro · 10:00–13:00
Amaea · Bertamiráns
Nos próximos días contareivos algo máis.
Se che interesa participar, podes escribirme por privado.

Mañá retomamos a práctica, a primeira clase vai ser unha aula de forza, a nova actividade na sala. Estou algo nervioso e...
31/08/2026

Mañá retomamos a práctica, a primeira clase vai ser unha aula de forza, a nova actividade na sala.
Estou algo nervioso e sei que o lindo grupo de mañá é un lugar seguro, así que todo ben.
Regaleime a min e á sala unhas flores.
Comezan os grupos de forza e non faltan flores.
A forza e a ternura.
Ganas de vervos 🙏🏽☺️

21/08/2026

E se a práctica de forza acaba sendo unha esixencia máis na nosa vida?

E se, ademais de coller peso, movelo e saber organizarnos mellor, podemos facelo con amabilidade?

Forza, Mobilidade e Amabilidade.

Ganas de vervos pronto.

11/08/2026

Ahí me tedes, en corpo e voz ☺️, contento e emocionado. Moitas ganas do que ven.
Calquera cousa escribidme por privado aquí ou no teléfono que está na Bio.
Grazas 🙏🏽🌱☀️

Deixo outra vez aquí os horarios, agora sí son os correctos, moitas ganas de vervos, de compartir e de movernos xuntas a...
10/08/2026

Deixo outra vez aquí os horarios, agora sí son os correctos, moitas ganas de vervos, de compartir e de movernos xuntas a partir do 2 de Setembro.
🙏🏽🔥🌱💜☺️.
Calquera cousa estou dispoñible no teléfono 620046754 ou aquí por mensaxe privada.
Grazas a todas.

Este verán, Amaea acolle dous obradoiros intensivos impartidos por Isabel Cuesta (Isabel Cuesta ), filósofa, bailarina e...
22/07/2026

Este verán, Amaea acolle dous obradoiros intensivos impartidos por Isabel Cuesta (Isabel Cuesta ), filósofa, bailarina e coreógrafa de danza contemporánea.

O seu traballo de investigación reúne a práctica do movemento e o pensamento filosófico nunha metodoloxía propia baseada na afección, a intuición e a visualización. A partir de ferramentas da danza contemporánea, do Ashtanga Yoga e dos Fundamentos do Movemento de Bartenieff, propón unha exploración do corpo como espazo de percepción, imaxinación e transformación.

Os obradoiros teñen un horario de 19:00 a 21:30 horas e están abertos a calquera persoa, con ou sen experiencia previa.

✨ Obradoiro 1, do 29 ,30,31 de xullo: Percibir e imaxinar o corpo

✨ Obradoiro 2, do 5,6, 7 de agosto: Mobilidade e fluidez

📍 Amaea
Prezo: 70 € cada intensivo de tres días; 25 € por día solto.
📩 Inscricións por WhatsApp no número que aparece no cartel.

Dirección

Santiago De Compostela
15220

Teléfono

620046754

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Amaea publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría

Clínicas cercanos