09/06/2026
En Galicia existen máis de 3.000 comunidades de montes veciñais en man común, que ocupan a cuarta parte do territorio galego, que logo se di. Trátase dun dos exemplos actuais dos bens comúns cun gran número de comunidades en activo e, no entanto, segue a ser algo pouco coñecido, especialmente no que respecta ás singularidades que o diferencian doutros casos de bens comunais.
Un libro colectivo escrito principalmente por comuneiros e comuneiras. As experiencias das comunidades de montes veciñais en man común que aquí se comparten son inspiración para repensar e reclamar outras formas de propiedade, de xestión comunitaria, de democracia directa e popular, e para a activación e renovación do rural, algo que resulta absolutamente necesario
no contexto actual de emerxencia social e climática.
Dispoñible en galego, castelán e catalán